Covid-19

EuropaPress_3333817_rechazo_iniciativa_educacion_primer_pleno_xi_legislatura
POLÍTICA

O PP rexeita a distribución de máscaras gratis entre o estudantado

Na sesión parlamentaria, o voceiro do partido en materia de Educación, Ovidio Rodeiro, advertiu de que hai que "realizar propostas realistas". Puntualizou que as familias teñen que facer o gasto igual porque as crianzas saen da casa para outras actividades
A suma de votos do BNG e PSdeG non foi suficiente para lograr a creación da comisión de investigación no Parlamento galego (Imaxe: Nós Diario)
POLÍTICA

O PP impide investigar a xestión das residencias durante o pico da pandemia

O PP levou a cabo no Parlamento o seu anunciado bloqueo á creación dunha comisión de investigación sobre a xestión das residencias de maiores durante a primeira vaga da pandemia, a pesar das 317 defuncións rexistradas neses centros e dos 271 residentes contaxiados na actualidade.
Profesional sanitario [Imaxe: Europa Press].
SOCIAL

Coronavirus na Galiza: 126 novos contaxios

A cifra de novos contaxios de coronavirus ascendeu durante o día de hoxe a 126, confirmando a tónica descendente das últimas xornadas. 

Juan Gestal no I Congreso Internacional sobre Auga e Saúde (Vía Láctea Comunicación).
SOCIAL

Juan Gestal: "Fronte aos aerosois, as máscaras cirúrxicas non garanten protección total"

A circulación do novo coronavirus aumentou antes da chegada do outono, unha época na que  aumenta a incidencia das patoloxías respiratorias. Nós Diario conversa con Juan Gestal, profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela sobre as medidas de prevención máis eficaces.
Comedor escolar do CEIP Agro do Muíño (Ames).
SOCIAL

ANPA viguesas ameazan a Xunta cunha "demanda colectiva"

Rexeitan o borrador do protocolo que elaborou a Consellaría de Educación para este servizo ao non incluír as súas "demandas mínimas".
Curso de titulación de judo 2020 realizado pola Federación galega deste deporte no que xa empregaban máscaras (Federación Galega de Judo)
DEPORTES

Máscara para o deporte federado

A evolución dos datos da pandemia e a súa incidencia na práctica deportiva leva meses preocupando ás federacións galegas. Agora a Secretaría Xeral para o Deporte vén de modificar en parte o protocolo Fisicovid aprobado en xuño coincidindo co inicio do curso escolar para tranquiliza clubes e entidades educativas.
Pedro Sánchez e Isabel Díaz Ayuso na rolda de prensa posterior á xuntanza que mantiveron en Madrid (Imaxe: J. Hellín Pool / Europa Press)
INTERNACIONAL

Madrid, centro dos contaxios do coronavirus, non se fecha

Entre 24 bandeiras de España e Madrid escenificaron a unidade contra o virus o presidente estatal, Pedro Sánchez, e a madrileña, Díaz Ayuso. Porén, as medidas anunciadas pola Comunidade non contemplan o feche da capital, "sería a morte de Madrid", dixo Ayuso. Sánchez, mentres, repousa no Executivo madrileño a xestión da crise. 
As últimas cifras por coronavirus na Galiza (Carlos Sánchez Europa Press)
SOCIAL

Os concellos aplican as restricións sanitarias sen apenas información detallada a nivel local

O rexedor socialista Abel Caballero anunciou que solicitará ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, máis datos sobre a incidencia da enfermidade no municipio vigués. O alcalde denunciou o "hermetismo e incapacidade de transparencia" da Administración galega.
Alumnado do CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela (Foto: Arxina).
SOCIAL

Demandan a Feixoo "enfermeiros escolares" en todos os centros de ensino

A organización critica que os profesores e profesoras se vexan "obrigados a atender necesidades de saúde alleas ás súas competencias"
EuropaPress_3281617_dos_mujeres_entrada_residencia_ancianos_incio_lugo_espana_donde_detectado
SOCIAL

Baixan a 225 as persoas contaxiadas nas residencias galegas

Segundo os datos proporcionados polas consellerías de Sanidade e de Política Social, a cifra de persoas usuarias afectadas pasa das 249 do parte do domingo a 225. 
EuropaPress_3308142_investigacion_uclm_coronavirus
SOCIAL

Coronavirus na Galiza: 191 novos contaxios

Dous novos falecementos elevan a 718 as vítimas da Covid-19 en territorio galego. 
Escola infantil na Galiza (Foto: Xunta da Galiza).
SOCIAL

Fechadas dúas aulas no Colexio Mariano e o CEIP Pintor Laxeiro, en Vigo, por positivos en Covid

O Colexio Plurilingüe Mariano e o CEIP Pintor Laxeiro, ambos en Vigo, tiveron que poñer en corentena unha aula cada un tras detectarse dous positivos de Covid-19.

Comedor escolar do CEIP Agro do Muíño (Ames).
SOCIAL

35 persoas integrarán o comité que guiará a adaptación do sistema educativo galego á pandemia

O Comité Educativo encargado de velar pola adaptación e desenvolvemento do curso escolar 2020/21 no contexto de pandemia quedará constituído na xornada de hoxe, na que, após a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), desenvolverase a primeira reunión deste órgano composto por 35 persoas procedentes dos ámbitos educativo e sanitario.

EuropaPress_3309653_10_september_2020_us_monrovia_man_stands_in_front_of_takeaway_restaurant_as
INTERNACIONAL

O fume dos incendios deixa os pulmóns vulnerábeis ante a Covid

A inhalación das pequenas partículas que contén altera o sistema inmunolóxico e fai que as persoas sexan máis proclives a se contaxiar coa enfermidade que provoca o coronavirus ou outras como a gripe. Os intensos lumes na costa oeste dos EUA preocupan os expertos tamén neste sentido.

elpinar_culleredo
SOCIAL

A Xunta intervén a residencia de El Pinar con 21 usuarios e 7 empregados contaxiados

Tres novas mortes, dúas ligadas ao surto da DomusVi de Lugo, elevan a 715 as vítimas mortais en Galiza, que nas últimas 24 horas rexistrou un total de 223 novos casos da Covid-19. Ademais, hai 237 persoas hospitalizadas, 29 destas na UCI.

A loita contra a globalización como proceso

Para cando a Lei de Amnistía?

EuropaPress_3306302_trabajador_protegido_visto_cristales_residencia_mayores_domusvi_outeiro_rei
SOCIAL

91 pasamentos por Covid na "nova normalidade"

Nas últimas horas producíronse tres mortes máis, co que se eleva o número total de falecementos desde o inicio da pandemia a 710.

Consecuencias da Covid-19. Como Coidarse

EuropaPress_3306301_trabajador_protegido_visto_cristales_residencia_mayores_domusvi_outeiro_rei
SOCIAL

Baixan en dez os pacientes con Covid hospitalizados: 29 continúan na UCI

O número de casos en usuarios de residencias mantense en 223 despois do falecemento de tres anciáns nas últimas 24 horas.