Inés Rei declara a emerxencia sanitaria na Coruña ante a crise do lixo

O decreto permite proceder á contratación de persoal para garantir a saúde pública e a salubridade ante o incumprimento do contrato de recollida de lixo.
Montón de lixo, este domingo na Coruña (Foto: M. Dylan / Europa Press).
photo_camera Montón de lixo, este domingo na Coruña (Foto: M. Dylan / Europa Press).

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, anunciou que acaba de asinar un decreto que declara a emerxencia sanitaria na cidade, a cal entrará en vigor ás 15,41 horas d esta segunda feira.

O decreto permite proceder á contratación de persoal para garantir a saúde pública e a salubridade ante o incumprimento do contrato de recollida de lixo.

A rexedora explicou que a nova empresa comezará a traballar "da maneira máis inmediata posíbel", en canto se presenten as ofertas e se faga a contratación, e farao cunha "duración indeterminada, até que termine a emerxencia sanitaria" e a cidade volva á normalidade.

O prazo para presentar as ofertas, engadiu a mandataria da cidade herculina, acaba o 24 de xullo ás 10 horas e os requisitos para poder participar na poxa é que a empresa que queira facerse co servizo dispoña de 13 vehículos e 32 operarios e operarias.

Folga iniciada o 24 de xuño

Esta situación débese a unha folga iniciada o pasado 24 de xuño, promovida polo Sindicato de Traballadores de Limpeza (STL), que aludiu a motivos como os "despedimentos inxustificados", a "externalización de servizos" e os "incumprimentos" do convenio.

[EN ACTUALIZACIÓN]

Comentarios