Covid-19

Menores de 30 anos e adolescentes veñen de sumarse á vacinación masiva. (Foto: Arxina).
SOCIAL

A terceira dose da vacina, sen evidencia científica

O anuncio por parte do Goberno do Estado da necesidade dunha terceira dose da vacina en liña co avanzado en primavera por laboratorios como Pfizer e Moderna reabre o debate sobre a mellor estratexia de vacinación contra a Covid, o acceso ás vacinas e o respecto á evidencia científica por parte das autoridades políticas.
Imaxe do texto escrito por Pérez Jácome nas súas redes. (Foto Europa Press) #medallacastelao #coronavirus #sanitarios #gonzalopérezjácome #do #alcalde #ourense
SOCIAL

Jácome lamenta a Medalla de Ouro para o persoal de vacinación e a enfermaría exixe que rectifique

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, causou esta terza feira unha gran polémica após publicar no seu perfil de Facebook o seu rexeitamento a que o persoal da campaña de vacinación fronte á Covid-19 sexa recoñecido cunha das Medallas de Ouro. O malestar no sector sanitario foi tal que mesmo o Consello Xeral de Enfermaría reclamoulle que retirase as súas palabras.

A espera

Persoal sanitario xestiona varios viais da vacina de cara á súa administración. (Foto: Juan Manuel Serrano Arce / Europa Press).
SOCIAL

Galiza supera os 18.000 casos activos mentres segue a aumentar a presión hospitalaria

Os datos do Sergas reflicten unha repunta dos contaxios diarios cunha taxa de positividade que se mantén por riba de 10%.
Aglomeración de persoas este 25 de xullo ás portas da catedral. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Sen máscaras e sen distancias para acceder á catedral o 25 de xullo

Ducias de persoas concentráronse ás portas da catedral de Compostela para ter acceso á mesma o 25 de xullo. Porén, non houbo control no cumprimento das medidas para evitar a expansión do coronavirus como se puido comprobar en diversas imaxes distribuídas a través das redes sociais.
global_emotions_report
INTERNACIONAL

2020, o ano que deixou un mundo máis enfadado, estresado e tristeiro

A Covid non o explica por si soa, recolle unha enquisa, senón que se vén sumar a unha tendencia previa á pandemia.
As terrazas fecharon a mediados de novembro en Sanxenxo (Europa Press)
SOCIAL

A Galiza turística aglutina a maior incidencia

Mentres incidencia da Covid comeza a suavizar o seu incremento, as cifras de hospitalizacións reflicten ás claras o aumento acelerado dos novos contaxios detectados nas últimas semanas. A presión asistencial  aumenta, e faino tamén nas localidades con maior presión turística onde a pandemia está a bater máis forte.
Vacinación no hospital de Ourense. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press) #vacinación #vacina #saúde #coronavirus #covid19 #ourense #pauta
SOCIAL

Feixoo afirma que "nunha semana" a curva da quinta vaga da Covid comezará a dobregar

O presidente pon como exemplo Ourense e sinala que o comité clínico seguirá axustando as restricións á situación de cada municipio

Persoas agardando após recibir a vacina en Ourense. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press) #vacina #vacinación #sergas #sanidadepública #coronavirus #covid19 #ourense #consellaríadesanidade #xunta
SOCIAL

Galiza suma 33 xornadas consecutivas de aumento dos casos activos, que xa superan os 17.000

Aumentan a 258 os hospitalizados pola Covid, 31 máis, e descenden os novos contaxios a 1.115.

turista
SOCIAL

Detectado un foco de coronavirus que afecta 22 peregrinos no Pino

Os contaxiados, aseguran fontes sanitarias, tras estar illados marcháronse ás súas vivendas en coches particulares e co consentimento informado de que se ían a para os seus domicilios. Tiñan entre 20 e 21 anos e na súa maioría eran de Valencia.
Sen titulo
SOCIAL

Consulta aquí as novidades de hoxe na evolución da Covid no teu concello

Consulta aquí o número de novos casos diagnosticados a 26 de xullo no teu concello así como o nivel de incidencia 

Son casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 7 días. PDIA comprende as PCR e as probas de antíxenos

Un traballador sanitario protexido contra a Covid-19. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Os casos activos por coronavirus aumentan até os 16.754

A presión hospitalaria que deixa a pandemia da covid-19 na Galiza rexistrou un lixeiro incremento nas últimas horas
Manifestación do sector das orquestras e verbenas da Galiza para pedir á Xunta e Goberno protocolos e axudas ás empresas (Foto: Europa Press).
SOCIAL

As orquestras e verbenas protestan en Santiago para esixir "protocolos que se axusten á realidade"

O sector estima que, das 200 orquestras que operan na Galiza, pouco máis de 20 poderán traballar no que queda de ano.

Interior do hospital (Sergas).
SOCIAL

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública rexeita a Medalla de Galiza 2021

Considera "unha burla" a concesión desta medalla, coa que se pretende recoñecer o traballo do persoal da sanidade pública durante a pandemia, "mentres o Sergas perpetúa unhas condicións laborais de gran precariedade e inestabilidade", din.
Sala habilitada para os cribados da Covid-19 entre a veciñanza de Culleredo. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Baixa a presión hospitalaria, mais os casos activos rozan xa os 16.000

Sanidade suma outros 1.412 contaxios, un descenso con respecto ao récord de case 1.600 infeccións rexistrado na sexta feira
Test de antíxenos (Foto: Rober Solsona / Europa Press).
SOCIAL

A Xunta realizará hoxe tests de antíxenos a quen non estea inmunizado

Será nas sete grandes cidades galegas e funcionarán en horario de 12 a 14 horas e de 17 a 20 horas
Varias persoas consomen nas terrazas dos estabelecementos de Sanxenxo, en nivel máximo desde esta medianoite. (Foto: Beatriz Ciscar / Europa Press).
SOCIAL

Cifras récord malia frear a suba da Covid

Os principais indicadores da pandemia seguen a rexistrar novas marcas na quinta vaga da Covid. A maior incidencia segue a castigar os grupos de idade máis novos á espera de iniciar a vacinación. Porén, a velocidade de crecemento dos contaxios comeza atenuarse ao tempo que entran en vigor novas restricións.
Imaxe no exterior da prisión da Lama. (Foto: Elena Buch)
SOCIAL

Reclusos da prisión da Lama inician protestas pola suspensión das visitas familiares

A entidade De abaixo os muros denuncia esta "nova suspensión dos vises" que lles trasladaron achegados dos presos. Estes están a facer "días illados de folgas de fame como protesta".
A ministra de Sanidade, Carolina Darias, o 21 de xullo no Congreso. (E. Parra. POOL / Europa Press)
INTERNACIONAL

O Ministerio de Sanidade confirma a terceira dose da vacina e unha picada anual

Cando apenas a metade da poboación do Estado conta coa pauta completa da vacinación, a ministra de Sanidade, Carolina Darias, confirma que será necesaria unha terceira dose dos compostos que exixen dúas picadas, amais dunha inxección anual, para manter o nivel de protección das vacinas.
Presentación do informe 'A Economía Galega 2020-2021' en Compostela (Foto: Xoán Roberes).
ECONOMÍA

A recuperación da economía galega chegará en 2022

Afundación presentou o informe A Economía Galega 2020-2021, que destaca o mellor comportamento de Galiza fronte a crise derivada da Covid