A Galiza lidera a superficie queimada no Estado español nas dúas últimas décadas con 496.697 hectáreas calcinadas desde o ano 2000. Neste sentido, só entre o 1 de xaneiro e o 20 de agosto do exercicio de 2022 foron arrasadas polo fogo 50.956 hectáreas no país, nun dos veráns con máis incendios dos últimos anos.
As mozos e mozas enquisadas estiman que os problemas ambientais con maior impacto son os incendios forestais (74%), a contaminación do aire (63%) e a seca (58%).
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo advirte que o monocultivo de especies pirófilas, xunto á falta de silvicultura e de roza das faixas de defensa contra o fogo, propiciou o avance das chamas.
A asociación de amizade galego-cubana Francisco Villamil fai entrega da primeira achega solidaria desde o país por valor de 4.650 euros e insta a colaborar.
Se ao rematar a xornada de traballo se declara unha urxencia o traballador debe seguir prestando o servizo, "computándose como horas ordinarias as realizadas en exceso", di este contrato publicado pola Brigada de Laza.
O programa de prevención de incendios 'O que non arde', impulsado pola área de Medio Rural da Deputación de Lugo, nace en 2020, un ano após a estrea da película de Óliver Laxe O que arde, unha fita que repara no monte, nas comunidades locais e no lume. Favorecer as mellores condicións na contorna fronte ao fogo e a prol dun aproveitamento activo do medio é o obxectivo do plan que lle dá a volta á película.