incendios

Un brigadista após a intervención nun lume na comarca de Compostela. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press) #incendio #compostela #lume #forestal #galiza #spif #prevencióndeincendios #xunta #mediorural #brigadista
TRABALLO

Acusan a Medio Rural de asignar "a dedo" o persoal da unidade de investigación de incendios 

A Consellaría de Medio Rural anunciou esta segunda feira, 9 de agosto, a creación da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) que a Xunta vai coordinar en colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Organizacións sindicais critican 
EuropaPress_3870495_04_august_2021_greece_varibobi_general_view_of_burnt_building_after_forest
INTERNACIONAL

Os lumes devoran o Mediterráneo oriental avivados por temperaturas de até 47 graos

A vaga de calor dará un respiro a partir do sábado e agárdanse algunhas chuvias.
EuropaPress_3847641_19_july_2021_austria_amstetten_fire_brigade_emergency_workers_inspect
INTERNACIONAL

O novo mundo: inundacións, secas e lumes

Case 14.000 investigadores claman por unha acción urxente para frear a emerxencia climática ante a intensificación dos fenómenos climáticos extremos, como os incendios en Siberia ou as riadas en varias partes do mundo. A causa, din: a falta de vontade política para conter a "sobreexplotación do planeta Terra".
incendio lume foto de @briftabuyo
SOCIAL

Medio Rural dá por controlado o incendio que queimou unhas 200 hectáreas en Carballeda de Valdeorras

Extinguido outro en Rubiá, dentro do parque natural de Serra da Enciña da Lastra
DGC-140919-centinela-gallego-01-g
SOCIAL

O exército español cobra 470.000 euros da Xunta por vixiar os montes na campaña anti-incendios

Despregará unha trintena de patrullas.

Uns bombeiros traballan nun lume en Lobios, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Europa Press) #bombeiros #brigadistas #xunta #mediorural #vacinación #coronavirus #extinción #lumes #incendios #sanidade
SOCIAL

Sanidade culpa ao Goberno español do atraso na vacinación dos efectivos de extinción dos lumes

Ante as preguntas na Comisión de Agricultura, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, escudouse en que o sistema por franxas de idade e non por colectivos esenciais foi estabelecido desde o Goberno español. Porén, a Xunta si falaba de grupos específicos ao principio da súa campaña de inoculación dos fármacos contra a Covid-19.
Celebración do solsticio de verán nunha paria do país (Foto Xunta da Galiza)
star
CULTURA

San Xoán, unha tradición que xa non o é tanto

Na noite do día 23 e na madrugada do día 24 de xuño celébrase o San Xoán, unha festividade pagá que "procede do Neolítico e festexa os catro elementos", explica o arqueólogo e museólogo Felipe-Senén López. Pola súa banda, a bióloga Silvia Domínguez vén de publicar un libro no que afonda sobre os compoñentes dun dos rituais máis tradicionais do festexo, as herbas para facer o cacho.
Operativo de extinción dun lume en Folgoso este mes de xuño. (Foto: Carlos Castro / Europa Press) #lume #indencio #folgosodocourel #extinción #xunta #mediorural #escorrentía
SOCIAL

Os lumes cébanse con Folgoso do Courel, que demanda unha brigada de extinción no municipio

Courel Vivo presentou unha moción para debatir no pleno na que fai fincapé na "desorganización" do servizo de extinción e advirte de que o persoal do equipo máis próximo está preto da xubilación, deixando a localidade a entre "unha e dúas horas" das profesionais en caso de novos incendios.
aLVA
SOCIAL

Para o incendio de Salvaterra, que queimou 352 hectáreas, só había unha motobomba en todo o distrito

O incendio que comezou ás 22 horas na noite do pasado sábado no concello de Salvaterra de Miño deixou calcinadas 352 hectáreas, segundo os datos fornecidos pola Consellaría do Medio Rural. Foi este un dos primeiros grandes incendios de xuño, pero, malia as predicións de tormenta, tan só se contaba cunha motobomba en todo o distrito e a caseta do servizo estaba fechada. 


 

 

Imaxe de arquivo dun lume na Galiza. (Foto: Por un monte galego con futuro)
SOCIAL

Persoal do servizo de extinción acusa a Xunta de “improvisar a xestión” dos lumes forestais

A CIG asegura que o dispositivo está "en cueiros" cando xa comeza a tempada de maior risco e advirte de que a caseta destinada a este servizo en Salvaterra estaba pechada cando tivo lugar un lume.
A alcaldesa de Folgoso do Courel apunta que o lume que afectou o municipio este sábado foi "intencionado" (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

A prevención de lumes progresou "moi pouco" desde 2017, e estes cada vez son "máis graves"

Medio Rural atribúe varios dos incendios da fin de semana aos máis de 3.900 lóstregos que caeron sobre Galiza.
Incendio en Folgoso do Courel (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

O incendio de Folgoso arrasa 160 hectáreas e outro en Salvaterra alcanza as 250

A proximidade das lapas ás poboacións obrigou a declarar de madrugada a situación 2 no incendio de Salvaterra.
Restos dun lume nunha parroquia de Compostela. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
SOCIAL

O pesoal antiincendios, en alerta polas condicións meteorolóxicas

Dous lumes activos en Folgoso do Courel e Lobios afectan a espazos de alto valor natural
Imaxe dunha matogueira no monte de Zapeaus, en Rairiz de Veiga, antes dunha roza intensiva no mes de abril.
SOCIAL

Ecoloxistas da Limia e apicultores avalan o valor das matogueiras ante as rozas de Medio Rural

Censuran o negocio das "supostas rozas preventivas" fronte ao lume e pídenlle á Consellaría de Medio Rural que deixe de subvencionar prácticas silvícolas que atentan contra a riqueza do monte galego. O valor das matogueiras debe ser prioritario, advirten.
Alberto Núñez Feixoo (Foto: Arxina).
POLÍTICA

A Xunta admite a burocratización na dependencia e promete axilizar o sistema

O Goberno galego anunciou a posta en marcha un Plan de choque en dependencia para axilizar o sistema, reducir a agarda e crear novas vías preferentes.

As explotacións apícolas poderán acceder a bonificación no IRPF de 50% (Imaxe: Rosa Veiga E.P.)
SOCIAL

As parroquias en alto risco por incendios aumentan 25% nun ano

O plan de loita contra o lume da Xunta ( Pladiga) para a campaña de 2021 sitúa nesta categoría 35 destas entidades territoriais, 7 máis que en 2020.

Imaxe de arquivo dun lume en Cualedro. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
SOCIAL

Por un monte galego con futuro culpa Medio Rural de varios lumes por queimas que se descontrolaron

A plataforma denunciou ante as Fiscalías de Ourense e Lugo os incendios decorridos o pasado mes de abril no Courel e A Fonsagrada. Considera que os destrozos foron causados pola Xunta.
EuropaPress_3695397_incendio_instalaciones_empresa_jealsa_mayo_2021_parroquia_abanqueiro_boiro
SOCIAL

O incendio na conserveira Jealsa queima 11.000 metros de superficie

Os servizos de extinción continúan na mañá deste domingo cos labores de arrefriado do perímetro das instalacións da conserveira Jealsa, en Boiro (A Coruña), afectada por un incendio que leva calcinados 11.000 metros cadrados de superficie.

Monte comunal na contorna  do Castro de Bexo, no concello de Dodro. (Foto: Verdegaia).
SOCIAL

Adrián Regos: "A inflamabilidade de especies como o carballo non ten nada que ver eucalipto"

A conservación das turbeiras, chave na regulación do cambio climático
Unha plantación recente de eucalipto. (Foto: Coordinadora Ecoloxista)
SOCIAL

Riscos de incendio pola reforestación masiva

Un estudo liderado pola USC advirte dos riscos das reforestacións masivas programadas no Pacto Verde da Unión Europea, sobre todo polas especies que se usan normalmente, de crecemento rápido e con resinas inflamábeis.