Cesamento o fogo en Gaza
Os bombardeos do exército israelí mataron 21 persoas na franxa e 4 israelís morreron polos proxectís lanzados desde Gaza. Tel Aviv retomou estes días os denominados 'asasinatos selectivos'.
Os bombardeos do exército israelí mataron 21 persoas na franxa e 4 israelís morreron polos proxectís lanzados desde Gaza. Tel Aviv retomou estes días os denominados 'asasinatos selectivos'.
As enquisas son favorábeis a un Netanyahu que anuncia a anexión das colonias da Cisxordania ocupada, de revalidar coma primeiro ministro.
O evento, que se desenvolverá esta cuarta feira 3 de abril, únese ao movemento global de rexeitamento e indignación pola realización do festival en Israel.
A celebración de Eurovisión en Israel, programada para maio, está a erguer unha vaga global de indignación. Colectivos de todo o mundo entenden o evento como un xeito de apoiar as políticas colonias israelís en Palestina. Galiza non fica á marxe deste movemento e o vindeiro 3 de abril, en Compostela, organiza o seu acto de rexeitamento.
Cinco partidos (entre eles FPLP e FDLP) agrúpanse na Asemblea Democrática Palestiniana, que configura un novo protagonista político à marxe da polarización entre Al Fatah e Hamás.
O pleno aprobou por unanimidade unha moción na que se comprometía a non establecer relacións nin contratos con administracións e empresas israelitas até que finalice a ocupación. O alcalde rianxeiro, Adolfo Muiños, defende a decisión plenaria: "Os concellos tamén temos que achegar o noso grao de area para defender os dereitos dos palestinos".
Varios colectivos convocan unha concentración ás 16:30 horas da próxima cuarta feira nas escaleiras da Alameda compostelá en solidariedade co pobo palestino
Ás 20:00 horas en varias cidades galegas
Dezaseis mortos e máis de 1.400 civís feridos forman o balanzo provisional dos masivos protestos palestinos no 70 aniversario da creación do Estado de Israel. A Gran Marcha do Retorno, coa que a poboación palestina reivindica o regreso de todas as persoas refuxiadas, foi a primeira manifestación de seis semanas de mobilización.
O recoñecemento polos EUA de Xerusalén como capital do Estado de Israel supón unha clara vulneración do dereito internacional e podería representar un crime de guerra. O xiro diplomático da Casa Branca finiquita o paralizado proceso de paz e desenmascara o desinterese de Washington por atinxir un acordo xusto e duradeiro. Eis un extracto do publicado no Sermos Galiza 276.
Convocatoria unitaria das diversas forzas palestinianas perante unha decisión “con consecuencias de longo alcance, advirten.
Washington anunciou esta quinta feira que deixa a organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura. Os EUA dan este paso cando a UNESCO ten de nomear a súa próxima lideranza e soan para a súa dirección xeral varios candidatos musulmáns.
Após 40 días, as presas e presos palestinos puxeron fin á greve de fame que encetaran no marco dun protesto realizado baixo o lema “Liberdade e Dignidade” e cuxo propósito pasaba pola mellora das condicións de reclusión.
Concentración ás portas do Parlamento de Galiza en apoio aos prisioneiros palestinos. As concentradas levaban auga e sal, o único que estes presos inxiren e que se converteron en símbolos do apoio aos centos de prisioneiros que manteñen a greve desde hai case un mes.