PSdeG

A nacionalista Olalla Rodil, no Parlamento da Galiza (Foto: Europa Press).
POLÍTICA

O PP bloquea a comparecencia de Rueda sobre a situación de Alcoa

Os votos dos populares frearon a iniciativa do BNG.
No centro, Abel Caballero e José Ramón Gómez Besteiro, esta segunda feira, en Bouzas. (Foto: Nós Diario)
18-F

Besteiro reivindica a alta velocidade Vigo-Porto

Ribera debullará o proxecto de dotar Stellantis con conexión de moi alta tensión
A publicación que a Xunta Electoral ordenou retirar das redes sociais do PP por ter "connotacións electoralistas".
18-F

Novo apercibimento da Xunta Electoral ao PP, que deberá retirar este vídeo por "electoralista"

O PSdeG denunciou a inclusión de frases cun carácter "electoralista" xunto co "lema e siglas" empregadas polo PP unido "á imaxe da Xunta", que "facilmente permite asociar visualmente ambos os elementos" e "entender implicitamente" que debe ser integrado na categoría de campaña, non de "actividade ordinaria" dun partido.
besteiro patronal vieites
18-F

Besteiro fixa como reto do seu Goberno que a industria acade 20% do PIB

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta expuxo á CEG as súas políticas para impulsar a economía galega cun “plan claro e definido en cinco eixos: enerxía, industrialización, colaboración publico-privada, rede laboral e rede social”.

Vivendas en alugueiro #aluguer #vivenda #piso #casa (Foto: Laura R. Cuba)
Vivenda

BNG, PSOE e CA apoian declarar Compostela zona de mercado tensionado da vivenda

O PP opúxose a esta declaración.

Un home exerce o seu dereito a voto este domingo na repetición das eleccións municipais de Castro Caldelas. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
18-F

As chaves das eleccións galegas: quen ten o electorado máis fiel? Quen capta máis votantes novos? Que busca a cidadanía?

O barómetro do CIS presenta os aspectos que serán determinantes na elección dunha ou outra papeleta, así como do nivel de mobilización do electorado.
53491999917_49f26c32df_o
POLÍTICA

Besteiro advirte da falta de peso político de Rueda: "Está preso de Ayuso e Feixoo"

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que é o "momento" de que Galiza "lle diga non ao PP".
O presidente Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta do pasado 21 de decembro. (Foto: Arxina)
18-F

Estimada a denuncia do PSdeG contra Rueda por emitir valoracións como candidato tras o Consello da Xunta

A Xunta Electoral arquiva o recurso de Vox contra o debate da CRTVG e outro do BNG contra varias campañas da Xunta
José Ramón Gómez Besteiro e Pedro Sánchez este 27 de xaneiro en Lugo. (Foto: Nós Diario).
18-F

Sánchez avisa que con Besteiro na Xunta e el en Moncloa: "Galiza non 'rueda', Galiza voa"

O secretario xeral do PSOE apela aos indecisos e a ese 70% do electorado que quere "cambio".
Loita polo escano decisivo.
star
18-F | Barómetro para Nós Diario

Quen leva o último e decisivo escano? Consulta aquí a loita en cada circunscrición

Estas son as forzas políticas que defenden o último (e decisivo) escano en cada circunscrición, e a distancia á que está o partido político que podería arrebatarllo, segundo o último barómetro elaborado polo Instituto Demoscópico EM-Analytics para 'Nós Diario'.
a
18-F | Barómetro para Nós Diario

Avance do barómetro electoral de EM-Analytics: o PP baixa 0,6 puntos nunha semana e a oposición sobe 1,2

'Nós Diario' publica a segunda entrega da enquisa do Instituto Demoscópico EM-Analytics. A sondaxe está publicada sen ningunha modificación por parte do xornal, tal é como se fixo coa divulgada o sábado 20 e tal e como se fará coas entregas do tracking diario —do 1 ao 12 de febreiro—. Nesta entrega, o estudo incide na tendencia á baixa do PP, que se deixa 0,6 puntos na última semana, e é superado en votos pola suma do BNG, do PSdeG, de Sumar e de Podemos, que alcanzan 50,4% dos sufraxios. O barómetro completo, coa distribución de escanos por circunscricións, publicarase no xornal en papel deste sábado, 27 de xaneiro.
Formoso, Besteiro e García, esta sexta feira, en Ferrol. (Foto: Nós Diario)
18-F

Besteiro comprométese a que Ferrol sexa "o centro da reindustrialización naval"

O PSdeG propón un Plan galego contra condutas aditivas.
Screenshot_20240127_105443_Samsung Internet
star
18-F | Barómetro para Nós Diario

Barómetro completo de EM-Analytics para as eleccións galegas: así se reparten os votos e escanos en cada circunscrición

'Nós Diario' publica a segunda entrega da enquisa do instituto EM-Analytics. A sondaxe está publicada sen ningunha modificación por parte do xornal, tal é como se fixo coa divulgada o sábado 20 e tal e como se fará coas entregas do tracking diario (do 1 ao 12 de febreiro). Nesta entrega, o estudo incide na tendencia á baixa do PP, que se deixa 0,6 puntos na última semana, e é superado en votos pola suma do BNG, do PSdeG, de Sumar e de Podemos, que alcanzan 50,4% dos sufraxios. Só a dispersión do voto no ámbito da esquerda permite ao PP manter a maioría en escanos.
Alfonso Rueda, Ana Pontón e José Ramón Gómez Besteiro. (Fotos: Europa Press)
18-F

RTVE mantén o debate a tres no seu plan de cobertura, xa presentado ante a Xunta Electoral

Malia non estaren convidados ao debate, Sumar e Podemos son considerados "grupos significativos", polo que si terán tempos de entrevista no mencionado plan de cobertura.
Fotos-JR-Empresarios-Ferrol-7-1200x675
18-F

Besteiro: "Logrei eu máis que Rueda para Ferrol"

O candidato do PSdeG ao 18-F presenta os seus compromisos con Ferrol para que sexa “o centro da reindustrialización naval no Estado” liderado polo PSdeG na Xunta.

 

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón (Foto: Arxina).
18-F

CIS: Ana Pontón, a candidata mellor valorada; o Goberno de Rueda, o cuarto problema que máis preocupa á cidadanía

Para as persoas entrevistadas, os principais problemas que atravesa Galiza nestes momentos son o desemprego (13,8%), o estado do sistema sanitario (10,3%), a crise económica e os problemas económicos (8,2%) e mais, en cuarto lugar, o propio goberno da Xunta (5,5%).
O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, nun acto recente. (Foto: Adrián Irago / Europa Press)
18-F

O PP, a un paso de perder a maioría absoluta, segundo o CIS

BNG e PSdeG soben posicións ante un Partido Popular que caería máis de catro puntos.
José Ramón Gómez Besteiro, hoxe, nun almorzo informativo do PSdeG en Madrid. (Foto: Marta Fernández / Europa Press)
18-F

Besteiro ve unha "frivolidade" o plan de Feixoo para a ABAU: "Busca que non se fale das cloacas do Estado"

Por outra parte, o candidato do PSdeG asegurou hoxe que "a inmensa maioría" do Partido Socialista non comparte as palabras do presidente de Castela-A Mancha, Emiliano García Page, sobre o PSOE e a Constitución, acusando a súa propia formación de situarse "nas marxes da Constitución".

Multipartito: si, grazas!

Moisés Rodríguez (PP), Xosé Manuel Acuña (BNG) e Elena Espinosa Mangana (PSdeG). (Foto Nós Diario)
18-F

PP, BNG e PSdeG debullan as prioridades enerxéticas da Galiza: cal debe ser o modelo do futuro?

No contexto actual de transición ecolóxica e produción eléctrica procedente de fontes renovábeis urxe a definición dun modelo enerxético para a Galiza que vén. O sistema vixente, en mans do oligopolio eléctrico, denuncia un amplo sector da sociedade galega, non ofrece garantías ambientais, frea o desenvolvemento territorial e non achega retorno socioeconómico ao pobo. Táchano de abusivo para un territorio como o galego convertido en "zona de sacrificio". PP, BNG e PSdeG debullan as prioridades enerxéticas da Galiza.