O verán non é para enfermar
O feche de camas é xa unha tradición que se sucede ano tras ano nos meses estivais nos hospitais galegos. Unha situación insostíbel para moitas e moitos doentes que se ven abocados a agardar en salas de espera saturadas por uns servizos aos que teñen dereito en situacións nas que a súa dignidade e privacidade pouco parecen importar. Mentres tanto, o Sergas non busca solución a este problema, pois directamente non o recoñece como tal. Publicamos un extracto da información recollida no semanario Sermos Galiza 256.
Sanidade fechará entre 15 e 20% das camas dos hospitais públicos durante o verán
O conselleiro de Sanidade defendeu ademais a actuación dos dous altos cargos do Sergas investigados pola morte de seis enfermos de hepatite C, durante unha entrevista na Cadena Ser.
"A Sanidade galega enfróntase a unha situación crítica"
No Venhan Máis Cinco de hoxe conversamos con Manuel Martín García, portavoz de SOS Sanidade Pública.
O apartheid sanitario na Galiza
Aínda que a lei contempla casos en que a atención sanitaria debe estar garantida tamén para persoas inmigrantes en situación administrativa irregular –asistencia ao embarazo, parto e postparto, coidados a menores ou tratamentos por enfermidade grave ou accidente-, as trabas impostas polo Sergas dificultan o cumprimento da normativa.
Ambulancias: descontrol e irregularidades
O sector de emerxencias sanitarias pasa por un grave deterioro na Galiza ante os recortes, a precariedade e os constantes incumprimentos das adxudicatarias. A xustiza investiga un dos últimos concursos públicos da Xunta por posíbel trato de favor e amaños para beneficiar unha empresa próxima ao PP. Dedicamos a isto o tema de primeira do Sermos Galiza 233. Eis un extracto.
Cando a saúde vira mercadoría
Baixo o eufemismo das externalizacións agóchanse millóns de euros destinados á privatización, un negocio que lastra a sanidade pública galega. Por algo o noso país é un dos territorios do Estado que máis privatización soporta neste ámbito. Deixamos un extracto da reportaxe que publicamos no Sermos Galiza 228 e no que explicamos que o 2017 enceta, a nivel sanitario, con máis recortes e maior lucro para as grandes empresas.
Lanzan o “Manifesto pola recuperación dos centros sanitarios privatizados”
As xornadas organizadas por Lidia Senra, eurodeputada de AGE-Europa, en colaboración coa Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública e a Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo, finalizaron co lanzamento do “Manifesto pola recuperación dos centros sanitarios privados”. Formaron parte das palestras decenas de expertos e expertas do sector sanitario galego e internacional.
A obxección de conciencia na sanidade pública, a debate
O Sermos Galiza 219 recolle unha ampla reportaxe arredor do debate sobre a obxección de conciencia na sanidade pública. Entre as voces que recollemos atópanse a de Manuel Martín (portavoz SOS Sanidade Pública), Luís Doval (Xefe de Xinecoloxía do CHOU e pioneiro en practicar abortos na Galiza), Francisca Fernández Guillén (avogada da paciente que o Sergas derivou a Madrid e sufriu a perda do seu útero), Marga Corral (activista da Plataforma pola Defensa ao Aborto) e os sindicatos CIG, CCOO e UGT. Eis un extracto da peza.
“A privatización da sanidade empeora a calidade e encarece as prestacións”
O médico Manuel González Moreira, portavoz de SOS Sanidade Pública Vigo, é un dos relatores que participan esta sexta feira e o sábado na xornadas organizadas por AGE-Europa “A privatización da sanidade na Unión Europea”. Nesta entrevista, dá conta do estado de saúde da sanidade pública na Galiza.
Unha bebé de orixe romanesa, sen acceso á sanidade durante 4 meses
O Sergas tardou catro meses e medio en resolverlle a cobertura sanitaria a unha bebé de orixe romanesa malia a súa condición de menor (a lei garante a atención a menores con independencia da situación administrativa en que se atopen). Publicamos un avanzo dunha reportaxe que poderás ler íntegra no novo número de Sermos Galiza.
Denuncian que o PP recortou o orzamento sanitario de Galiza nun 23% desde 2010
A Coordenadora anti-privatización da sanidade pública alerta do constante aumento das listas de espera.
SOS Sanidade Pública advirte do transvasamento de doentes de Pontevedra a Santiago
A plataforma SOS Sanidade Pública denuncia a “terríbel situación que están a sufrir pacientes da área norte de Pontevedra obrigados a se tratar no servizo de Cirurxía Cardíaca do Complexo Hospitalario Universitario de Compostela”.
“O Sergas fai contratos falsos ao persoal”
CIG-Saúde da área do Barco de Valdeorras vén de denunciar publicamente o que entende que é unha actuación ilegal do Servizo Galego de Saúde na comarca en relación á contratación.
Máis de 3.000 persoas rexeitan o desmantelamento do Meixoeiro
A manifestación denunciou a “política de privatizacións” impulsada pola Consellaría de Sanidade.
Créase unha consulta de endometriose no CHUOU
Foi impulsada pola área de Xinecoloxía e Ostetricia e ten como obxectivo centralizar a atención médica das mulleres con esta doenza.
Recortes nos horarios dos helicópteros sanitarios deixan Lugo e Ourense desatendidas durante horas
Entre o 18 de marzo e o 27 de setembro os helicópteros só funcionan durante 12h.