A Coruña

Miguel López, o Hematocrítico.
CULTURA

Cultura outorga ao 'Hematocrítico' a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes 2023 a título póstumo

Recibiraa xunto coas tamén falecidas o pasado ano Itziar Castro e María Teresa Campos. Tamén será concedida a personalidades como Gemma Cuervo, Vicky Peña, Antonio Najarro ou Pablo Berger e mais a cineasta de orixe galega Patricia Ferreiro.
Gonzalo Caballero, nos corredores do Parlamento galego. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
18-F

Gonzalo Caballero 'cae' da lista do PSdeG por Pontevedra, liderada pola ex ministra Elena Espinosa

Patricia Iglesias, letrada maior do Consello de Contas, encabeza a candidatura socialista pola Coruña.
Fernando Solla. (Foto: Xurxo Lobato / CIG)
Obituario

Falece o sindicalista Fernando Solla Fernández

De longa traxectoria militante en organizacións políticas da esquerda e do nacionalismo, foi secretario comarcal da CIG na Coruña.

Lucas Pérez é o capitán do Dépor. (Foto: RC Deportivo).
Fútbol | 1ª RFEF

A CRÓNICA | Un renacido Lucas rescata o Deportivo

Os branquiazuis superan a Real Sociedade B (2-1) con moito sufrimento.

O artista José Perozo elaborando algunhas das súas pezas. (Foto: Tacho Jiménez)
Contracultura

José Perozo: "Presentar o corpo como unha arquitectura orgánica paréceme un paralelismo interesante"

José Perozo (Vigo, 1979) inaugura 'Antropotectura', unha exposición que estará aberta ao público na galería Monty4 (A Coruña) até o 2 de febreiro e que aborda a relación da arquitectura co corpo humano.
Familiares e amizades despediron a Yoel Quispe esta cuarta feira no cemiterio coruñés de Feáns. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
SOCIAL

Detido un terceiro mozo polo asasinato de Yoel Quispe na Coruña

Os feitos ocorreron na madrugada do pasado domingo, día de Noiteboa.
Inés Rei e Laxe Tuñas, esta quinta feira. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

A Coruña disporá en 2024 dun orzamento de 375 millóns

Constitúese a sociedade xestora da Cidade das TIC
Familiares e amizades despediron a Yoel Quispe esta cuarta feira no cemiterio coruñés de Feáns. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
SOCIAL

Aumentan a dous os detidos polo asasinato de Yoel Quispe na Coruña

Da investigación, fíxose cargo o equipo a Unidade de Delincuencia Organizada e Violenta (UDEV) do corpo de policía. Trátase do mesmo equipo que se encargou do caso de Samuel Luiz, asasinado tras unha brutal malleira, en xullo de 2021, no paseo marítimo coruñés.
Familiares e amizades despediron a Yoel Quispe esta cuarta feira no cemiterio coruñés de Feáns. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
SOCIAL

Detido un coruñés de 21 anos polo acoitelamento mortal de Yoel Quispe na Coruña

A operación continúa aberta e non se descartan novos arrestos.
Chuac.
Agora

Trasladan unha persoa ao hospital por inhalación de fume na Coruña

Unha persoa foi trasladada ao hospital por inhalación de fume na Coruña, segundo informou o 112 a primeira hora desta quinta feira. A propia implicada contactou coa central de emerxencias dez minutos antes da medianoite e explicou que estivera queimando carbón nunha das estancias da súa vivenda, o que lle provocou mareos. Desde o 112 solicitouse a colaboración de profesionais sanitarios do 061 e da Policía Local da Coruña. Finalmente, o persoal médico encargouse de evacuar esta persoa ao centro médico de referencia para ser atendida.
Exterior dos xulgados da Coruña. (Foto: Nós Diario).
Agora

O Goberno español crea tres unidades xudiciais na Galiza, dúas na Coruña e unha en Vigo

O Consello de Ministros e Ministras decorrido onte aprobou 70 novas unidades xudiciais correspondentes á programación de 2023, tres das cales se atoparán na Galiza. O Real Decreto que se presentará hoxe crea unha praza de maxistrado para a sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, correspondente á orde penal, e outra para a sección sexta da de Pontevedra, correspondente á orde civil, con sede en Vigo. Ademais, constitúe o xulgado de primeira instancia número 16 da Coruña. No acordo asinado entre PSOE e BNG para a investidura de Pedro Sánchez recolleuse a creación de cinco novos xulgados extraordinarios de violencia de xénero –fóra da programación común– que se incluirán nos orzamentos de 2024.
Lugar onde un home de 35 anos recibiu os disparos da Policía. (Foto: M. Dylan / Europa Press).
SOCIAL

Tachan de "asasinato racista" a morte a tiros dun home a Coruña

Os colectivos SOS Racismo Galiza, Casa da Comunidade Aluandê, Foro Galego de Inmigración, Asociación de Mobilidade Humana, Asociación Galega do Colectivo Mexicano e Resistencia en Terra Allea denuncian "un racismo interiorizado e sistémico" nas institucións.
Foto de arquivo da rúa Barcelona, Na Coruña. Barrio da Agra do Orzán
SOCIAL

Investigan un caso de violencia machista con arma branca en Noiteboa na Coruña

Os feitos producíronse o día de Noiteboa, en torno ao mediodía, no barrio coruñés do Agra do Orzán e cunha primeira intervención da policía local, aínda que agora das actuacións fíxose cargo a policía nacional.
Lugar no que se produciu o acoitelamento. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
SOCIAL

Prosegue a investigación polo acoitelamento mortal dun mozo na Coruña

Yoel Quispe, de 22 anos, recibiu dúas coiteladas, unha no abdome e outra no corazón, que lle causaron a morte.
Varios axentes traballando esta segunda feira no lugar dos feitos, no polígono coruñés da Grela. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
SOCIAL

Aberta unha investigación tras a morte por disparos da Policía dun home na Coruña

Os axentes alegaron que o falecido tiña unha actitude "moi agresiva" cara a eles e que intentaron previamente, sen éxito, aplacalo cun táser.
O incidente produciuse no polígono da Grela, na Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
SOCIAL

A Policía Nacional mata dun disparo un home negro na Coruña

A Policía Nacional abateu esta segunda feira, 25 de decembro, na Coruña un home que mostrou “unha grande agresividade”, segundo fontes próximas ao caso consultadas por Europa Press.

Juan Florez
SOCIAL

Morre acoitelado un mozo na Coruña

A policía investiga o acoitelamento mortal dun mozo na Coruña

Unha das imaxes da mostra.
CULTURA

O Festival Ffoco inaugura esta quinta feira a exposición 'Memorias do ceo'

A colección de imaxes pode recompoñer, a través dunha perspectiva inusitada e distante, un retrato da paisaxe e paisanaxe do país e as transformacións acaecidas nos últimos 40 anos.
BArrios dos Rosais na Coruña (Foto: Google).
SOCIAL

Falece no hospital o rapaz de 14 anos que se precipitou dun noveno piso na Coruña

Os feitos sucederon sobre as 11 horas e, de acordo cos datos que se tiveron constancia en relación ao suceso, caeu desde un noveno piso sobre un vehículo estacionado na rúa Simón Bolívar. Até o lugar desprazáronse os servizos sanitarios, que o trasladaron con vida ao Hospital Materno Infantil Teresa Herrera, onde, finalmente, faleceu a última hora.
Alfredo Ferreiro e Arias Curto en 'O cabalo do cabaleiro' de Carlos Muñiz, polo Grupo Teatral O Facho, dirixida por Manuel Lourenzo en 1965.
star
CULTURA

Hai sesenta anos que se prendeu un 'Facho' para iluminar a cultura da Galiza

O 23 de decembro de 1963 creábase na Coruña a Agrupación Cultural O Facho, unha entidade que, durante os anos finais da ditadura, asumiu a tarefa da defensa da lingua e a cultura galegas, despregando un importante labor de dinamización na cidade.