A Coruña

Podemos e Esquerda Unida anunciaron esta segunda feira a súa candidatura conxunta ás municipais na Coruña (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

Podemos e Esquerda Unida anuncian a súa alianza na Coruña mentres esperan resposta da Marea Atlántica

Podemos e Esquerda Unida explican que concorrerán conxuntamente ás municipais e abren a porta a unha "fronte ampla" coa Marea Atlántica.

Política de pasarela

Olla o trailer de 'Camarada Fraga. Memoria dun fascista'
CULTURA

Olla o trailer de 'Camarada Fraga. Memoria dun fascista'

O documental, que será presentado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña nos próximos días, pretende presentar a “cara B” da biografía de Manuel Fraga con motivo do 100 aniversario do seu nacemento, o 23 de novembro de 2022.

Manuel Fraga foi ministro de Franco, desde 1962 a 1969, e ministro do Goberno español de Arias Navarro que se formou tras a morte do caudillo, desde o 12 de decembro de 1975 até o 1 de xullo de 1976. Nunca ostentou un Ministerio do Estado español após a ditadura.

Nese medio ano, como ministro de Gobernación, estivo á fronte dun aparello represivo que foi protagonista de duras cargas en manifestacións, de detencións arbitrarias e sen garantías, de torturas nos cuarteis e comisarías e, incluso, de disparos mortais sobre traballadores, como en Elda, Tarragona, San Adrián de Besós, Basauri ou no asalto policial á igrexa vitoriana de San Francisco de Agarrades, un masacre que deixou cinco mortos e decenas de feridos.

Un estabelecemento de Hiperxel. (Foto: CCOO)
TRABALLO

Persoal de Hiperxel vai á folga ante os impagamentos e a posíbel entrada en concurso de acredores

"Se non solucionamos este problema, a empresa morre", advirten as e os traballadores.
A recoñecida actriz galega María Casares. (Foto: Europa Press)
CULTURA

Entidades e institucións celebran os 100 anos da actriz María Casares

A AC Alexandre Bóveda organiza unha montaxe teatral sobre a vida da artista coruñesa.
José Sellier foi o autor da foto de voda das agora célebres Elisa e Marcela, as primeiras mulleres casadas pola Igrexa.
Cinema

Realmente foi José Sellier o primeiro en rodar un filme na Galiza?

O vindeiro día 21 conmemórase o centenario da morte de José Sellier, que rodou en 1897 o Entierro del General Sánchez Bregua, considerado durante algún tempo a primeira película rodada na Galiza e mesmo no Estado. Porén, a provisionalidade dos datos sobre o cine da época obriga a revisar as certezas constantemente: unha película dos portugueses Cesar Marques e Alexandre Pais de Azevedo teríase adiantado nuns meses á de Sellier.
As tres propostas finalistas nos Premios Narf: Madalena Gamalho, Mallou e Noar. (Fotos: Komunika Kultura)
CULTURA

Os Premios Narf quecen motores cunha xornada formativa para artistas musicais

A gala final do Concurso Fran Pérez 'Narf' poderá ser seguida o vindeiro 11 de decembro a través da canle de YouTube da área de Cultura da Deputación da Coruña, e será presentada polo xornalista Luís Pardo.
Marsk
ECONOMÍA

A factoría de Maersk na Coruña obriga a duplicar a potencia eólica da Galiza

73 proxectos para a xeración de hidróxeno verde ou biometanol buscan axudas públicas para instalarse na Galiza. A maioría deles están promovidos por multinacionais estranxeiras que tentan aproveitarse das grandes potencialidades do país para estas producións. O último deles está impulsado por Maersk.

marea atlantica candidatura
POLÍTICA

Marea Atlántica presenta a súa candidatura ás municipais como "proxecto útil" para A Coruña

Ante un posíbel apoio ou confluencia con Sumar, o candidato, Xan Xove, sinala que as portas están abertas a todos, mais aclara que están centrados no proxecto.

Sede do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza. (Foto: Nós Diario)
LINGUA

O TSXG ampara a ordenanza lingüística da Coruña e rexeita o recurso de 'Hablamos Español'

Os maxistrados inciden en que na ordenanza hai "unha invocación de primeira orde, constitucional e estatutaria, do carácter cooficial do castelán".
Protestas pola morte de Masha Amini, en Barcelona. (Foto: Davide Bonaldo / SOPA Images)
INTERNACIONAL

Sen noticias de Ana Baneira, a coruñesa detida no Irán após participar nas protestas

A moza de 24 anos está en paradoiro descoñecido, segundo denuncia a ONG HRANA, após participar nas mobilizacións cidadás pola morte de Masha Amini.
#renfe #tren A liña ficou cortada entre os días 22 e 24 de abril. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Unha avaría na liña ferroviaria A Coruña-Compostela provoca demoras nos trens que van a Vigo e Ourense

Máis alá de situacións puntuais, as plataformas de usuarios e usuarias denuncian as deficiencias estruturais do servizo ferroviario de Renfe.
Balaídos, o campo de fútbol do Celta de Vigo, nunha imaxe de arquivo. (Foto: RCCelta)
DEPORTES

Mundial de fútbol na Galiza? Vigo oficializa o seu desexo de acoller o torneo

A Coruña tamén quere estar entre as 11 sedes escollidas.
Manifestación das traballadoras de Inditex este domingo na Coruña (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

"Fartas de non chegar a fin de mes", traballadoras de Inditex maniféstanse na Coruña

Na marcha, as traballadoras evidenciaron que xa están fartas de "aturar uns salarios de miseria que levan anos conxelados ou que mesmo foron a menos porque se reduciron as comisións".
Isa Risco e Fernando Morán representando Carmen Polo e Francisco Franco este sábado na Coruña (Foto: M. Dylan / Europa Press).
SOCIAL

A Coruña sae á rúa na III Marcha Cívica pola devolución da Casa Cornide

A marcha, que conta co apoio de máis dun centenar de entidades (con representación política, sindical e de organizacións memorialistas), saíu da Praza de María Pita, cun cartaz co lema 'Que devolvan todo o roubado, despois do Pazo de Meirás, recuperación para o pobo da Casa Cornide'.
Panorámica da zona do Portiño, na Coruña (Foto: Guido Álvarez).
star
Caderno 'Gozar'

A Coruña tras a Ronda de Outeiro

Namorado da contorna, da Coruña menos coñecida
Mobilización recente da CIG a prol das traballadoras de Inditex. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Traballadoras de Inditex manifestaranse na Coruña para "exixir salarios dignos"

"Aínda que Inditex se abriu a negociar, as traballadoras consideran totalmente insuficientes as propostas de incrementos que a empresa está pondo enriba da mesa", salientan desde a CIG.
O ex futbolista do Dépor, Donato (Foto: RDC).
SOCIAL

O ex futbolista do Dépor Donato chama a unha "intervención militar" após a vitoria de Lula da Silva

Donato, que tamén fora adestrador do Viveiro, está a ser moi criticado en redes sociais.
Sepultura de John O'Dogherty no cemiterio dos Eidos, en Redondela. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Cales son os cemiterios máis bonitos e senlleiros da Galiza?

O país conta cunha tradición moi vencellada coa morte.
Reunión do Concello de Santiago con axentes económicos e sociais da cidade. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

Compostela apoiará a candidatura da Coruña para acoller a sede da Axencia de Intelixencia Artificial

Xosé Sánchez Bugallo afirmou que porá a disposición da Coruña os recursos da capital da Galiza.