CULTURA
David Veiga (músico): "Nunca escoitara os tres Concertos de Bach xuntos en directo, son un agasallo para o ouvido"
16/mar./24
David Veiga (A Coruña) é violinista e profesor do Conservatorio Profesional da Coruña. Este sábado estará tocando os tres Concertos para violín e orquestra de Johann Sebastian Bach nun espectáculo único que terá lugar no Auditorio do Teatro Afundación de Vigo.