AAG

María López representará Galiza na competición polo Trofeo MacCrimmon. (Foto: Lux)
star
Pezas de mulleres para unha compilación

Gaiteiras de libro: unha escolma das invisibilizadas

'As que dormen no centeo' son, segundo o poema de Rosalía, as que non se conforman co papel que a sociedade lles asigna. Tamén o título dun libro-disco co que a Asociación de Gaiteiros e Gaiteiras Galegas dá a coñecer a obra de 16 mulleres que tocan e compoñen para gaita e cuxo papel no mundo da música é cuestionado pola súa falta de visibilidade. A través desta publicación, a súa obra fala por elas en favor de romper tópicos e prexuízos.