Adega

Protesta o pasado domingo 23 de abril en Santiago de Compostela, convocada por Eólica, Así Non. (Foto: Álvaro Ballesteros  Europa Press)
SOCIAL

Adega exixe a Teresa Ribera unha moratoria aos eólicos na Galiza

A entidade denuncia un "agravio comparativo".
TRaballos para a instalación de eólicos no Oribio (Foto: Adega).
SOCIAL

A xustiza declara nulo definitivamente o parque eólico de Oribio, na Rede Natura 2000

As obras chegaron a comezar en 2019, “provocando importantes danos en terreos de alto valor ecolóxico e cultural”, con presenza de oso pardo, e foron paralizadas preventivamente a instancias de Adega, a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), e a Fundación Ouso Pardo (FOP), que agora exixirán a restauración completa.
Imaxe da 47ª Asemblea Xeral de Adega (Foto: Adega).
SOCIAL

Adega acorda na súa Asemblea Xeral as súas liñas chave: "Loita contra os eólicos e os eucaliptos"

As persoas socias de Adega determinaron “manterse firmes na defensa do territorio contra a invasión eólica”, ás portas da que será a “maior ofensiva da historia da organización fronte aos proxectos eólicos que se autoricen e que teñan un especial impacto sobre o patrimonio natural e cultural, co apoio das plataformas sociais”.
Daniel López Bispo, Alicia López Pardo e Pepe Salvadores, gañadores dos premios Osíxeno de Adega (Foto: Adega).
SOCIAL

Estas son as persoas e entidades gañadoras dos premios Osíxeno e Dioxina de Adega

Adega entregará os premios durante a comida de confraternización que terá lugar o próximo 15 de abril, con motivo da súa 47 Asemblea Xeral, na cidade de Lugo.
Inmediacións do río Rato en Lugo (Foto: Adega).
SOCIAL

Colectivos de Lugo promoven un manifesto en defensa do Val do río Rato e contra a Rolda Leste

Os grupos asinantes do manifesto aseguran que a construción da rolda leste carece de avaliacións ambientais.
Localización dos parques eólicos da empresa EDP (Foto: Adega).
SOCIAL

Adega exixe á Xunta que denegue un terceiro parque eólico sobre os Penedos de Traba

De acordo con Adega, as instalacións do parque Pena dos Mouros, ao igual que os outros despeces (Monte Chan e Soesto) “ocupan unha área incluída nas dúas propostas de ampliación da Rede Natura 2000 de Galiza (2008 e 2012), presentadas pola Xunta.
Monte de San Cibrán, en Carnota. (Foto: Adega)
SOCIAL

A Xunta causa danos a unha poboación de carballo anano

Adega critica os traballos forestais no Pindo
Lagoa da comarca da Ulloa que presenta un mal estado da calidade da auga. (Foto: Adega)
SOCIAL

Adega urxe protexer os caudais do Ulla e Xallas ante Altri e Xeal

Reclama priorizar o uso ambiental da auga sobre o industrial
Parque eólico na serra do Candán, nas comarcas do Deza e Terra de Montes. (Foto: Arxina)
SOCIAL

Colectivos ecoloxistas urxen unha reunión con Teresa Ribera

Adega, Bierzo Aire Limpo, PDCC e SGO demandan un encontro coa ministra na súa próxima visita a Ponferrada diante dunha situación "fóra de control" que "preocupa amplos sectores da sociedade galega, lionesa e berciana".
Planificación do novo proxecto solar na Gudiña (Foto: Adega).
SOCIAL

Unha empresa de Madrid promove unha 'macroplanta solar' na Gudiña que ameaza aguias reais

En opinión de Adega, “volven repetirse os erros acontecidos co desenvolvemento eólico cunha implantación desordenada e claramente especulativa".
Unha bandada de gaivotas fronte a un parque de eólica mariña nos Países Baixos. (Foto: Gigra)
Día do Naturalismo Galego

Ecoloxistas denuncian a "preparación" dun "crime perfecto" fronte ás costas galegas coa eólica mariña

"En aplicación do principio de 'primeiro, investigación, e despois, ordenación', o POEM debería plantexar estudos e prudencia, e non situar esas 'Zonas potenciais para o desenvolvemento da enerxía eólica mariña' en lugares cuxa importancia para as aves podemos certamente supor á vista dos resultados das investigacións", advirten.
Construción dun parque eólico da compañía enerxética galega. (Foto: Greenalia)
SOCIAL

Adega eleva á Fiscalía Xeral do Estado a denuncia contra o "indulto millonario" a Greenalia, arquivada en Santiago

A Fiscalía de área de Santiago vén de notificar á asociación ecoloxista o arquivo da denuncia presentada por "eximir" a Xunta a Greenalia do pagamento de máis de 11 millóns de euros en relación co concurso eólico de 2010.
Retrato do Padre Sarmiento elaborado por Francisco Muntaner.
Medio Ambiente

O 9 de marzo, data de nacemento do Padre Sarmiento, será o Día do Naturalismo Galego

Colectivos ecoloxistas impulsan un recoñecemento ao Padre Martín Sarmiento, "un dos primeiros naturalistas da Galiza" e cuns estudos "desprezados polos gobernantes".
Sede da Valedora do Pobo, en Santiago de Compostela. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Denuncian na Valedora o "veto" no Consello de Medio Ambiente ao debate eólico

Adega, FEG e SGHN denuncian o "continuo desprezo" da presidenta deste órgano, a conselleira Ángeles Vázquez, por "negarse reiteradamente" a debater sobre as "repercusións no medio ambiente do actual 'boom' eólico".
Encoro das Cunhas, no municipio de Bande (A Baixa Limia). (Foto: Adega)
SOCIAL

O Ministerio denega unha megacentral de bombeo de Naturgy na Baixa Limia

O Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico denegou onte a autorización para a construción dunha megacentral de bombeo na comarca da Baixa Limia.
Parque eólico na serra do Candán, entre as comarcas do Carballiño, Terra de Montes e Deza. (Foto: Arxina)
SOCIAL

O movemento ecoloxista desmárcase do Consello de Medio Ambiente "mentres a Xunta vete o debate eólico"

As entidades representadas acudirán en amparo á Valedora do Pobo para que inste a Xunta a permitir aos vogais "o libre exercicio das súas competencias".
Extensión da canteira e treito do Camiño de Santiago (en liña continua) que discorre canda ela. (Foto: Adega)
SOCIAL

Denuncian danos reiterados no Camiño do Norte a Santiago por unha canteira

"Patrimonio comproba novamente os feitos denunciados e, no canto de actuar contra os responsábeis, comeza un proceso para descatalogar os bens patrimoniais do monte da Trinidade argumentando a inexistencia destes bens", denuncia Adega.
Visóns americanos nunha gaiola (Foto: WWF).
SOCIAL

Urxen a Xunta a fechar as granxas de visóns por "risco biolóxico"

Tras un vídeo realizado pola Fundación Franz Weber que denuncia a "falta de bioseguridade" nas granxas de visións, organizacións como a Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) demandan o seu feche inmediato.
Na Galiza hai 4.000 aeroxeradores eólicos en funcionamento. (Foto: Pedro Sala)
SOCIAL

Adega valora levar aos tribunais o parque eólico O Picato, o primeiro de Lugo

As instalacións proxéctanse "nunha zona moi sensíbel, na reserva da biosfera, en zona de protección de aves".
Construción dun parque eólico da compañía enerxética galega. (Foto: Greenalia)
SOCIAL

Adega logra paralizar o "macroeólico" de Greenalia dividido en tres parques

A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) e a PDCC (Plataforma en Defensa da Cordilleira Cantábrica) interpuxeron os correspondentes contenciosos contra as autorizacións da Xunta a estes tres parques, solicitando tamén a súa paralización cautelar.