CULTURA
Alberto Oubiña, concelleiro de Mocidade de Pontevedra: "É moi importante que a nosa lingua poida estar no mundo dos videoxogos"
27/ago./22
O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle hoxe e mañá, 27 e 28 de agosto a primeira edición do Lérez Up, unha cita de lecer e encontro dedicada ao mundo dos videoxogos e a cultura friqui, un salón aberto a todos os públicos, a xogadores expertos mais tamén a quen queira aproximarse sen complexos ao cosplay, ao deseño de novas propostas e a artistas locais mais chegados de fóra da Galiza. Nós Diario conversa sobre a estrea deste salón con Alberto Oubiña, edil de Xuventude de Pontevedra.