Alcoa

Alcoa ou a economía produtiva .

Bankia, a grande entidade sistémica na que o Estado español inxectou case 24.000 millóns de euros, estafou os investidores canda a súa saída a bolsa do 2011. Seica os seus xestores, dirixidos, quer por Rato, quer por Goirizorri, falsearon os seus dados contábeis para reducir os seus pasivos. 

ECONOMÍA

Rebaixan o triunfalismo de Feijóo na tarifa eléctrica para Alcoa

A orde ministerial que anunciou o candidato popular que mantén  a tarifa eléctrica en Alcoa non sería máis que unha simple proposta do Ministerio á Comisión de Enerxía, apuntan na sección da CIG nesta planta.
Eleccions2012

O PSdeG brindará o seu “apoio total” a Feijóo sobre Alcoa “cando publique no BOE” os seus compromisos

Pachi Vázquez carga contra “as mentiras de Feijóo” e pon en cuestión o anuncio realizado nun mitin polo candidato popular de que se manterá a tarifa eléctrica para a factoría de Alcoa.
ECONOMÍA

Feijóo anuncia nun mitin na Mariña que Alcoa manterá a tarifa eléctrica competitiva

O candidato popular, Núñez Feijóo, anunciou nun acto electoral en Foz que o ministro de Industria xa asinou a orde para que Alcoa manteña o prezo pola electricidade
Manifestación por Alcoa
ECONOMÍA

Marcha dos operarios de Alcoa en defensa dos empregos e a continuidade da actividade

Os traballadores da factoría da Coruña protagonizaron unha marcha, mentres que o cadro de persoal de Alcoa en San Cibrao cortou o tráfico rodado en demanda de solucións
Eleccions2012

O PSdeG súmase á demanda de solucións para Alcoa e o naval

Rubalcaba e Pachi Vázquez fixeron este sábado campaña en Viveiro e Ferrol, onde puxeron ao PSdeG como garantía fronte á destrución de emprego que representa, afirman, o PP no goberno
Jose Manuel Soria, ministro de industria
ECONOMÍA

O ministro Soria visita Alcoa con promesas das cales os sindicatos recean

José Manuel Soria dixo que “garante” a viabilidade das plantas galegas, mais o Comité de empresa non fica convencido cunhas palabras sen concreción feitas en campaña electoral. Ana Pontón responsabilizou a Xunta da situación “pola falta de políticas industriais” do executivo.
ECONOMÍA

"Isto é a guerra, Alcoa non se pecha"

Centos de traballadores das factorías de Alcoa na Galiza, apoiados por compañeiros de Asturies e Euskal Herria, concentráronse ante a sé da Xunta para demandar unha solución que evite o esmorecemento das factorías e a perda de milleiros de empregos
concentración en Burela. Foto: El Progreso
Galiza

A Mariña apagouse para defender Alcoa

Durante 15 minutos, A Mariña apagou a luz para reclamar unha solución para a factoría. Ao tempo, máis de 2.500 persoas concentrábanse en Burela en apoio aos traballadores de Alcoa
Obreir@s de Alcoa frente a Xunta da Galiza
ECONOMÍA

Apagón de 15 minutos na Mariña esta quinta en apoio a Alcoa

O comité de empresa da factoría de San Cibrao convoca a cidadanía a secundar este acto simbólico
Foto: @VilarLeticia
ECONOMÍA

Centos de persoas, máis unha vez, na defensa dunha solución para Alcoa

Por volta de mil persoas mobilizáronse en San Cibrao para exixiren a continuidade da factoría e dos seus postos de traballo
Alcoa San Cibrao
ECONOMÍA

Solicitan que se trate no Parlamento a situación límite de Alcoa

O BNG urxe a unha reunión da Deputación Permanente ante a incertidume de se a empresa terá unha tarifa eléctrica competitiva. Alcoa emprega a máis de 2.000 persoas na Mariña
Foto: @VilarLeticia
ECONOMÍA

Miles marchan en Viveiro nunha gran manifestación na defensa de Alcoa

Milleiros de persoas asistiron á mobilización convocada en Viveiro na defensa da continuidade de Alcoa e o mantemento dos seus 2.000 postos de traballo.
Alcoa San Cibrao
SOCIAL

Alcoa consome tanta electricidade como o 74% dos fogares galegos

Adega arremete contra a factoría, que deixa unha pegada ecolóxica equivalente ás 3/4 partes da poboación da Galiza. Exixen que non use os postos de traballo ''como escudos humanos'' para non deslocalizar a produción a cambio dunha baixada no prezo da luz. A cidadanía paga un 3,95% máis desde o 1 de xullo
Arranque da marcha
ECONOMÍA

Marchan a pé 80 quilómetros para defenderen o emprego en Alcoa Inespal

A Sección Sindical da CIG demanda un plan industrial que garanta o mantemento da produción e os empregos da factoría da Coruña
xuntanza do BNG con representantes de Alcoa
ECONOMÍA

BNG reclama a Xunta e Madrid compromisos que eviten a deslocalización de Alcoa

Francisco Jorquera reuniuse con representantes do cadro de persoal da factoría principal e das industrias auxiliares de Alcoa, que xera 2.000 empregos directos na Mariña.
Alcoa San Cibrao
ECONOMÍA

Persoal da auxiliar de Alcoa fará folga todas as segundas feiras

A empresa vén de aplicar, de forma unilateral, recortes en prestacións e dereitos
As instalacións de Alcoa en San Cibrao, no municipio de Cervo, na comarca da Mariña (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
ECONOMÍA

Alcoa anuncia contactos para a venda da factoría: as centrais sindicais requiren máis información

O Ministerio español de Industria anunciou esta terza feira que a reunión de seguimento da actividade en Alcoa terá lugar o vindeiro 4 de abril, un comunicado que coincidiu co anuncio da multinacional de que está a "iniciar contactos con potenciais compradores" do complexo industrial de San Cibrao. O comité de empresa critica "unha forma de actuar pouco seria por parte da compañía".