Anova

POLÍTICA

O 80,68% da militancia de Anova refrenda o acordo con Podemos e IU

A consulta telemática tivo unha participación do 50,1%.

O PARTIDO DE BEIRAS CONDICIONA ESTE ACORDO AO AVAL DAS 'MAREAS'

'En Marea' reserva o 1 por A Coruña para Podemos e por Pontevedra para Anova

Así se establece no acordo político para as eleccións do 20-D asinado por ambas as dúas formacións e Esquerda Unida. No documento fálase desde a adscripción dos posíbeis deputados eleitos até os nomes e logos a figurar nas papeletas de votación.

Falen BNG e Anova, entre eles e ao público

O proceso iniciado en Xuño para crear unha candidatura nacional galega ben pode ser que fracase

POLÍTICA

Anova, EU e Podemos defenden o acordo como un chanzo no proceso de confluencia

Breogán Riobóo, Yolanda Díaz e Xosé Manuel Beiras presentaron o texto como "inclusivo" e "aberto" para se sumaren outros "actores".

POLÍTICA

Anova, Esquerda Unida e Podemos presentan o seu pre-acordo político

Será na Praza de Mazarelos (Compostela) esta sexta feira ás 18h nun acto aberto no que estarán os alcaldes de Ferrol, Compostela e A Coruña. 

Mistificação de Anova, Podemos e IU

A linguagem política pretende muitas vezes, em vez de transmitir uma mensagem diáfana e clara, encobri-la

Beiras Anova
APRESENTARáN UN DOCUMENTO POLíTICO A VINDEIRA SEMANA

Anova, EU e Podemos poñen como referencia "os espazos de confluencia" das municipais

Fraseoloxía de Pablo Iglesias e teses beiristas dan corpo a un primeiro comunicado conxunto de Anova, Podemos e EU. No plano eleitoral din estaren dispostos a falar con "moitos outros actores".

Xavier Vence
POLÍTICA

BNG chama fraude ao acordo de Anova, EU e Podemos e di que non estará nunha lista estatal

A candidatura de país non pode ter como obxectivo facer ministro a Pablo Iglesias. Así o afirmou esta quinta feira Xavier Vence.

O COLECTIVO APRESENTA O ACTO QUE REALIZARá O DOMINGO EN COMPOSTELA

Iniciativa pola Unión critica o "acordo entre cúpulas" de Anova, EU e Podemos

O colectivo cívico compareceu esta cuarta feira para apresentar o encontro nacional que irá realizar o domingo en Compostela (10 h, Auditorio). A imprensa interesouse pola noticia do día: o pre-acordo entre Anova, EU e Podemos. Para Iniciativa pola Unión, estamos ante un "acordo entre cúpulas" e del non pode xurdir unha candidatura "nacional, galega e unitaria".

Anova2
Só HAI UN PREACORDO SOBRE UN "DOCUMENTO EN CHAVE POLíTICA"

Anova esclarece que non chegou a ningún "acordo eleitoral" con Podemos e EU

Ante o aparecimento de diversas noticias que apuntaban a un inminente acordo con Podemos e EU, Sermos púxose en contacto con fontes da dirección de Anova. Na conversa esclareceron que Anova non chegou a "ningún acordo eleitoral"  coa esquerda estatal e que o "preacordo" é só sobre un "documento de tipo político".

POLÍTICA

Noriega anuncia un pre-acordo entre Anova, Podemos e EU para as xerais

Nos Almorzos do Galicia por Diante asegurou que está a piques de culminar e que "as portas para o BNG non están fechadas".

AGORA GALIZA

Apela o BNG a non ceder na auto-organización e Anova a rachar co “españolismo”

A forza independentista di que unha candidatura galega debería nacer dun proceso asemblear e cun programa “xenuinamente soberanista, antineoliberal e feminista”.

Pablo Iglesias e Xosé Manuel Beiras
ANUNCIA ENCONTROS POSTERIORES CON BNG E IU

Anova abre un diálogo con Podemos-Galicia e identifica "importantes coincidencias"

Através dun comunicado de imprensa, Anova anuncia que xa mantivo contactos con Podemos, dentro da rolda de encontros que terá con organizacións potencialmente aliadas para as vindeiras xerais.

Vence 17 M, Día das Letras Galegas 2015
POLÍTICA

Vence ve "compatíbel" a resolución de Anova coa proposta do BNG dunha "candidatura nacional"

Xavier Vence reitera a dispoñibilidade a falar "con todas as forzas galegas" para unha lista que "defenda os intereses de Galiza" e advoguen por unha representación "propia e soberana" no Congreso.

podemos portada
NORIEGA SAúDA A PROPOSTA DUN GRUPO PARLAMENTAR GALEGO

Pablo Iglesias ve o acordo con Anova e IU "moi perto"

O secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, mantiveron unha reunión sobre a posibilidades de concorrencia ás eleccións estatais.

ACEITA UN GRUPO PARLAMENTAR GALEGO, MAIS ALIADO CO DE PODEMOS

O enroque de Pablo Iglesias nas súas siglas dificulta o acordo con Anova e EU

Persisten as diferenzas entre os componentes partidarios que nuclearon as mareas nas municipais e Podemos, cara a unha hipotética confluencia nas xerais. O principal atranco, a insistencia de Pablo Iglesias en arrogarse o papel de principal referente do cambio político, simbolizado na defensa numantina das súas siglas.

POLÍTICA

Anova explora sumarse a unha mobilización unitaria no Día da Patria

A Irmandade Nacionalista avanzou que abrirá “conversas cos diferentes partidos e persoas” -que convocan tradicionalmente os actos- “para coñecer as posicións e valorar a vontade de participar nun 25 de xullo no que o protagonista sexa a cidadanía que integra a nación galega”

POLÍTICA

Anova anuncia que nas xerais non vai renunciar ao “perfil propio” do pobo galego

A Irmandade Nacionalista entende que deber ser a cidadanía quen decida en que forma se concreta a unidade popular nesas eleccións, mais aposta pola fórmula ensaiada nas locais.

MUNICIPAIS 2015

Anova concorrerá con candidatura propia en Ourense

Após a súa saída de Ourense en común presentará listaxe electoral aos comicios de maio.

POLÍTICA

Anova podería abandonar Ourense en Común

A formación avaliará a súa continuidade ou saída do movemento político logo da retirada de Podemos, CxG e Iniciativa por Ourense.