audiovisual

Acto de A Mesa coas forzas do concello de Santiago de Compostela o 28 de outubro. (Foto: Nós Diario) #galego #audiovisual #amesa
LINGUA

O Estado español é o que esixe a Netflix máis garantías para o seu idioma

España é, con Francia, o que máis garantías esixe a plataformas dixitais como Netflix para promover o seu idioma. Mais faino, en detrimento das outras linguas oficiais propias do Estado español, que fican desprotexidas. No caso do galego, tan só se ofrece unha serie das 4.339 na lingua propia da Galiza.
As e os concelleiros, na praza do Obradoiro apoiando a concentración convocada pola Mesa nesta quinta feira (Foto: Nós Diario).
LINGUA

Compostela, primeiro concello en apoiar a moción 'Xabarín 2.0'

Unanimidade no pleno municipal para defender a iniciativa da Mesa que quere 'blindar' o galego no audiovisual.
Visualización dunha obra audiovisual nunha plataforma dixital (Foto: Marta Fernández / Europa Press).
LINGUA

Piden garantir por lei a presenza do galego nas plataformas audiovisuais

Iniciativa do BNG no Congreso para que a Lei do Audiovisual blinde a pluralidade lingüística.
a mesa
LINGUA

Santiago abre a billa para o apoio dos concellos galegos a máis galego no audiovisual

Unanimidade na capital galega para apoiar a moción Xabarín 2.0 polo galego na Lei do Audiovisual

mando tv
LINGUA

‘Apaga TVE’: A Mesa chama a ver só as emisións en galego na Televisión española o vindeiro día 11

A iniciativa quer denunciar a escasa presenza da lingua propia da Galiza na canle pública.

 

Ana Domínguez prepara as proxeccións da súa intervención, as únicas exhibidas directamente en celuloide. (Foto: Tamara de la Fuente)
star
Reportaxes

Cando o cinema habita a rúa: Un paseo polo Play Doc

Un ano máis, o Play Doc de Tui colocou Galiza no epicentro audiovisual coa súa arriscada aposta na vangarda documental. Aliás, repetiuse unha experiencia pouco común, que malia ter a súa orixe marcada pola pandemia semella con forza para ficar: os Cinema-Percorridos. Esta sorte de roteiros estéticos a través da vila sacan fóra das salas a creación fílmica, traballan o patrimonio inmaterial da veciñanza a través do vídeo doméstico e poñen en valor a arquitectura da contorna.
netflix
LINGUA

Calviño, sobre as críticas á lei audiovisual: "O castelán é a lingua que permite un papel poderoso"

A vicepresidenta primeira prometeu escoitar os diferentes puntos de vista que piden máis presencia de galego, vasco e catalán. 
Sesión de traballo da Mesa con representates dos tres grupos parlamentarios, acordes coa protección do galego na Lei do audiovisual.
star
LINGUA

A protección do galego, a debate no audiovisual: Hai que obrigar as grandes plataformas a incluílo?

A presenza de galego, éuscaro e catalán nas grandes plataformas de televisión por internet é case nula nun momento en que servizos como o de Netflix, HBO ou Disney+ están entre as escollas principais das consumidoras de audiovisual. O proxecto de lei que prevé regular o sector nos próximos anos non reserva cotas específicas para os idiomas oficiais, alén do castelán, no Estado español malia a demanda expresa de axentes pola lingua e Gobernos territoriais, e o deber de preservar a "diversidade cultural" e a "pluralidade lingüística". Un paso necesario para asegurar o futuro do idioma ligado ao da propia industria.
a mesa parlamento pp bng e psoe
LINGUA

Unanimidade parlamentar para que a a nova Lei do audiovisual do Estado non marxine o galego

A Mesa inicia no Parlamento de Galiza, acompañada por todas as forzas políticas, unha campaña para exixir que a nova lei iguale para a nosa lingua as cotas estabelecidas para o castelán nas plataformas dixitais, tal e como contemplaba a iniciativa Xabarín aprobada por unanimidade o pasado mes de maio.

Netflix non entende a Moraima

Fotograma do filme 'Arima', con guión e dirección de Jaione Camborda (Foto: Arima).
CULTURA

Cinemas Ocultos pon o foco no audiovisual galego

As últimas producións cinematográficas galegas vertebran toda a programación do ciclo Cinemas Ocultos, impulsado desde a XVI Semana de Cine de Cangas. Unha boa panorámica que inclúe longas, curtas e documentais ao carón dunha programación paralela arredor do mundo do cinema.
a mesa
LINGUA

Galego, éuscaro e catalán, excluídos da Lei xeral de comunicación audiovisual

O texto non reserva cotas específicas para as linguas cooficiais do Estado.
Detalle da campaña en redes sociais da plataforma SOS ficción en galego.
SOCIAL

Profesionais do audiovisual lanzan un SOS: "Non deixes morrer a ficción en galego"

Traballadores e traballadoras do sector audiovisual da Galiza instan a TVG a mudar as súas políticas e a protexer a ficción en galego.
Unha persoa visualiza Netflix no seu teléfono móbil. (Foto: Europa Press)
LINGUA

Galego, euskera e catalán quedan fóra da nova Lei Audiovisual estatal

As linguas cooficiais do Estado español foron excluídas da Lei Xeral de Comunicación Audiovisual para ver garantida a súa protección nas plataformas de contidos á carta. O proxecto non recolle ningunha das demandas a favor do  galego, euskara, catalán, segundo adianta 'El Periódico'.

avoa
SOCIAL

Adela Otero, produtora: “Se estou onde estou é porque tiven moito apoio de moitas persoas, entre elas as miñas avoas”

Adela Otero é unha produtora galega emerxente que acaba de sacar á luz o seu primeiro proxecto profesional, AVOA producións. Adela, cunha ampla bagaxe laboral no eido do sector audiovisual, ten moi clara as orixes do seu proxecto, as súas motivacións e, sobre todo, a onde espera chegar co seu proxecto. Ademais, analiza de xeito crítico cal é o panorama actual do sector audiovisual na Galiza e que apoio recibe un dos sectores máis punteiros do noso país por parte das institucións públicas.
 
Instalación de Roi Fernández en 2020.
CULTURA

Play Doc propón un roteiro audiovisual nocturno por Tui

Play-Doc contará coa participación de seis vídeo artistas de recoñecido talento para transformar o espazo público.
dores
Coral Piñeiro é directora de 'Dores'

Coral Piñeiro: “Non coñecer o noso pasado permítenos deformalo e fai que xamais aprendamos del”

Dores é unha curtametraxe documental de Maite Martínez, Coral Piñeiro, Laura Piñeiro e Clara Miñán. Nela tratan de mostrar algunhas das pegadas que o franquismo deixou na Galiza nas pequenas vilas, lonxe dos grandes focos mediáticos. A obra permite, en palabras das súas creadoras, “entrar en contacto con relatos que requiren de gran sensibilidade á hora de tratalos”.
a mesa
LINGUA

Demandan un mínimo de contidos en galego na programación audiovisual de plataformas dixitais

Arrinca a segunda fase da “Iniciativa Xabarín”

María González, á esquerda, xunto a Paula Castiñeira, na baleeira de Cee. (Foto: Nós Diario) #cee #baleeira #documental #audiovisual #paulacastiñeira #maríagonzález
María González é cocreadora de "Caneliñas, a costa das baleas"

María González: “Caneliñas foi un berce do feminismo na Galiza”

"Caneliñas, a costa das baleas" é o primeiro proxecto audiovisual das xornalistas María González e Paula Castiñeira. O documental, que conta a historia da antiga baleeira de Cee, unha das máis importantes de toda a Península Ibérica, xoga o dobre papel de dar valor á historia da Galiza obreira do século XX, e en especial das mulleres da Costa da Morte; e dar visibilidade a unha situación medioambiental grave: a caza indiscriminada de baleas. Unha historia chea de contrastes e magnificamente contada.
Manuel Barreiro é colaborador de ‘Sermos Galiza’, onde conta cunha columna sobre banda deseñada. (Foto: Nós Diario) #manuelbarreiro #lingua #premio #galego #sermosgaliza
LINGUA

Manuel Barreiro: "A lingua galega é unha vantaxe competitiva fronte ás grandes compañías de comunicación"

Manuel Barreiro vén de recibir o premio María Luz Morales ao ensaio escrito sobre o audiovisual galego polo seu traballo Hai alguén aí? O reto das novas plataformas e o futuro dos nosos medios públicos. O certame, organizado pola Academia Galega do Audiovisual e no que colaboran as deputacións, promove a investigación científica e teórica no ámbito audiovisual. Un galardón que o propio Barreiro non agardaba obter, como el recoñece, pero que recibiu con “inmensa ledicia”.