audiovisual

Stephanie Gómez (Imaxe: Nós Diario)
CULTURA

Stephanie Gómez, carballesa de 25 anos nomeada a un Emmy: "Na Galiza cremos que estas cousas non pasan, pero non é así"

Stephanie Gómez Vieites ten 25 anos, é de Carballo e este sábado podería gañar un premio Emmy como parte do equipo de 'Made in America', unha curtametraxe que aborda a inserción dunha familia de orixe latina que emigra aos EUA.

Pérez Becerra
CULTURA

Álvaro Pérez Becerra, novo presidente da Academia Galega do Audiovisual

Está acompañado na vicepresidencia polo guionista e produtor Pepe Coira e a actriz e cineasta Sonia Méndez.

Festival de Cans
CULTURA

Máis de 200 obras de diferentes países inscritas para o XVIII Festival de Cans

Por vez primeira o festival, que se celebrará en setembro, superará os 10.000 euros en premios.

Alexandre Brea e Álvaro Toimil lanzaron ‘A poesía está morta’. (Foto: Nós Diario)
Alexandre Brea e Álvaro Toimil son os creadores dun proxecto audiovisual

Alexandre Brea: “Xa están publicadas as pezas que conforman ‘A poesía está morta’, pero temos máis ideas”

Alexandre Brea, creador de 'A poesía está morta' xunto co seu compañeiro Álvaro Toimil, explica en que consiste o proxecto, estreado o 31 de decembro do pasado 2020, e fala da temática dos poemas que o conforman. Brea, autor dos textos, e Toimil, creador dos vídeos e da estética das pezas, pretenden actualizar o formato da poesía tradicional mediante a produción de obras audiovisuais que poidan resultar máis atractivas para a mocidade.
Maria Mera
star
Protagonista na serie "O sabor das margaridas"

María Mera, 'O sabor das margaridas': "A lingua galega enriquece a serie"

A actriz e xornalista María Mera protagoniza 'O sabor das margaridas', primeira serie galega publicada en Netflix que vén de estrear a segunda temporada na plataforma. A súa personaxe, Eva Mayo, rompe con moitos tópicos do audiovisual: "Non lle preocupa a estética e até semella que hai días que non se ducha", comenta a actriz en conversa con 'Nós Diario'. Mera expón as dificultades da preparación deste papel e a importancia da internacionalización das producións galegas. 
auiovisual
CULTURA

A desigualdade de xénero no sector audiovisual galego

Ante a desigualdade de xénero nalgunhas especialidades finalistas nos Premios Mestre Mateo, profesionais do sector audiovisual galego expoñen en conversa con 'Nós Diario' a actual situación do sector. A secretaria da Academia Galega do Audiovisual, Saamira Ganay, sinala que, a pesar do moito que fica por facer, as cifras de mulleres profesionais van en aumento e destaca unha particularidade galega: contar historias sobre mulleres do ámbito rural. 
Lucía Veiga, presentadora da gala e 'De Vacas' xunto a Guillerme Fernández, responsábeis da música en directo.
CULTURA

'Ons', gran triunfadora dos Mestre Mateo con nove galardóns

A illa das mentiras, de Paula Cons, levou cinco premios. Antón Durán 'Morris' e Melania Cruz, resultaron vencedores nas categorías de mellor interpretación protagonista polo seu papel no filme vencedor, dirixido por Alfonso Zarauza.
A Mesa logra máis de 33.000 sinaturas para a Iniciativa Xabarín
LINGUA

A iniciativa Xabarín entra no Parlamento

33.000 sinaturas reivindican unha canle 'Xabarín' co fin de incrementar a oferta audiovisual en galego dirixida ás crianzas.
xelaariasrag
'A palabra esgazada' e 'Onde canta a poeta' son dúas series documentais

Programación audiovisual dedicada a Xela Arias

A Real Academia Galega fai pública a súa programación audiovisual para homenaxear a poeta Xela Arias, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas de 2021.
Estrea galega de 'Lúa Vermella',
de Lois Patiño, durante o Curtocircuíto,
no Teatro Principal de Compostela. (Foto: Curtocircuito)
star
Informe de Proxecta

As creacións galegas superan 75% do programa en máis 40% dos festivais audiovisuais

Os contidos de orixe galega teñen unha elevada presenza nos festivais de cinema do país. É unha das conclusións que coloca sobre a mesa o informe que vén de facer público Proxecta, a coordinadora destas mostras, no que tamén se tratan aspectos como a menor poncertaxe de mulleres quer na organización quer como empregadas ou o limitado orzamento privado dos certames. 
Sergio Pazos, Victoria Guerra e Monti Castiñeiras. (Foto: Portocabo / SPi)
CULTURA

A segunda tempada de 'Auga Seca' amplía a produción orixinal en galego da HBO

Comeza a rodaxe en Vigo a próxima semana
Imaxe de arquivo da lectura dos finalistas doutra edición. (Foto: Europa Press)
CULTURA

Aprazan os Mestre Mateo debido á evolución da pandemia

A Academia Galega do Audiovisual comunica que, dadas as novas restricións que entran en vigor esta terza feira, a entrega de galardóns adíase até o 10 de abril.
Tito Asorey
CULTURA

Os Premios Mestre Mateo entregaranse o 27 de febreiro no Teatro Colón

Tito Asorey e Lucía Veiga son as persoas encargadas de dirixir e presentar a gala. As candidaturas finalistas anunciaranse o próximo 1 de febreiro.
pedreiraoural
Poetas da Mariña e do occidente de Asturias

'Goxo de pano fino', o ciclo de creación lírica e audiovisual

A área de Cultura da Deputación de Lugo promove, desde hoxe, o ciclo de poesía multidisciplinar "Goxo de pano fino", dirixido polas artistas Ugía Pedreira e Marina Oural e que reúne doce creadoras e creadores da Mariña e mais do Occidente asturiano.
Fotograma de 'María Solinha' (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Butacas baleiras: a nova paisaxe das salas de cinema

Desde a súa progresiva reapertura en xuño tras o confinamento, as salas de cinema pasaron por distintos niveis de restricións, sobre todo no que atinxe á capacidade. As pequenas parecen ser as que están a resistir "mellor", mais non sen trabas. A chave: modelos de proximidade e programación menos dependentes das grandes estreas. Varias persoas responsábeis dalgúns destes proxectos explican a Sermos Galiza as dificultades que están a atopar e as perspectivas de cara a 2021.
Xabarín Club (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Aí vén o Xabarín! Televisión para unha nova xeración

O fenómeno Xabarín foi un fito histórico da televisión galega e un referente para unha xeración enteira. Situouse na vangarda do audiovisual e descubriu todo un mundo de entretemento infantil e xuvenil moderno e de calidade. Actualmente, presta nome e imaxe a unha iniciativa popular que pretende chegar ao Parlamento para devolver o galego á mocidade a través de programación específica. Seguimos as pegadas do Xabarín e descubrimos o camiño ao futuro da televisión na nosa lingua.
'Papá, por que quitas a música?' (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

CURTOcircuíto: así abrolla o novo audiovisual

Durante esta semana tivo lugar en Compostela o Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto, nunha edición que apostaba con forza nas novas xeracións de creadoras e creadores da Galiza. Sermos Galiza ofrece un repaso dalgunhas das pezas que se puideron observar estes días, mostra da fertilidade coa que agroma o audiovisual, singular e diverso, que fará mañá máis frondosa a foresta, parafraseando o título do segundo volume do magnífico Para unha historia do cinema en lingua galega, coordinado por Margarida Ledo Andión.
Fotograma da serie 'Pratos Combinados' (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

En serie: pasado e futuro da ficción por capítulos

O ano pasado foi de ouro para o cinema galego, con ese acontecemento sen precedentes que significou a estrea d’O que arde e a súa conexión co público. Porén, tamén evidencia un importante fito a incorporación de audiovisual na nosa lingua dentro da plataforma Netflix, seguida este ano pola entrada na HBO. Facemos un repaso á historia da ficción galega en serie, coa vista posta nas oportunidades que presentan estes novos espazos.
AUGA_SECA_2
star
Reportaxes

Versión Orixinal Subtitulada: Unha oportunidade para as linguas minorizadas

Veñen de lanzarse á grella televisiva dúas series de televisión relacionadas coa Galiza: Néboa (TVE) e Auga Seca (TVG e RTP). A primeira segue a estela de Fariña deixando fóra do marco a nosa lingua, que non o acento, denotando as dinámicas dun mercado no que o galego é observado como sobrecusto. A segunda parte do acordo estratéxico asinado entre as televisións galega e portuguesa para a creación de contido conxunto. Estes dous feitos lévannos a analizar dous sistemas de distribucións, dobraxe e subtitulado que determinan dinámicas e oportunidades diferentes para a circulación do audiovisual galego.
Alfonso Zarauza (Foto: Lucía Estévez).
star
Entrevistas

Alfonso zarauza: no ronsel da verdade

O último filme de Alfonso Zarauza (Compostela, 1973) estréase na Galiza, logo da premiere no Festival de Sevilla esta semana, na clausura do Cineuropa en Santiago, o próximo domingo. O director recibe ademais o Premio de Honra nun festival no que se educou cinematograficamente. Coa consciencia de que as súas mellores obras están aínda "por chegar", presenta a potencia espida dunha película sen grandes atavíos, que consegue captar a autenticidade do íntimo. Ons é un chanzo máis nesa procura, cunha linguaxe que sabe da duración e venera o fóra de campo, da verdade. Ou algo que lle arremede, como só o mellor cinema pode.