Desde a formación que encabeza Marta Lois entenden que o PP está a realizar unha "apropiación ilexítima da imaxe do goberno de todas as galegas e galegos".
As redes sociais estalan contra unha publicación da deputada do PP Ana Vázquez visitando a veciñanza de Bande 'porta a porta' para pedir o voto acompañada da alcaldesa do municipio, que vestía unha chaqueta co logo do Goberno galego.
O polémico alcalde que se confesa admirador do ditador Francisco Franco podería alcanzar o medio século no cargo se renova a Alcaldía, algo que logrou con maioría absoluta en todas e cada unha das eleccións democráticas celebradas desde 1979.
25 son os aeroxeradores que a enerxética ACS busca situar entre os concellos de Bande, Rairiz e Verea, nun 'macroproxecto' eólico que afectaría dúas reservas da biosfera. O colectivo Stop Eólicos denuncia que a compañía comezou negociar no verán coas comunidades de montes sen ofrecer toda a información sobre as súas intencións na contorna.
Ignacio Fernández (Bande, 1995) conseguiu a medalla de ouro en dobres mixtos no Campionato Internacional de Parabádminton de Irlanda. Toda unha vida de superación que olla cara novas metas como o Mundial de Toquio, onde participará en todas as modalidades, ou os Xogos Paralímpicos.