cancro

Campaña solidaria nun supermercado Gadis. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Gadis recada con achegas de clientes máis de 14.000 euros para a Asociación Española contra o Cancro

Coincidindo co Día Mundial contra o Cancro, a AECC pon en marcha a nivel estatal esta campaña, da que Gadis participou nos tres últimos anos.
Hospital Clínico de Santiago (Foto: Nós Diario).
Sanidade pública

Denuncian a vulneración de datos das mulleres que acoden ao servizo de detección do cancro de mama en Compostela

CIG-Saúde lembra á Xerencia que debe garantir a confidencialidade como recomendou ao seu persoal con motivo do Día da Protección de Datos.

Cristina Q.N. ofrece o seu testemuño sobre a realidade da Unidade de Oncoloxía do CHUS. (Foto: Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS)
Sanidade pública

O relato da filla dunha paciente de cancro no CHUS: "Non deberían ter que loitar por un servizo en condicións e de calidade"

As doentes de cancro, afirma Cristina Q.N., pasan até sete horas diarias no CHUS polas múltiples demoras para as analíticas, as consultas e os tratamentos. O persoal está "desbordado e esgotado", pois nos últimos anos "aumentaron os pacientes mais non os profesionais", e hai veces nas que deben agardar nun corredor "que fan chamar lista de espera" e polo que pasan moitas persoas.
Promoción da campaña nun dos estabelecementos de Gadis (Foto: Nós Diario).
Agora

Gadis únese a unha campaña contra o cancro entre o 2 e o 11 de febreiro

Gadis unirase de novo á campaña solidaria “A compra da túa vida”. Unha iniciativa que pon en marcha a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) co obxectivo de captar fondos para impulsar a investigación, mellorar as condicións de vida das persoas diagnosticadas con esta enfermidade, así como apoiar a súa contorna familiar. Desta maneira, desde o 2 até o 11 de febreiro, os supermercados Gadis participarán nesta acción.
O evento será o 3 de marzo. (Foto: Concello do Rosal).
DEPORTES

O Trail Adventure Muíños do Folón terá carácter solidario en 2024

A proba será a  beneficio da Asociación Española Contra o Cancro.
Mapa da USC sobre a presenza do Radon na Galiza (Foto: USC).
SOCIAL

Un estudo descobre que a exposición ao gas radon pode relacionarse cunha doenza diferente ao cancro de pulmón

O equipo investigador pertence á Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill (EUA).
Hospital de Lugo (Imaxe: Nós Diario).
SOCIAL

O programa de detección precoz do cancro de cérvix chega a toda Galiza

O cribado de detección precoz do cancro de cérvix chega a toda Galiza, após terse realizado máis de 33.000 probas ás galegas que conforman a poboación diana.

Mapa do potencial radon que pode haber no Estado español. A Galiza sendo a autonomía máis afectada (Foto: Europa Press).
SOCIAL

A Galiza é a autonomía máis afectada polo radon e seguimos sen Plan Estatal

O prazo para presentar o Plan Estatal acabou en febreiro de 2018.

 

 

 

 

Perto dun millar de persoas rodearon o edificio da praza de Lugo na Coruña polo cancro de mama. (Foto: Nós Diario).
Saúde

A investigación e diagnóstico precoz marcan unha supervivencia de 85% ao cancro de mama

"Son anos de grandes avances no tratamento do cancro de mama e estamos logrando que as nosas pacientes vivan máis e mellor". Con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama, especialistas en oncoloxía médica da Galiza reivindicaron os éxitos da investigación e reclamaron máis esforzos no diagnóstico e no apoio ás doentes.
A comunidade experta advirte dun aumento de 10% na mortalidade entre as doentes con cancro de mama e de 15% con cancro colorreital.
star
SOCIAL

A investigación duplicou en catro décadas a taxa de supervivencia ao cancro na Galiza: 55% para homes e 62% para mulleres

En catro décadas a taxa de supervivencia ao cancro na Galiza duplicouse. Até tal punto que, a cinco anos do diagnóstico dun tumor, os pacientes galegos e galegas que sobreviven son maioría. Un bo dato que non debe de facer esquecer o duro contexto desta doenza na Galiza: en 2022 faleceron 8.257 persoas por cancro
A AECC advirte do dano dos 'vapeadores' nos pulmóns. (Foto: Nós Diario)
Saúde

Un 'vaper' con sabor a cancro fronte aos 'influencers' que incitan a mocidade a consumir tabaco

A AECC lanza unha campaña para previr o consumo de produtos derivados do tabaco en todas as súas formas, tamén no caso dos 'vapeadores', e alerta dunha "estratexia clara por parte da industria do tabaco por acceder aos mozos" a través de contidos dixitais e promocións con persoeiros de referencia en redes para a mocidade.
"Se previmos os casos graves, os outros teñen tratamento", afirma o facultativo Ignacio Suárez. (Foto: Nós Diario)
Saúde

A luz ultravioleta do sol é a principal causa do cancro de pel, o máis común de todos

Hoxe conmemórase o Día Europeo da Prevención do Cancro de Pel.
Un home asina unha póliza de seguros (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

41% de superviventes de cancro infantil que tentan contratar un seguro son rexeitados polas aseguradoras

No marco da Semana Europea contra o Cancro, a Federación Española de Pais de Crianzas con Cancro deu a coñecer estes datos para denunciar a discriminación que afrontan a diario os sobreviventes de cancro infantil no ámbito financeiro.
O equipo de cirurxía que usou o rotob para a extraccioón do páncreas (Foto: Chuac).
Agora

Extirpan por primeira vez na Galiza un cancro de páncreas con tecnoloxía robótica

O persoal do equipo de cirurxía xeral do Complexo Hopitalario Universitario da Coruña (Chuac) extirparon por primeira vez na Galiza un cancro de páncreas con tecnoloxía robótica. A paciente, unha muller de 60 anos, foi dada de alta e evoluciona de forma "moi satisfactoria" no seu domicilio, segundo informaron fontes hospitalarias. O médico adxunto do servizo de cirurxía xeral do Chuac Javier Aguirre explicou que esta operación é a técnica cirúrxica "máis complexa" de toda a patoloxía hepato-biblio-pancreática.

Edificio da Consellaría de Sanidade en Compostela. (Foto: Europa Press)
Sanidade pública

A. F. C.: "Detectáronme un vulto maligno e negáronse a atenderme no Sergas, tiven que recorrer á privada"

'Nós Diario' tivo acceso ao relato dunha usuaria do Sergas afectada pola situación actual da sanidade pública galega.
#cancro A demora dun ano na diagnose derivou en "numerosos ingresos" do paciente nas Urxencias. (Foto: Nós Diario)
Xustiza

Nova condena ao Sergas: deberá indemnizar con 100.000 euros a familia dun mozo que morreu de cancro pola demora

A diagnose atrasouse até un ano e os síntomas xa eran "notorios e evidentes", recolle a sentenza, polo que o tribunal, na sentenza de primeira instancia que o Goberno galego recorreu perante o TSXG mais cuxo relato non se modificou agora, estima que o paciente sufriu unha "defectuosa atención sanitaria sufrida polo atraso diagnóstico e terapéutico".
O investigador Marco García no Cimus, na USC (Foto: USC).
SOCIAL

Marcos García, investigador da USC: "A nanotecnoloxía permite incidir no tecido tumoral"

Marcos García Fuentes, investigador do Cimus, coordina o consorcio europeo de radio-inmunoterapia RAIN que traballa para atallar a través da nanotecnoloxía o gliobastoma, un tipo de cancro que comeza co desenvolvemento de células no cerebro ou na medula espiñal. Explica os avances contra este mortífero cancro. 

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal. (Foto: Xoán Crespo)
Sanidade

O Sergas admite que a maquinaria doada por Amancio Ortega trata pacientes da privada

Jorge Aboal nega que fosen "cedidas" a un centro privado pero recoñece que, das perto de 5.000 persoas que son atendidas con estas máquinas nun centro privado da Coruña, unhas 400 non pertencen ao Sergas e teñen seguro privado.
vacina
Saúde

Moderna pon data á vacina contra o cancro: "Salvará millóns de vidas"

Os prometedores resultados dos ensaios clínicos iniciais, en febreiro deste mesmo ano, convertéronse na primeira demostración da eficacia dun tratamento oncolóxico que utiliza a tecnoloxía ARNm.
En xuño de 2022 había 8.799 pacientes agardando por unha endoscopia dixestiva no Sergas. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Sobe a incidencia de cancro de colon con 2.925 novos casos

Prevención e detección precoz, chaves no prognóstico da patoloxía.