cancro

Unha persoa sendo vacinada. (Foto: Federico Gambarini / dpa)
SOCIAL

Unha experta galega abre a porta ás vacinas contra o cancro

Xa hai 15 medicamentos con ARN mensaxeiro, e 30 máis en distintas fases de ensaios clínicos. A doutora María de la Fuente explica como se pode utilizar a tecnoloxía das vacinas contra a Covid-19 de Moderna e Pfizer para desenvolver vacinas contra o cancro.

Logopedia e cancro

mapa 2 radon
I Congreso Estatal

Galiza, á cabeza na presenza de gas radon

Oncólogos e oncólogas, especialistas en Medicina Preventiva e Saúde Pública, físicos e físicas, xeólogos e xeólogas, arquitectos e arquitectas e técnicos e ténicas de saúde laboral danse cita no I Congreso Estatal sobre Radon, organizado pola iniciativa Vive sen Radon, que decorre en liña. Galiza é unha das zonas do Estado máis afectadas por este gas radiactivo.

Amianto

franck-v-znpTnG9_-zs-unsplash-1024x684
INTERNACIONAL

As sete tácticas empresariais para manter con vida a pandemia do tabaquismo na UE

A grande industria tabaqueira move millóns de euros ao ano. Os seus beneficios chocan, porén, coa saúde pública. As iniciativas levadas a cabo na UE para protexela encóntranse cos grupos de presión que actúan en Bruxelas en defensa dos intereses das empresas, que seguen un patrón de actuación común.

Curación pola fe (I)

Adenocarcinoma

Un superheroe visitou un hospital por esta conmemoración. (Foto: JdA / Europa Press)
SOCIAL

A supervivencia do cancro infantil supera o 70%

O 15 de febreiro celébrase o Día Internacional do Neno con Cancro, unha patoloxía que rexistra entre 50 e 60 casos ao ano na Galiza.
As resonancias magnéticas e os TAC adoitan acumular demoras no caso de pacientes oncolóxicos. (Foto: Europa Press)
star
SOCIAL

A demora nas probas diagnósticas é anterior á Covid

Segundo revelou a Asociación Española Contra o Cancro coincidindo co día mundial contra esta doenza, durante o confinamento produciuse un descenso de 21% en novos diagnósticos e a paralización dos programas de cribado que permiten unha detección precoz de moitos tumores. As conclusións son xerais para todo o Estado e sinalan, tamén, unha diminución das probas diagnósticas de seguimento das pacientes oncolóxicas. Doentes galegas con cancro confirman coa súa experiencia demoras que son anteriores á pandemia e que nos convidan a achegarnos aos tempos oficiais de espera divulgados polo Sergas. 
image_gallery222
SOCIAL

Os doentes de cancro están a sufrir unha dupla pandemia

Pacientes oncolóxicos, doutores e asociacións informan a Nós Diario da dobre pandemia que están a vivir por culpa da crise sanitaria causada pola Covid-19. O medo ao contaxio e a presión psicolóxica son os factores que máis lles afectan.

Non podo máis

Kiko da Silva (Foto: Nós Diario).
CULTURA

O ilustrador Kiko da Silva entrega 5.000 euros á investigación contra o cancro

A comunidade experta advirte dun aumento de 10% na mortalidade entre as doentes con cancro de mama e de 15% con cancro colorreital.
SOCIAL

A OMS alerta dun ascenso da mortalidade polo descoido na atención a outras doenzas

O colectivo de pacientes galegos referenda o temor expresado pola OMS e expresan a súa preocupación polo esquecemento dos doentes crónicos ou con enfemidades curábeis que ante a falta de atención sanitaria ven empeorar a súa calidade de vida. A Covid fixo aumentar os tempos de espera no primeiro semestre do ano e ampliou o desleixo na atención a pacientes sen coronavirus, o que suporá un aumento da mortalidade, afirman.
Imaxe dunha mamografía para detectar o cancro de mama (Imaxe: Europa Press)
SOCIAL

Dificultades económicas ou malestar mental, outras faces do cancro de mama

Máis alá da familia e das amizades, a psicoloxía ofrece apoio ás mulleres diagnosticadas con cancro de mama para asimilar as consecuencias da enfermidade. A Asociación Española Contra o Cancro, que ofrece este servizo, pide prestar tamén atención ás necesidades materiais que abrollan con esta doenza. 
Alberto Ruano Raviña profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública e integrante do Laboratorio de Radon da Galiza (Imaxe: Nós Diario).
SOCIAL

Alberto Ruano: "Na Galiza temos coñecemento de como afecta o radon, debera aproveitarse mellor"

Alberto Ruano é profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública e integrante do Laboratorio de Radon da Galiza. O equipo que lidera vén de publicar un dos maiores estudos sobre a relación entre este gas radiactivo presente no chan galego co cancro de pulmón. Ruano urxe aplicar as medidas de prevención. 
A crise sanitaria provocada polo coronavirus freou probas diagnósticas e tratamentos
SOCIAL

A crise sanitaria provocada polo coronavirus freou probas diagnósticas e tratamentos de cancro

A paralización da actividade asistencial durante a crise sanitaria do coronavirus atrasou aínda máis consultas e probas diagnósticas, alén de complicar tratamentos. As e os enfermos oncolóxicos sufriron neste tempo un forte impacto emocional que agora exixe unha atención especializada
SOCIAL

Investigadoras e investigadores galegos lideran a maior investigación xenómica do mundo sobre o cancro

Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación en Saúde de Santiago de Compostela (Oncomet).
SOCIAL

Seis hospitais e 200 pacientes participan no estudo do Oncomet para mellorar a biopsia líquida

O Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación en Saúde de Santiago de Compostela (Oncomet) informa que empezará analizando unhas cincocentas mostras nunha investigación que pretende mellorar o tratamento de diversos tipos de cancro na fase inicial.
mini_5
INNOVACIÓN

Investigación galega para penetrar no tumor cerebral

O tratamento actual para o glioblastoma multiforme, o tumor cerebral máis común e letal, baséase na resección do tumor mediante unha cirurxía de extirpación. A taxa media de supervivencia após este tratamento é de 14 meses. Recentemente, o equipo de Marcos García Fuentes, investigador da USC no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS), vén de desenvolver unhas nanopartículas capaces de mudar o panorama actual. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 333 de Sermos Galiza.

Unidad-Analisis-Biopsia-Liquida-III
Galiza, pioneira

A biopsia líquida, unha espía contra o cancro

Algo tan sinxelo como unha análise de sangue permitirá no futuro próximo que as oncólogas e oncólogos poidan saber que tipo de tumor teñen que tratar. É o que se coñece como biopsia líquida e Galiza, da man dun grupo de investigación, é pioneira nesta proba. Falamos co seu responsábel no Sermos Galiza 239. Eis un extracto da reportaxe.