crise

9 de maio

Financiar a Igrexa?

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou a planta de Alcoa San Cibra onde estivo acompañado pola ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto. Alcoa San Cibrao, San Cibrao (Lugo), 8 de outubro de 2019
star
ECONOMÍA

A industria galega toca fondo tras anos de crise

Os fechamentos e o desemprego golpean o conglomerado industrial galego desde hai máis dunha década. Mentres o sector manufactureiro alemán aumentou o seu valor engadido bruto entre 2008 e 2019 nun 29%, o valor xerado polas manufacturas galegas reduciuse en preto de 8%. Ao tempo, Galiza perdeu durante ese período un de cada cinco empregos na industria, sector que as persoas expertas consideran chave polo seu efecto multiplicador para o conxunto da actividade económica. A pandemia do coronavirus aguza unha tendencia de fondo.
Xente nos accesos a un centro comercial da Coruña nesta desescalada. (Foto M. Dylan Europa Press)
ECONOMÍA

Seis de cada dez fogares galegos chegan con dificultade ou moita dificultade a fin de mes

Son 10 puntos máis que hai un ano, segundo os datos que publica este luns o Instituto  Galego de  Estatística (IGE).

Estabelecemento hostaleiro en Sanxenxo (Foto: Nós Diario)
star
SOCIAL

A facturación da hostalaría cae 64,9% nun ano

Galiza liderou a caída da facturación do sector servizos no espazo peninsular entre xaneiro de 2020 e xaneiro de 2021. Segundo os datos fornecidos polo Instituto Galego de Estatística (IGE) para ese período, a actividade reduciuse en 18,1%, 1,6 puntos por riba da media estatal, só presentando Canarias, con 35,1%, e Illes Balears, con 34,9%, uns números peores.
 
Persoal de PSA Citröen nunha imaxe de arquivo (Europa Press)
ECONOMÍA

A economía frea a actividade por unha "crise de envergadura descoñecida"

O Indicador do Foro Económico da Galiza deu a coñecer novos datos sobre conxuntura económica que confirman un retroceso.  
O sector do automóbil é un dos máis afectados pola actual crise. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

A pandemia dispara as diverxencias na UE: A crise cébase coa periferia

A xestión da pandemia está a provocar un aumento das diverxencias entre o centro e a periferia da UE. O Tribunal de Contas Europeo advirte dos riscos da resposta e sinala que o 15% das empresas da zona euro están quebradas. Os economistas críticos coas políticas de Bruxelas non dubidan en sinalar que o peor está por chegar.
As persoas expertas consultadas por PWC consideran a xente nova as "grandes pagadoras" da actual crise económica e da de 2008 (Foto: Arxina).
ECONOMÍA

A mocidade galega pagará en maior medida as consecuencias da crise da Covid-19

Unha consulta realizada por PWC destaca o desemprego xuvenil e a falta de formación específica como principais ameazas no futuro para a xente nova.

Ciudadanos

Maxi Vázquez, portavoz do Partido Galego
Entrevista

Maxi Vázquez: "A clase media está soportando o peso de todas as crises"

Maxi Vázquez (Santiago, 1974) é o portavoz do Partido Galego, formación galeguista de nova creación, presentada publicamente en decembro de 2020. Vázquez é licenciado en Administración e Dirección de empresas e traballa no sector da consultoría, sobre todo no ámbito da comunicación e mercadotecnia.
Mural alegórico sobre a alza do desemprego. (Foto: Dina)
star
ECONOMÍA

Un 34% dos menores de 25, no paro: unha nova xeración perdida xa está de camiño

Foi a gran perdedora da Longa Depresión iniciada en 2008 e a historia vai camiño de repetirse. Os diversos indicadores económicos coñecidos nos últimos tempos apuntan nesa dirección e permiten determinar o alcance da fenda aberta pola pandemia entre a mocidade. A poboación entre 24 e 39 anos é o grupo social que máis sofre a redución de ingresos, os recortes de horas traballadas e a caída da capacidade de compra, nunhas dimensións claramente superiores ás da crise anterior.
Banco de alimentos de Vigo, onde o número de usuarios se disparou desde o comezo da pandemia. (Foto: Europa Press)
A desigualdade, en máximos históricos após subir 2,9 a consecuencia da pandemia

Máis dun terzo da poboación galega é pobre

A crise económica e social derivada da pandemia sabe de clases. Mentres as grandes fortunas ven aumentar o seu patrimonio e beneficios, a pobreza dispárase como consecuencia da perda de poder adquisitivo dos sectores máis desfavorecidos. As políticas públicas de xestión da crise teñen a resposta. 
Protesta da hostalaría o pasado 16 de febreiro diante da residencia do presidente da Xunta en Monte Pío, Compostela (Arquivo-Arxina)
ECONOMÍA

A hostalaría ve "insuficientes" as medidas e séntese "criminalizada" por Feixoo

Vinte municipios vivirán esta cuarta feira concentracións de protesta do sector para exixir indemnizacións e medidas máis contundentes a todas as Administracións.  

O lugar da economía

Valentín González Formoso, no seu despacho da Deputación da Coruña. (Foto: Deputación da Coruña)
star
Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña

Valentín González Formoso: "Non nos escondemos detrás da falta de competencias"

A Deputación da Coruña centrou no colectivo de persoas autónomas e no ámbito do benestar as actuacións desenvolvidas para paliar a crise provocada polo coronavirus. Nun contexto "sen axuda" da Xunta da Galiza e coa negativa do Goberno galego a crear unha mesa institucional que dese unha resposta conxunta, o ente presidido por Valentín González Formoso, alcalde das Pontes, reorganizou os orzamentos para dar resposta á situación. 
A praza de Abastos de Compostela, fechada. (Foto: Europa Press)
star
20% dos locais fechados nun ano

O comercio galego sobrevive contra as cordas pola pandemia

O comercio retallista atópase na Galiza nunha situación de emerxencia. Se nos últimos anos o escenario para o sector xa foi moi delicada, até o punto de fechar na Galiza en 2019 perto de 2.100 negocios, a pandemia agravou unha crise que agudizou as tendencias anteriores, derivadas da introdución de novas canles de comercialización asociadas ás grandes operadoras tecnolóxicas. A brutal caída da facturación e das marxes de beneficio en 2020 así como o cese na actividade de moitos comercios debuxan un panorama moi preocupante.
Hostaleiras e hostaleiros concentráronse na tarde de onte fronte Monte Pío, a residencia oficial do presidente da Xunta da Galiza. (Foto: Arxina)
star
ECONOMÍA

A hostalaría galega no límite polas restricións da Xunta: 3.400 locais fechados nun só ano

As consecuencias sociais e económicas da xestión da pandemia déixanse notar na hostalaría galega. Segundo os datos ofrecidos pola Federación Galega de Industrias Inmobiliarias (Fgaim), 3.400 estabelecementos hostaleiros víronse obrigados a fechar a porta desde o inicio da pandemia, unha media de case 10 locais por día. A situación continúa empeorando debido ás restricións provocadas pola emerxencia sanitaria e pola falta de axudas. O sector recoñece que non aguanta máis.

A dereita e a liberdade

21-02-07_Protestas_Saida_Galega_Crise_Vigo_01
SOCIAL

Mobilizacións na Galiza por "unha saída xusta da crise"

A CIG desenvolveu unha xornada de mobilizacións por toda Galiza para esixir políticas que permitan unha recuperación socioeconómica e condicións "dignas". 

UE e direito de asilo