crise

O sector pesqueiro está demostrando unha gran resistencia diante da pandemia. (Foto: Nós Diario)
star
Tecido produtivo galego

A 'competitividade' que lastra a resposta á crise

As achegas ao Produto Interior Bruto (PIB) e ao emprego das consideradas como empresas altamente competitivas sitúanse na Galiza á cola do Estado español. A maiores, a súa contribución a estas dúas variábeis non deixa de caer desde 2014, sinalando o Instituto Valenciano de Investigacións Económicas (IVIE), un organismo dependente do Goberno valenciano, que os territorios cunha elevada porcentaxe de empresas de alta competitividade están máis preparados para facer fronte á situación provocada pola pandemia.

Crise climática e o ano da pandemia generalizada

A temporalidade e a falta de emprego lastran a emancipación da xuventude galega (Foto: Arxina)
POLÍTICA

A mocidade afronta a nova crise sen saír da anterior

O novo ano sume na incerteza a mocidade galega que, sen aínda deixar de padecer as consecuencias da anterior crise, ve enormes dificultades para desenvolver un proxecto de vida na Galiza poscovid. Nós Diario conversa sobre os retos que abre 2021 con portavocías de mocidade das formacións políticas con representación no Parlamento galego.
A hostalaría é un dos sectores máis afectados pola lentitude da Xunta en aprobar axudas directas para traballadores autónomos. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
O Executivo galego confía en ter resoltas todas as solicitudes o vindeiro mes de xaneiro

A Xunta achega menos dun euro de cada cinco nas axudas ao colectivo autónomo

A tardanza da Xunta á hora de artellar axudas directas para os colectivos máis afectados pola crise e a falta de atractivo das liñas de financiamento para sectores xa endebedados fan que a contribución do Executivo galego no rescate ás autónomas non chegue a representar a metade que a do Estado español.
Feixoo nun acto do PPdeG en Vigo. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press)
POLÍTICA

Tellado defende que non hai "crise de lexitimidade" no PPdeG

O secretario xeral dos populares agarda que os congresos poidan celebrarse "con garantías" na primavera de 2021.
Imaxe da cadea humana na que participaron centos de persoas. (Foto: CIG)
TRABALLO

Chamada de auxilio desde Ferrolterra, Eume e Ortegal

Cadea humana de protesta entre Ferrol e Narón
Colección de xoiaría de Ardentia (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Xoiaría galega: un sector milenario que aspira a rexurdir como unha ave fénix

A xoiaría, unha das profesións máis antigas do mundo, está a atravesar unha situación complicada a causa da crise provocada pola COVID-19. Como recoñecen desde o sector "somos do primeiro do que se prescinde", mais tamén queren fuxir do pesimismo e do negativismo e xa se están mobilizando para desenvolver campañas que reivindiquen a súa calidade e a súa condición de comercio de proximidade con bens producidos na Galiza.

Unha crise máis, onde traballar?

Un momento do pleno que decorreu esta cuarta feira. (Foto: Europa Press)
O PP oponse a outorgar axudas á cultura e aos colectivos en risco de exclusión social

A crise económica manda no Parlamento

A crise económica derivada da pandemia centrou boa parte da sesión de hoxe no Parlamento da Galiza. Neste sentido, as forzas da oposición formularon diversas iniciativas dirixidas a minorar o seu impacto naqueles sectores sociais máis afectados, sen conseguir o apoio do Partido Popular ás súas propostas.
Manifestación en Pontevedra da hostalaría deste concello, Poio e Marín. (Foto: Beatriz Ciscar / Europa Press)
Algunhas entidades non están a ser convidadas ás reunións da Xunta

Críticas desde a hostalaría ao comité clínico e peticións de rescate e indemnizacións

A situación da hostalaría galega, lonxe de solucionarse, é cada día máis preocupante. A Xunta reúnese cunha parte do sector mentres as críticas á súa xestión, e á doutras administracións, aumentan. Sete membros de Hoempo iniciaron unha marcha a pé a Madrid denunciando a súa problemática.
Non só a Covid-19, senón tamén a crise industrial, obrigan moita xente nova a emigrar para poder ter un futuro laboral (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
TRABALLO

A Covid-19 cébase co emprego xuvenil

O informe de conxuntura económica do Foro Económico da Galiza alerta do impacto da crise nos colectivos máis vulnerábeis.

A segunda onda da Covid-19: Lección para as políticas públicas

O presidente Escotet fala ante a atenta mirada do conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas (Abanca).
ECONOMÍA

Fitch rebaixa a perspectiva de Abanca a 'negativa'

A axencia de cualificación mantén as notas de solvencia a longo prazo mais xa non lle dá a perspectiva de "estábel".
EuropaPress_2387341_alcalde_ourense_gonzalo_perez_jacome_hace_balance_100_dias_gobierno
POLÍTICA

O PP deixa en "suspensión" o pacto de goberno na cidade de Ourense

O anuncio dos populares prodúcese após de que o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, retirara as competencias aos edís Miguel Caride e Manuel Álvarez por "perda de confianza". Dáse a circunstancia de que os concelleiros foron moi críticos coa xestión económica do rexedor.
Traballadores nunha cadea de montaxe. (Arquivo)
TRABALLO

A crise cébase coa mocidade, que encabeza a destrución de emprego na Galiza

Os menores de 25 anos cobran un salario 48,2% inferior á media.

Presentación do colectivo, a comezos do mes de xullo. (Foto: Mónica Martínez).
CULTURA

Unha plataforma reivindica a seguridade na cultura

Critican a falta de diálogo co sector na Coruña
Sesión do cumio europeo de xefes de Goberno (Imaxe: Europa Press)
Análise

O cumio europeo prepara o camiño para novos recortes sociais na Galiza

A reunión do cumio de presidentes de Estados da Unión Europea decorrida ao longo destes catro últimos días remata sen sorpresas. A Europa comunitaria segue apostando polas súas receitas de sempre para dar resposta a esta nova crise económica que estoupou coa pandemia pero que viña cocéndose desde había anos.
EuropaPress_3235727_14_july_2020_israel_jerusalem_people_take_part_in_protest_against_israeli (1)
INTERNACIONAL

Detencións en Xerusalén nas protestas contra Netanyahu

Por outra banda, máis de dous millóns de usuarios de redes sociais no Irán levaron a cabo tamén nesta cuarta feira unha protesta online para frear a execución de tres mozos que participaron nas manifestacións do ano pasado.

Jordi Gual Fedea
INTERNACIONAL

Pedro Sánchez delega nun 'think tank' de orientación neoliberal as receitas contra a crise

A decisión provoca malestar na militancia de Podemos.
2020061718231423044
CULTURA

A crise da COVID-19 impacta con forza na cultura galega

Destruíronse máis de 1.000 postos de traballo no sector