cultura

sonrias
CULTURA

Abre o SonRías Baixas con Soziedad Alkoholika, Lendakaris Muertos e Heredeiros 

O festival de Bueu que ten lugar esta fin de semana é unha aposta por músicas contundentes, cun cartel que inclúe, entre outros La Gran Pegatina, Heredeiros da Crus, Lendakaris Muertos, Chotokoeu, Soziedad Alkoholika, Boikot e Poetarras.

pandeira 3
CULTURA

A pandeira volve reinar nos Ancares

Piornedo acolle o 27 agosto da Festa da Pandeira, unha oportunidade única para se abraiar cun instrumento telúrico coma poucos. 

CULTURA

Os poemas de 'Senlheiro' fúganse da prisión

Publican 'Interferências', un libro con escritos do preso independentista Adriam Mosquera, condenado a 7 anos de cárcere.

eliasportela
ELIAS PORTELA, POETA

“Temos un problema de ‘branding’, non temos marca, e todo o que se exporta galego acaba sendo español”

Facemos un Skype con Elías, que ten dúas vidas literarias: unha en Galiza como Elías Portela e outra en Islandia, onde reside, como Elias Knörr, onde é un dos poetas máis recoñecidos do momento.

tek-fest
CULTURA

A cultura dixital, a debate en Pontevedra

Do 27 de setembro ao 1 de outubro en Pontevedra terá lugar a I edición do Tek-Fest, un evento sobre a cultura dixital que reflexionará sobre “a cidade do futuro” a través de tecnoloxías emerxentes como a realidade virtual ou a cartografía dixital urbana

mato
Entrevista a Miguel Anxo Mato

"O relato son voces interiores que van xurdindo arredor de evocacións"

Entrevistamos Miguel Anxo Mato con motivo da publicación dos seus relatos no Caderno de Verán do noso semanario.

patrick
PATRICK LOUGHNANE, POETA IRLANDÉS

“Na poesía irlandesa estamos na época post Seamus Heaney”

A libraría Chan da Pólvora acolleu esta noitiña unha charla sobre poesía irlandesa actual na que participou Manuela Palacios, profesora da USC especialista nas relacións literarias entre Galiza e Irlanda, e tamén Patrick Loughnane, un poeta de Galway que viviu varios anos no noso país.

zonazanfona
CULTURA

Zanfona, capital Rianxo

Este mércores 27 de xullo dará comezo a duodécima edición do Encontro Internacional Zona da Zanfona en Rianxo, que por vez primeira se celebrará en verán. Con concertos, cursos, unha exposición e moitas outras actividades

Tiago Alves Costa
PARCERIA DE SERMOS CON PALAVRA COMUM

Uma conversa com o poeta Tiago Alves Costa

Iniciamos a colaboração com a revista galega on line Palavra Comum -um projeto aberto à lusofonia impulsionado por Alfredo Ferreiro, Tati Mancebo e Ramiro Torres- com a publicação de uma entrevista ao poeta português residente na cidade da Corunha Tiago Alves Costa.

amigos
CULTURA

Os Amigos dos Músicos publican un adianto do seu primeiro disco, ‘Fóra do meu control’

A banda de Ourense vén de publicar o primeiro single, homónimo, dun agardado disco de debut que publicarán en outubro, ‘Fóra do meu control’.

sokram
CULTURA

O Festival de Poesía do Condado reivindica as Irmandades da Fala como un arma cargada de futuro

A XXX edición do evento popular de Salvaterra decorrerá o 2 e 3 de setembro. Poesía, música, fotografía, teatro, convivio e compromiso nunha cita que foi quen de tornar de necesaria en imprescindíbel.

regueifeiros pinto e luis O Caruncho
CULTURA

Un verán de regueifas

Veñen semanas de altas temperaturas. Pola calor e pola completiña axenda d@s regueifeir@s, prontos a elevar o termostato a base de pílulas destes desafíos orais improvisados e en verso.

CULTURA

O tributo a Fernández Paz é TT

A unanimidade no pesar polo falecemento do escritor vilalbés deixa pegada nas redes sociais, onde até o presidente español escribiu un chío de condolencia. Porén, foi o ronsel de lectores e admiradores do autor os que expresaron, de xeitos diferentes e diversos, a admiración pola obra e a persoa.

Dirty Barriguitas
CULTURA

Dirty Barriguitas: 25 anos do son e a furia

En 1991 nacía en Compostela unha formación chave no punk-hardcore galaico. Tocaban rápido e disolvéronse rápido. E iso non foi o mellor.

CRÍTICA DE CINEMA DAS SEXTAS FEIRAS

Todos queremos algo

Imaxe da actuación das bandas musicais no Convivio da edición 2015. Cedida
Festexa a cultura galega e honra a Manuel María

Chega o terceiro Convivio da Cultura Galega

A terceira edición da Convivio da Cultura Galega -da que Sermos Galiza publicou unha reportaxe no número 203- dará comezo ás 11.00 horas de mañá, 9 de xullo, na horta da Casa Museo de Manuel María, en Outeiro de Rei. Pola tarde haberá foliada na Carballeira de Santa Isabel, onde Manuel María escribiu as súas primeiras obras, após dun xantar tradicional no lugar.

QUE FACER?

Música a esgalla, co Resurrection Fest como prato forte

Música e teatro como oferta. No menú, o que pasa por ser o maior festival heavy de Europa, con Viveiro como epicentro.

miguelanxoseixas
MIGUEL ANXO SEIXAS, BIÓGRAFO DE CASTELAO

“Ten que haber dous orixinais do Álbum Nós”

Miguel Anxo Seixas, secretario da Fundación Castelao e estudoso da vida e obra do rianxeiro, afirma nesta entrevista que ten que haber dous orixinais do Álbum Nós, que o recentemente aparecido, que se pode ver na exposición ‘Meu Pontevedra’, non é o único, aínda que si o primeiro.

Ataque Escampe
CULTURA

O Xiana Festival exhibe un póker da música galega na súa primeira edición

Ataque Escampe, Malandrómeda, Superoito e Nao actuarán en Ordes o 8 de xullo.

maruxa mallo
CULTURA

Maruxa Mallo, Día das Artes Galegas 2017

Así o acordou o plenario da Real Academia Galega de Belas Artes.