cultura

De Noura Mint Seymali a Bombino (Foto: Nós Diario).
star
Música

Para descubrir os sons do Sáhara

C ando estaba no instituto, a profesora de Historia, Carmen García Rodeja, propúxonos facer un programa de radio que máis tarde se emitiría en Radio Oleiros. 
Kukas e Isabel Rey (Fotos: Os monicreques de Kukas).
star
Reportaxes

Os Monicreques de Kukas: das festas populares ao pazo da ópera

O Premio da Crítica de Galicia na modalidade de Artes Escénicas foi parar este ano á compañía Os Monicreques de Kukas, pola súa obra Arquelina e pola traxectoria dunha compañía “pioneira na Galiza nun xénero teatral ao que tamén se pretende recoñecer con este premio”. A resolución do ditame destacaba a “faceta artística, xeradora dun universo propio, e artesán, que implica a construción das marionetas e o seu mundo”.
Margarita Viso (Fotos: Miguel Abalo).
star
Entrevistas

Margarita Viso: memoria musical

Musicóloga, compositora e intérprete de piano, Margarita Viso (A Coruña, 1957) vén de recibir o Premio da Crítica no apartado de Música en recoñecemento da súa longa traxectoria de divulgación e creación no eido da música culta galega. Cun ton crítico, reclama un financiamento cun maior filtro de revisión que reciben as dúas principais orquestras da Galiza: a Sinfónica e a Real Filharmónica, ademais dunha maior relevancia nos seus programas da música feita por galegas e galegos, tamén na súa interpretación.
Hórreo de araño (Foto: Carlos Fernández Coto).
star
Reportaxes

Horreos: posíbel patrimonio da humanidade

Os hórreos representan un patrimonio material e inmaterial de enorme relevancia, tanto na cultura galega como na peninsular e mesmo a nivel mundial, pois podemos encontrar exemplares por todo o planeta. Para velar pola súa protección, o pasado 11 de decembro tivo lugar a primeira reunión co fin de analizar a situación na que se encontran na actualidade os hórreos da Península Ibérica. Nela acordáronse as liñas de actuación e os obxectivos da iniciativa, entre os que destaca a posibilidade de declarar os hórreos Patrimonio da Humanidade.
Ana Pontón
POLÍTICA

Pontón reclama destinar fondos do Xacobeo a reactivar o sector cultural

Propón un plan de rescate de 28 millóns para cubrir as necesidades máis urxentes e reorientar os fondos destinados ao Xacobeo 2021 na reactivación da cultura galega.
Fotograma de 'María Solinha' (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Butacas baleiras: a nova paisaxe das salas de cinema

Desde a súa progresiva reapertura en xuño tras o confinamento, as salas de cinema pasaron por distintos niveis de restricións, sobre todo no que atinxe á capacidade. As pequenas parecen ser as que están a resistir "mellor", mais non sen trabas. A chave: modelos de proximidade e programación menos dependentes das grandes estreas. Varias persoas responsábeis dalgúns destes proxectos explican a Sermos Galiza as dificultades que están a atopar e as perspectivas de cara a 2021.
O sector está alarmado (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

O sector musical ante a pandemia: polo dereito a existir

Unha redución de máis de 90% dos ingresos procedentes da actividade artística realizada de marzo a setembro, en comparación co ano pasado. Con entre dez e 50 cancelacións. Esta é a realidade que estaba a afectar ás persoas enquisadas pola Unión de Músicos Profesionais antes da declaración do segundo estado de alarma. A situación é agora aínda peor para os oficios da música. Locais históricos que fechan, concertos sen público, profesionais sen ingresos nin prestacións e empresas que están a facturar a metade. 
Proxecto 'A lua vai encuberta' (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Manuel María: teatro contra o esquecemento

A lúa vai encuberta é o proxecto gañador do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. A obra do autor chairego constitúe a cerna do espectáculo concibido en colaboración por dúas compañías –A quinta do cuadrante e Incendiaria–, que tentan recuperar con el unha parte substancial da historia do país que habitualmente é ignorada nos relatos oficiais e que podería explicar algunhas das chaves do noso presente. Como o propio Manuel María desexaba, un teatro que ilumina e abre ao debate os camiños seguidos por un pobo. 
Xacemento (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

A Galiza: celta ou castrexa?

A raíz da serie Os Castros, estreada recentemente na TVG, reabriuse o debate sobre as orixes celtas da Galiza. A controversia sobre se se debe atribuír a esa cultura a totalidade das nosas raíces ou non, iniciada no século XIX, segue a día de hoxe presente e é vivida con moita intensidade entre as persoas defensoras de ambas as dúas posturas. Se unha mantén que a identidade celta existe e relaciona o pobo galego con outros da Europa atlántica, outras prefiren falar de cultura castrexa e argumentan que non hai probas que demostren a chegada deste pobo ao Noroeste peninsular.
Unha pintada feita polo Centro Social Mádia Leva (Lugo) demandando as Letras para Carvalho. (Foto: cedida).
star
Reportaxes

Carvalho Calero e a codificación da lingua galega

O profesor da Universidade da Coruña e escritor Xosé Ramón Freixeiro Mato aproxímanos ao esforzo que o ferrolán dedicou a tentar solucionar un dos problemas que pesou sobre a lingua na época contemporánea, como foi a ausencia dun código unificador ou norma culta, máis unha consecuencia da súa falta de normalización social, e que converteu Carvalho nunha figura central no proceso de estandarización do idioma no século XX.
Ricardo Carvalho Calero e María Ignacia Ramos no aeroporto de Eceiza en Bos Aires (1974) (Foto: cedida).
star
Reportaxes

Ricardo Carvalho Calero: 'Beleza, verdade'

Neste artigo, extracto do limiar da escolma Beleza, verdade, publicado por Chan da Pólvora, Pilar Pallarés volve a mirada sobre a poesía de Carvalho Calero, cunha proposta de leitura singular e cunha análise extraordinaria da obra e da personalidade dun escritor fascinante.
Carvalho Calero nun acto en primeiro plano. (Foto: cedida).
star
Reportaxes

O activismo político-cultural de Carvalho Calero no período republicano

A escritora e profesora da Universidade de Santiago de Compostela Aurora Marco centra o seu traballo no ideario galeguista do homenaxeado. El mesmo definíase como "un galeguista puro" nunha entrevista publicada en A Nosa Terra o 2 de decembro de 1977. Unha declaración que reflicte unha realidade desde que, en idade temperá, se sumou ao galeguismo. Non por acaso foi (co)fundador do Partido Galeguista (PG) e "apreixou o ideal que uniu mulleres e homes no proceso de construción dun país e na defensa da súa lingua e cultura".
Fotografía da familia Carvalho-Ramos. (Foto: cedida).
star
Reportaxes

Abrindo o camiño: o rosalianismo de Carvalho Calero

O historiador e ensaísta Francisco Rodríguez incide neste artigo na importancia do autor de Scórpio na historia e crítica da literatura galega. Especialmente, fai fincapé na consideración de Rosalía como peza fundamental do renacemento literario, como cabeza cualitativa da súa xeración e figura central de todo o corpus literario que Galiza construíu desde entón.
Ricardo Carvalho Calero con Pilar Pallarés e Francisco Pillado na alameda de Compostela.(Foto: cedida).
star
Reportaxes

Por que celebrarmos Carvalho calero?

Un ano chegaron de Ferrol dous rapaces que traían o sinal dos escolleitos: Ricardo Carballo Calero e Santiago Montero Díaz. O primeiro, serio, metódico e activo, entrou de contado no Seminario [o Seminario de Estudos Galegos], como xa dixen, e comezou a colaborar nel con afouteza, presentando dalí a pouco varias comunicacións ademais de participar nos traballos colectivos e de campo, nas xeiras: será meu compañeiro de habitación na que fixemos pola terra de Melide e axiña fumos bos amigos. A súa traxectoria ulterior foi dunha entrega total a Galicia, pola que traballará ata chegar a ser un dos mestres da nosa cultura non só no eido da filoloxía, en que sobranceaba, senón tamén como poeta, novelista, historiador e crítico1. 
Algúns libros de temática feminista en galego. (Foto: Tensi Xesteira).
star
Reportaxes

Libros que se rebelan contra o machismo

A literatura pode cambiar o mundo, crear conciencia e axudarnos a reflexionar sobre certas problemáticas sociais. Próximo o 25 de novembro, Día Internacional Contra as Violencias Machistas, realizamos unha viaxe polos catálogos das editoras galegas para propor unha escolma de volumes que falan da eliminación das desigualdades de xénero e reflexionan en chave feminista. 
Carvalho Calero, rodeado de alumnado (Imaxe: Nós Diario).
star
Reportaxes

Carvalho Calero: vivir con autenticidade

Son en total oito as colaboracións presentadas neste volume que comeza perguntando por que celebrarmos Carvalho e remata coa palabra do propio autor.
 
Dous arqueólogos traballando na primeira intervención do castro de Cerneda, en Abegondo. (Foto: CADO Arqueoloxía).
star
Reportaxes

Castros: escoitar a voz do pasado

A cultura castrexa simboliza un patrimonio de grande importancia para a Galiza. Nos últimos anos, a sociedade estase a decatar da riqueza arqueolóxica que temos, o que provoca un aumento da demanda social a prol da restauración de xacementos galegos. Recentemente comezáronse numerosas intervencións en diferentes castros que están a conseguir descubertas moi interesantes que axudarán a coñecer aínda mellor a Idade do Ferro galega. Pois cómpre aprender a camiñar polo pasado para poder transitar polo futuro.
Xabarín Club (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Aí vén o Xabarín! Televisión para unha nova xeración

O fenómeno Xabarín foi un fito histórico da televisión galega e un referente para unha xeración enteira. Situouse na vangarda do audiovisual e descubriu todo un mundo de entretemento infantil e xuvenil moderno e de calidade. Actualmente, presta nome e imaxe a unha iniciativa popular que pretende chegar ao Parlamento para devolver o galego á mocidade a través de programación específica. Seguimos as pegadas do Xabarín e descubrimos o camiño ao futuro da televisión na nosa lingua.
Federico García Lorca (Foto: Tensi Xesteira).
star
Reportaxes

Libros que falan de libros

A metaliteratura é cada vez máis un terreo ao que se achegan as persoas que adoran os libros para reflexionar sobre eles. No medio desta pandemia, ademais, semella que os libros, as bibliotecas e as librarías se converten en espazos de calma e de reivindicación, sobre todo cando se demostra que a cultura é máis necesaria que nunca. Co gallo do 13 de novembro, Día das Librarías, lembramos algúns títulos de "libros que falan de libros".
Lucía Aldao e María Lado (Foto: Nacho Morán).
star
Reportaxes

Aldaolado: humor e poesía

Lucía Aldao e María Lado veñen de sacar Ninguén morreu de ler poesía (Xerais), a primeira antoloxía do proxecto que as une desde hai xa quince anos, Aldaolado. Poemas, cancións e historias que foron levando polos recitais cos que percorren o país, demostrando -unha vez máis- que nin a poesía en directo ten por que ser aburrida nin que dedicarse á escrita sexa imposíbel na Galiza. Nesta entrevista fan balance do que levan de andaina. Quedan coa diversión e co humor que, de cando en vez, pode axudar a ter unha perspectiva crítica da realidade.