cultura

Faia (Foto: Arxina).
star
Reportaxes

Faia: a voz espida

Nunhas poucas semanas, Faia Díaz recreou un día coas vacas inspirado en receitas de cociña no festival Plataforma, deixou abraiado o público do Maré coa súa versión do Cantar Alentejano ou do Cantar Galego de Zeca Afonso e mostrou no Museo do Mar, no Cantas Verbas, de que xeito decrecer en recursos nun escenario pode ser unha das mellores maneiras de recrear a tradición musical oral transmitida por mulleres. Faia é unha das artistas máis interesantes do actual panorama musical galego. Falamos dos seus diversos proxectos.
Retrato de Ramón de la Sagra como deputado por Lugo (1854). (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Ramón de la Sagra: no París Revolucionario

En tempos de grandes movementos transformadores, o nome do pensador coruñés Ramón de la Sagra estivo unido ao de recoñecidas figuras do momento como o Barón de Colins, Louis Blanc, Pierre J. Proudhon ou Adam Mickiewicz. Os seus artigos, libros e folletos tentaron levar racionalidade a un mundo en que os máis febles pagaban un alto prezo para garantir a consecución do desenvolvemento económico. 
'Papá, por que quitas a música?' (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

CURTOcircuíto: así abrolla o novo audiovisual

Durante esta semana tivo lugar en Compostela o Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto, nunha edición que apostaba con forza nas novas xeracións de creadoras e creadores da Galiza. Sermos Galiza ofrece un repaso dalgunhas das pezas que se puideron observar estes días, mostra da fertilidade coa que agroma o audiovisual, singular e diverso, que fará mañá máis frondosa a foresta, parafraseando o título do segundo volume do magnífico Para unha historia do cinema en lingua galega, coordinado por Margarida Ledo Andión.
Olga Novo (Foto: Anxo Cabada).
star
Reportaxes

Olga Novo Vida e Beleza

"Todo poema nace da intensidade creativa, do trallazo, e desde logo non procura a perfección formal, senón a emanación do amor". Iso di Olga Novo sobre a poesía. E podería ser unha axeitada definición da súa propia escrita que é sempre fervenza. Corrente volcánica. Vida, e non só exercicio literario. Novo vén de gañar por segunda vez o Premio da Crítica Española na categoría de poesía en galego. Desta volta foi con Feliz Idade (Kalandraka), celebración dos afectos como alicerce vital. Repasamos con ela a súa obra. 
Jesse Plemons, Jessie Buckley, Toni Collette e David Thewlis. (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Lémbrate de min!

Terceiro filme como director, e segundo en solitario, do guionista e produtor Charlie Kaufman, nunha adaptación da novela homónima do canadense Iain Reid, un thriller psicolóxico que Kaufman converte en "outra cousa" moito máis próxima ao seu imaxinario particular.
 
Grupo de Danza Antiga de Darbo. (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Danzas brancas: bailar nos ecos do antano

Con motivo da segunda edición das xornadas A voltas co baile que organiza o Museo do Pobo Galego esta semana, Sermos Galiza ofrece un breve percorrido polas danzas brancas na Galiza. De orixe incerta, vencelladas ás prácticas gremiais, presentan múltiples manifestacións ao longo do país que dan conta dunha riqueza etnográfica enorme, non abondo valorada, e que sobrevive con frecuencia só grazas á implicación da veciñanza que a mantivo viva ou a recuperou dos anos de silencio. 
Pescadoira antiga, por Federico Ribas (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Federico Ribas: os trazos do terror

Seis ilustracións de Federico Ribas atopadas no Museo de Pontevedra outorgan unha nova dimensión ao legado artístico deste maxistral deseñador. Sermos Galiza achégase neste artigo ás circunstancias vitais do autor que, desde o exilio en Arxentina, elabora unha serie de estampas estarrecedoras, que beben do terror inspirado e recollido polos relatos que lle chegan do outro lado do océano, historias en imaxe da represión nesa distante Galiza.  
Rosalía Fernández Ríal (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Rosalía Fernández Rial: poesía en movemento

Rosalía Fernández Rial vén de publicar Árbores no deserto (Galaxia, 2020), un poemario no que se nutre das reflexións de 11 pensadoras feministas para crear versos que desafían o paso do tempo e nos conectan coas mulleres que non calaron para que nós sigamos loitando. A súa poesía non é estática, atravesa o papel e invade todo o que fai: as performances, a investigación e o seu labor como docente en Cabana de Bergantiños. Conversamos con ela para debullar como a arte, o feminismo e a educación nos poden salvar do abismo en tempos convulsos.
Exterior e escaparate de La Lucha, en Ourense (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Vestirmos a cabeza: as sombreirarías da Galiza 2020

Nas pasarelas e no outono e inverno que están por vir o sombreiro forma parte do armario daquelas damas e cabaleiros que deciden cubrirse, quer para protexerse das inclemencias do tempo quer para engadir un toque de individualidade ao seu conxunto. Na Galiza perdura, aproximadamente, unha sombreiraría por cidade, cunha gran perda de estabelecementos na fin do século pasado. Unhas máis clásicas, outras máis vangardistas, pero todas atentas a unha nova clientela que volve entrar nos locais para reivindicar a orixinalidade duns chapeus que recuperan parte do seu antigo esplendor na rúa.
Abe Rábade Trío. (Foto: Cabanijazz).
star
Reportaxes

A Galiza a todo jazz (II)

Desde que nos anos 80 o jazz fixo a súa aparición na Galiza, foi para ficar entre nós para sempre. O xénero segue vivo hoxe e goza de plena saúde, nada ten que envexar do que se está a facer noutras partes do Estado ou na nosa irmá e veciña Portugal, que contan cunha tradición máis longa neste xénero musical. Beban nas fontes do jazz europeo ou se nutran das primixenias raíces americanas, ou mesmo procuren a mestura con outras músicas, os nosos creadores, pertenzan a unha ou a outra xeración, son os garantes da súa permanencia e evolución.
Edición pasada do  Arteficial (Ribadavia) (Foto: Arteficial).
star
Reportaxes

A música ao vivo resiste na Galiza

Verán tras verán podemos percorrer o país saltando de festival en festival. A dioiva de propostas coa música ao vivo e outras actividades culturais como protagonistas á que estabamos acostumadas vai quedar este ano nun orballo. Así e todo, gozar da cultura propia e das mellores paisaxes é posíbel. Recollemos as historias de catro festivais de 'pequeno formato' que cumpren máis unha edición malia a crise sanitaria. A súa proposta,? unha chea de actividades musicais, deportivas ou divulgativas nas localizacións con maior riqueza natural da Galiza.
Algunhas propostas da  literatura galega híbridas. (Foto: Tensi Xesteira).
star
Reportaxes

Literatura híbrida: libros que van máis alá

Poesía e fotografía. Poesía e ilustracións. Literatura e música. As fronteiras entre os xéneros e as artes son cada vez máis etéreas, e hoxe en día eclosionan propostas que tensan os límites e ofrecen reflexións e debates sobre o mundo desde a palabra escrita, pero cun protagonismo especial doutras disciplinas artísticas. No medio desta era dixital, fálase cada vez máis dos libros como obxectos, pois o futuro reside aí.
Aobservación nocturna é outro tipo de patrimonio a promover. (Foto: Asociación Sirio).
star
Reportaxes

Atopar estrelas: o patrimonio a defender do ceo galego

O turismo astronómico forma parte da oferta cultural da Galiza. A pesar da súa baixa explotación en contraste co resto do Estado, a curiosidade na ollada ao firmamento provoca o interese de asociacións e particulares, amantes da observación dos ceos, que procuran destinos específicos no campo e no interior para contemplar estrelas, galaxias e nebulosas na noite máis fechada. Os seus principais freos, o descoñecemento e a contaminación luminosa, elementos que poden botar a perder un potencial motor de lecer sustentábel e respectuoso co medio ambiente. 
star
Reportaxes

Para unha Historia do Ferrocarril na Galiza

O tren entendíase como o progreso. As estacións do ferrocarril sentíanse como prometedores símbolos do corpo e da alma, do progreso de vilas e cidades que se sentían afortunadas por abrir portas ao mundo. As estacións do tramo de Sanabria á Coruña ou a estación de San Cristovo da Coruña son verdadeiras obras de enxeñaría, infraestruturas sensíbeis con gran carga histórica que, a día de hoxe, se presentan nun estado de conservación cuestionábel. 
Aa antiga aldea de Brocos (esquerda), no concello de Agolada, ficou anegada polas augas do encoro de Portodemouros. (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Asolagadas na lenda: As atlántidas galegas

As cidades asolagadas son unha das lendas que máis se repiten ao longo de toda a xeografía galega. O mito maioritario componse, con variantes, sobre o esquema do castigo divino a vilas que lle viran as costas ao cristianismo, mais tamén liga a Galiza coa mitoloxía celta e as augas como porta ao Alén. 
Fotograma da serie 'Pratos Combinados' (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

En serie: pasado e futuro da ficción por capítulos

O ano pasado foi de ouro para o cinema galego, con ese acontecemento sen precedentes que significou a estrea d’O que arde e a súa conexión co público. Porén, tamén evidencia un importante fito a incorporación de audiovisual na nosa lingua dentro da plataforma Netflix, seguida este ano pola entrada na HBO. Facemos un repaso á historia da ficción galega en serie, coa vista posta nas oportunidades que presentan estes novos espazos.
Cela, cos antigos reis Juan Carlos e Sofía (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Cela: delator voluntario do franquismo

Camilo José Cela foi Premio Nobel de Literatura. Camilo José Cela foi marqués de Iria Flavia. Pero Camilo José Cela tamén foi delator. Chivato e censor de compañeiros de profesión e de individuos cos que se cruzou na vida, o padronés destacou desde os inicios do réxime franquista como un voluntario máis que disposto a facer o que ordenase o Movemento. No concello de Mondariz apareceu unha das copias existentes da carta coa que o escritor se ofreceu en 1938 a  informar e denunciar os rojos cos que se atopara por Madrid.
Cornamenta do cervo na Laxe dos Carballos, no Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro. (Foto: Manuel Santos-Estévez).
star
Reportaxes

Petróglifos: o patrimonio da pedra

A cronoloxía e distribución dos petróglifos é complexa pero, para comezar, cómpre preguntarse que son estes gravados. Unha primeira achega é a definición etimolóxica que xorde dos termos gregos petros (pedra) e glyphein (tallar), que dá orixe ao francés pétroglyphe. Con esta denominación refírense as tatuaxes prehistóricas nas rochas, normalmente graníticas, unha representación gráfica e simbólica ao ar libre, previa á aparición da escritura. Identificalos e catalogalos supón unha dificultade engadida por mor do seu descoñecemento e situación xeográfica, así como polo desinterese das Administracións, que deixan estes labores en mans de asociacións e colectivos. Malia todo, a Galiza é un dos lugares de Europa onde máis se concentran.
Castelao foi un gran estudos das cruces (Foto: Xoán Carlos Garrido).
star
Reportaxes

A Bretaña que somos: Castelao, o home das cruces

Veñen de facerse en 2019 os 90 anos da viaxe de estudos de Castelao á Bretaña. E coincidiu esta conmemoración coa casual declaración de que "la Galice sera la nation à l’honneur pour la 49 eme édition du Festival Interceltique de Lorient". Na Consellaría de Cultura apresuráronse a traducir tan alta honra en que a "Galiza será o territorio convidado de honor na edición de 2019". De ser suxeito pasamos a ser obxecto. De ser alguén pasamos a ser algo. Nacións irmás na cousificación, en cambio, cobran vida, mesmo as pedras, para quen soubo escrutalas.
Burato do inferno (Foto: Tensi Xesteira).
star
Reportaxes

Ons literaria

A illa de Ons conquista autoras e autores que crean historias nas que esta terra é protagonista. Coincidindo co confinamento domiciliario por mor da COVID-19, destacamos títulos como A bordo das Ons, de Marta Lemos, Ons no meu corazón, de Julio Santos, Ons, ondas do mar riso, de Emilio Araúxo, Ons, de Carlos Meixide, e Namoreime en Ons, de Staffan Mörling. Todos eles propoñen olladas sobre a fermosura deste lugar e o seu acubillo, mais tamén da complexidade de habitalo. Pois como recoñece a veciñanza, vivir en Ons supón estar illadas todo o ano.