cultura

Antón Patiño (Foto: Cora Patiño).
star
Entrevistas

Antón Patiño: O infinito na ollada

Antón Patiño (Monforte de Lemos, 1957) é non só un dos artistas máis brillantes e recoñecidos da arte galega actual, senón tamén un dos que con máis insistencia reflexiona sobre o feito artístico e sobre o papel da imaxe na identidade dun pobo. Logo dun adiamento obrigado pola irrupción da pandemia da COVID-19, vén de inaugurarse no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Compostela a súa exposición Caosmos, na que, case ao modo dunha antolóxica persoal, confronta obras de mocidade e de madurez para propor un diagnóstico sobre a sociedade do risco e a modernidade do caos na que estamos inmersos.
Susana Seivane (Foto: Irene Pin).
star
Entrevistas

Susana seivane: gaita na varanda

Susana Seivane (Barcelona, 1976), unha das compositoras e intérpretes máis internacionais da Galiza, partillou co mundo o seu singular confinamento ateigado de música. As pezas que tocaba para a veciñanza desde a súa varanda de Cambre chegaron á aldea global a través das redes sociais, axiña viralizadas até xerar un contacto máis directo co público. Preocupada polo futuro do sector musical, mais sen perder o ánimo, a gaiteira conta os funambulismos de conciliar a vida laboral e a familiar durante estes incertos tempos de corentena.
388 entrevista
star
Entrevistas

Xabier Díaz: estertor rural

Vén de ver a luz As Catedrais Silenciadas, o terceiro álbum no que Xabier Díaz repite colaboración coas Adufeiras de Salitre. O compositor continúa a explorar os camiños dunha música tradicional cada vez máis propia, na que os estados de ánimo transcenden na procura eterna da fascinación. O disco ceiba un aturuxo contra o estertor rural, último alento que leva consigo unha perda identitaria irreparábel. Porén, lonxe de catastrofismos, é unha advertencia para insuflarlle aire, mensaxe que levará na xira que comeza o 21 de marzo en Barcelona e que chegará en abril á Galiza. 
387 entrevista
star
Entrevistas

María Xosé Silvar: Ser mala muller

Desde converterse en grupo revelación de AcoruñaSon en 2007 con Chámalle Xis!, María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés, mostra unha carreira que non é fortuíta, senón froito do traballo duro e constante. Acaba de volver da súa primeira xira por Latinoamérica, directamente para presentar o seu sétimo álbum. Liberar as arterias chega así amadriñado polos versos da poeta e activista Luz Fandiño, cunha mensaxe que se rebela contra a escravitude do odio. Após esgotar billetes en Barcelona, esta sexta feira encheu en Vigo, primeira das moitas datas xa programadas que a levará desde os escenarios máis cativos de Narón, Guitiriz ou Meis, até palcos estatais en Bilbo, Donosti, Málaga ou Madrid. 
386 entrevista
star
Entrevistas

Carlos L. Bernárdez: O Colmeiro oculto

Hai un Colmeiro lírico que decora despachos e lles outorga prestixio a algunhas casas cunha paleta de cores pastel. Mais hai outro Colmeiro que retrata unha época ateigada de tensións sociais, totalitarismos, revolucións e vangardas artísticas. Estoutro Colmeiro permanece máis oculto aos ollos da sociedade, pero ilumina e axuda a comprender o primeiro, e tamén a nós mesmos. Carlos L. Bernárdez é o comisario da exposición Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos, que nos axuda a redescubrir a traxectoria vital e profesional do artista. A mostra estará até 24 de maio no Museo de Arte Contemporánea de Vigo. 
IMG_3458
star
Entrevistas

Ataque Escampe: Alma Conxunta

Pasaron polo Suns Europe en novembro estreando a nova formación após ano e medio afastadas dos escenarios. As Ataque Escampe (no feminino plural tan empregado por elas) despediron os anos dez, aqueles que prometeran violentos, e déronlle a benvida á década co EP A Alma. A amizade pálpase como subtexto neste grupo que tanto evolucionou nos case dous decenios de andaina. E de que imos falar, preguntaranse, deixando agromar, inevitábel, a melodía da harmónica queixosa de "Segunda División". Pois da vida, do amor e da rebeldía, que tamén é supervivencia. O matrimonio, a morte e o sexo ficarán para outra ocasión. 
O autor do cómic, Alberto Díaz ‘Pelorroto’. (Foto: Demo Editorial).
star
Libros

Trabar a historia

Dicía Novoneyra nun dos seus poemas dedicados a Reimundo Patiño que este era un dos "nenos do MUNDO fronteiros e irados".
O biólogo Xurxo Mariño. (Foto: Nós Diario).
star
Libros

A lingua e a humanidade

A relativa escuridade que de sempre rodeou a linguaxe humana permitiu, desde tempos remotos, as máis variadas mitoloxías ao redor. 
Susana Sanches Arins, escritora.  (Foto: Cuarto de Inverno).
star
Libros

Polo poder do toxo

As fronteiras están feitas para transitalas, tamén as que, non sempre de forma coherente, marcan os xéneros literarios. 
O autor, Samuel L. París (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Luuuumeeee!

Algo tiña que ter de bo escribir textos dun xénero minoritario como a poesía, nunha editorial das que chaman pequenas e nunha lingua minorizada, malia que conte cun sistema literario que debe ser como os outros, é dicir, que "é un niño de ratas sábeo até o secretario xeral de calquera partido político".
O autor, Cesáreo Sánchez.  (Foto: AELG).
star
Libros

Cesáreo Sánchez Iglesias, espiritual e oceánico

Un poeta como Cesáreo Sánchez Iglesias (Dadín-Irixo, 1951), que bebe da Divina Comedia, dos clásicos gregos e da poesía chinesa e xaponesa, e tamén de Jorge Luís Borges e Jorge Guillén, de Luís Pimentel e Álvaro Cunqueiro, de Juan Ramón Jiménez e José Ángel Valente, e que, ademais, dedica moitos anos á elaboración de cada un dos seus libros, non é estraño que sexa autor dun canto poético no que non sempre é doado internarse
Libros

Metaliteratura e pandemia

Anova novela de Berta Dávila chega cando aínda non se extinguiron os ecos do éxito do seu anterior proxecto narrativo, a novela Carrusel (Premio da Crítica 2019). 
O autor, Manuel Portas. (Foto: Xerais).
star
Libros

O amor e outros bandazos

E sta última proposta narrativa de Manuel Portas parece ideada como lectura máis ou menos acaída a un verán tórrido como o que seguimos vivindo. 
O ilustrador Alberto Vázquez. (Foto: Nós Diario).
star
Libros

O ser e a caza

Ao xa numeroso palmarés de premios de Alberto Vázquez, sumábase o ano pasado o Premio Castelao de Banda Deseñada con A caza, unha obra redonda cuxa conceptualización e transcendencia do narrado, que nos achega unha visión existencial, mítica e filosófica, encaixan nun manexo sensíbel do medio e da técnica empregada que fai que adquira un valor totalizador.
 
A escritora Olga de Dios. (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Luitadoras mutantes

No primeiro encontro após o confinamento, a sobrinhada trouxe de presente uma representação teatral.
O autor Pepablo Patinho Penya. (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Bombas e bandeiras

Os clásicos son armas de dobre fío. Se dunha parte ofrecen elementos máis ou menos fixos e unha tradición coa que tratar de dialogar, tamén supoñen un reto á hora de incorporar elementos novos e interesantes.
O autor, Rafael Fernández Lorenzo. (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Para a divulgación

Poucas figuras chegan ao 17 de maio nas condicións de Ricardo Carvalho Calero, do que pode dicirse que viviu nunha sorte de Día das Letras xordo, constante e sostido polas persoas e organizacións comprometidas coa súa figura e a súa memoria. 
O escritor Salvador García-Bodaño. (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Salvador García-Bodaño, de tempo en tempo

Cando na primavera de 1979 chegou ás librarías do noso país Tempo de Compostela non sabiamos que admirar máis, se o coidado e a fermosura da edición do libro ou a emoción e a beleza dos propios poemas. 
A dramaturga Esther F. Carrodeguas. (Foto: Mark Zlick).
star
Libros

Limpando o fogar de outros

Acarreira de Sther F. Carrodeguas parece marcada para sempre pola pegada do teatro, unha perspectiva que volve estar presente nesta nova obra.
Cadriños d’O pacto do letargo' (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Pacto co marabilloso

Máis unha vez a dupla luso-arxentina de Filipe Melo e Juan Cavia -de quen xa falamos ao redor de Os vampiros- chegou ás librarías da marxe sur do Miño -na Galiza só teremos a edición en castelán de aquí a un tempo-, desta volta cunha ambiciosa peza coa música como protagonista, un tema suxestivo ao que lle intuímos un trato especial e íntimo coñecendo a traxectoria neste eido do guionista Filipe Melo.