cultura

A autora, sther f. carrodeaguas. (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Limpar fóra dos papeis

Amestura de teatro e poesía é unha ferramenta poderosa cando se quere construír unha voz ao tempo que se representa unha personaxe. A multiplicación de filtros subliña o carácter de obxecto ficticio da protagonista, a condición de ser unha cousa, o que resulta especialmente acaído para un obxecto desvalorizado: a mal-criada.
Retrato de Antonio Reigosa. (Foto: Edicións Embora).
star
Libros

Galeguidade a media voz

Ademais do seu percorrido como narrador para a xente máis nova, é posíbel que o máis destacado da produción editorial de Antonio Reigosa haxa que buscalo no concepto da Galiza encantada.
Antón Patiño (Foto: Cora Patiño).
star
Libros

Viva a esquizofrenia!

Afinais dos anos 70, tras recibir un exemplar de Esquizoide, o pintor Jean Dubuffet respondería a Antón Patiño cunha carta na que sinalaría: “Se os médicos chaman esquizofrenia á achega de invención á liberación das coherencias lóxicas, entón viva a esquizofrenia.
Retrato do xornalista Ángel Suanzes. (Foto: Quico Martínez)
star
Libros

O reflexo do que fomos

Radicada entre Pontevedra e a cidade brasileira de Bragança Paulista, a editora Urutau leva xa unha boa tempada paseando un catálogo cheo de poetas da Galiza, que suman a súa obra a un principio editorial baseado na diversidade. 
O poeta Paco Souto. (Foto: AELG).
star
Libros

Das mulleres que viviron no amor á terra

Era grande a admiración de Paco Souto (A Coruña, 1962-Razo, 2017) por ese outro noso altísimo poeta que foi Antón Avilés de Taramancos, que nunca deixou de ser fiel ás súas orixes labregas e á memoria da súa avoa.
Rocío Modia, Salvador Cidrás e Vicente Branco. (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Rompendo o pensamento único

H ai xa algúns anos que a editorial Kalandraka vén construíndo unha colección de referencia como é a Biblioteca de Pedagoxía.
A escritora Celia Díaz. (Foto: Galaxia).
star
Libros

Os soños no deserto

Dentro das peculiares condicións nas que se desenvolve a escrita teatral na nosa lingua, é de loubar a vizosidade da produción dramática orientada ao público máis novo, que nos últimos anos nos deixou obras emblemáticas, ás veces co valor de rachar ou cuestionar algúns marcos. 
Retrato de Aldara Vázquez, que asina como Anémona de Río. (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Muco que te expulso, muco

O coronavirus não foi elaborado por Bill Gates para enxertar-nos com um chip no cérebro nem fugiu de um laboratório chinês ou estadounidense onde foi criado como arma bacteriológica. 
Retrato de Manuel García Barros. (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Loitando sempre

Manuel García Barros é considerado unha figura modesta da literatura galega, de obra curta e certo aire costumista.
Retrato de María Reimóndez.(Foto: Montserrat Boix).
star
Libros

Não há maneira única de ser

Lembro ler a fábula bem pequeninha e ficar chocada. Eu nunca cantei nem toquei instrumento, mas já daquela me parecia importante o labor da carricanta. 
O escritor Ramón D. Veiga. (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Poder popular

Non é a primeira vez que Ramón D. Veiga aproveita as festividades propias para ofrecer unha historia ao público máis novo. Trátase dunha estratexia ben loábel, xa que, se é doado atopar referentes para celebracións máis ou menos comúns á cultura occidental, como pode ser o Nadal, o certo é que a continuidade das festas propias e as formas específicas doutras dependen tamén da transmisión que poidamos facer ás xeracións máis novas. 
O ilustrador Pablo Prado. (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Fe na literatura

Unha das primeiras cousas que me viñeron á cabeza ao ler a obra de Berta Dávila O derradeiro libro de Emma Olsen foi a do seu perfecto encaixe nunha novela gráfica.
A autora, Natalia Carou. (Foto: Baía).
star
Libros

Unha historia de violencia

Gañadora da II edición do Premio Vilar Ponte de novela, esta peza é unha das primeiras incursións de Natalia Carou na narrativa orientada a público adulto.
A escritora Luísa Villalta. (Foto: Nós Diario)
star
Libros

O concerto inacabado de Luísa Villalta

Marzo de 2004. Cemiterio de San Amaro. Caíannos bágoas por fóra e por dentro. Non podía ser verdade. Non podiamos entender aquela morte tan inesperada, tan prematura, tan inxusta. E se a dor era enorme en todas e todos nós, inmenso foi tamén o oco que Luísa Villalta deixou na literatura galega aos seus 46 anos. 
Retrato de Carlos López Bernárdez. (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Retratos da loita e do horror

A produción artística galega do primeiro terzo do século XX goza, nalgúns casos, como poden ser as estampas de Castelao, dunha enorme popularidade, até certo punto tan persistente no tempo como a súa propia vinculación ideolóxica. 
Retrato de Francisco Castro. (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Clásica memoria

Lanzada simultaneamente nas catro linguas do estado, Tantos anos de silencio é unha das novelas máis ambiciosas de Francisco Castro. 
Detalle de Coraçom de terra (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Alma de país

Cerca de dez anos houvo que aguardar desde a publicaçom de Lois Pereiro. Breve encontro, de Jacobo Fernández Serrano, para que pudéssemos voltar a ver o homenageado no Dia das Letras Galegas plasmado numha banda desenhada.
Retrato de Ricardo Carvalho Calero. (Foto: Nós Diario).
star
Libros

O tesón e a dúbida ontolóxica

É difícil desligar a produción poética das outras facetas intelectuais de Carvalho Calero, sobre todo a que ten que ver coa crítica literaria. Máis aínda a que desenvolve no período no que estivo vencellado ao proxecto de Galaxia. 
Xabier Xil Xardón nun recital. (Foto: Urutau).
star
Libros

Paisaxes detonadas

Hai un par de anos que Xabier Xil Xardón publicaba Detéxtonos (Positivas, 2018), un libro que, pechando un relativo silencio na súa obra individual, apuntaba directamente a demolición do verso e a exploración das posibilidades da palabra, algo que se deixou notar moito nos seus recitados públicos. Este O contaxio devólvenos un autor moito menos metapoético, polo menos en aparencia.
Retrato de Rosa Aneiros. (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Bem-vinda à ilha Xouba

Tanto tem se non sabes que raios é uma bichicoma. Hás sabê-lo em lendo o livro. E tanto tem que não saibas onde ficam Nordesland, Crotonia, Marabilia ou a ilha Xouba. Poderás pensar que se correspondem com a França, A Corunha, Fisterra ou a ilha Xouba, mas não têm por que. Bem podem ser outros lugares. Qualquer. Qualquer dos outros fora a illa Xouba.