cultura

Begoña Caamaño
Homenaxe no quinto cabodano da escritora

Aínda Begoña Caamaño

Hai moitas Begoñas Caamaño. Está a activista contra o machismo. Está a escritora de dúas novelas de fundamento clásico e ollada feminista. Está a xornalista. Ningunha delas caeu no esquecemento, a xulgar pola homenaxe que, no seu quinto cabodano, organiza a Deputación da Coruña co impulso de 7H Cooperativa Cultural e Implicadas no Desenvolvemento e a colaboración do concello compostelán. Será este 13 de outubro en Compostela.
Expo Forum Memoria Histórica 1
MEMORIA E HISTORIA

A “crueza” das foxas da Guerra Civil chega ao Fórum da Coruña

Unha mostra organizada pola Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) recolle en 20 imaxes do galardoado fotoxornalista Eloi Alonso a tarefa de recuperación dos restos mortais das vítimas da represión franquista.

OBRADOIRO PREMIO KSADO DEPUTACION DA CORUÑA 4A
CULTURA

Dous obradoiros completan a programación do Premio Luis Ksado de fotografía

Os fotógrafos Ana Palacios (Unicef, Al Jazeera, The Guardian...) e Jorge Represa (The European, El País, Rolling Stone Magazine...) impartirán no paraninfo da Universidade da Coruña unhas conferencias organizadas pola Deputación da Coruña.
f_7_FS_Entrevista
Entrevistamos Anxo Quintela

“A información cultural debe atender ás dinámicas profundas do que acontece na sociedade"

Durante anos foi un dos rostros máis recoñecíbeis da TVG. Presentaba O Agro, programa de información sobre o traballo no campo que honraba a televisión como servizo público. Tamén dirixiu unha das experiencias pioneiras do xornalismo dixital, Vieiros. E ao Diario Cultural da Radio Galega achegou o seu interese pola información científica e de fondo. Anxo Quintela (Vigo, 1960) recibiu a pasada semana o Premio Nacional de Xornalismo Cultural que concede o Ministerio de Cultura. Por segundo ano consecutivo, distinguiu unha xornalista galega que traballa nos medios públicos galegos. En 2018 foi para Ana Romaní.  Eis un estrato da peza publicada no número 366 do semanario en papel Sermos Galiza.
Ramiro Vidal
11 de outubro en Ferrol

Ramiro Vidal Alvarinho presenta 'Origem e ruptura', o seu terceiro libro de poemas

Origem e ruptura (M Editora, 2019) é o terceiro libro individual de Ramiro Vidal Alvarinho (Ferrol, 1973). Épico e autobigráfico, entre a esperanza e o fatalismo, o propio autor falou ao respecto de “punto de mudanza vital e por extensión literaria”. O vindeiro 11 de outubro preséntao na Fundaçom Artábria da súa cidade natal, ás 20 horas.
poetas dinversos
7 de outubro na Coruña

De Iraq a Marín na apertura do novo ciclo Poetas Di(n)versos

Manal Al-Sheikh naceu en Nínive. Pero a segunda Guerra do Golfo enviouna ao exilio en Noruega. Desde a distancia continuou a construír unha das obras máis prestixiosas da poesía iraquí contemporánea. Este 7 de outubro recitará na Coruña canda a galega Lara Dopazo (Marín, 1985), potente voz da poesía galega última.
tres tristes tigres
O grupo reúnense en Vigo 40 anos despois

Rompente, poesía e insolencia

Galiza espreguizábase após 40 anos de ditadura. Nas rúas decidíase entre ruptura e reforma. Nos escritorios dos poetas tamén. O grupo Rompente, cuxo núcleo formaban Antón Reixa, Manuel M. Romón e Alberto Avendaño, axiña tomou partido. E, como de deduce do seu nome, non o fixeron pola reforma. Os nenos terríbeis da poesía galega reúnense esta sexta feira, 4 de outubro, por primeira vez en catro décadas. Será dentro do Festival Kerouac.
Fotografía do espectáculo 'A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza', da compañía A Xanela do Maxín
Do 12 ao 20 de outubro

Máis Galicreques por toda Galiza

O Festival Internacional de Títeres Galicreques celebrará en Santiago de Compostela a súa vixésimo cuarta edición entre o 12 e 20 de outubro cunha ampla programación que se estenderá un ano máis a outros concellos e salas da Galiza.
roupa casa rosalía - mpg
Doazón ao Museo do Pobo Galego

Dos armarios da Fundación Rosalía de Castro

A Casa da Matanza, en Padrón, agocha aínda cuestións por resolver. Por caso, a orixe da importante colección de roupas de finais do XIX e comezos do XX que a Fundación Rosalía de Castro vén de doar ao Museo do Pobo Galego.
Miguel-Tain-01
CULTURA

Miguel Taín Guzmán, novo director da Cátedra do Camiño e as Peregrinacións

A responsabilidade principal do profesor de Historia da Arte da facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela será promover e organiza iniciativas que contribúan a faciliten a reflexión e o debate cultural e académico respecto da ruta xacobea
dieste xurado 2019
Concédeo a Deputación da Coruña

Fernando Castro gaña o Rafael Dieste de teatro con 'Amorodo agre'

Amorodo agre é unha “elaborada construción dramática, cunha traballada definición dos personaxes, as atmosferas e o xogo simultáneo de diálogos”. E é tamén a obra distinguida pola Deputación da Coruña co XIX premio de teatro Rafael Dieste. O seu autor, Fernando Castro Paredes (Tapia de Casariego, Asturies, 1975).
Detalle do cartaz de Artábria para a homenaxe a Carvalho
Presentación en Foz o 3 de outubro

As mil caras de Carvalho Calero nun libro

Hei entrar no meu povo: reivindicarmos Carvalho Calero é o título do libro colectivo sobre a figura homenaxeada no Día das Letras 2020 que esta quinta feira, 3 de outubro, ás oito e medio do serán, na libraría Bahía de Foz. Participarán tres autores do mesmo: o historiador Bernardo Máiz, o filólogo Xosé María Dobarro e mais o coordinador Xosé Manuel Pazo.
dolors miquel poeta
VI Poemagosto do 11 ao 13 de outubro

Volve o outono poético de Allariz

Poetas, teatreiras e músicos invadirán as rúas e tabernas de Allariz na fin de semana que vai do 11 ao 13 de outubro. É a sexta edición do Poemagosto. Festival Internacional de Poesía, organizado pola Fundación Vicente Risco e mais o concello da localidade.
Através edita unha antoloxía do autor

A poesía de Carvalho Calero volve ás librarías

Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-Compostela, 1990) responde con exactitude á figura do polígrafo. Escritor profundo, brillante e tamén polémico sobre materias variadas e en rexistros diversos, foi ademais poeta de singular voz. A súa poesía levaba anos fóra do mercado e agora regresa ás librarías da man de Através Editora.
publico2
CULTURA

O festival de Curtas de Bueu fai balanzo: récord con máis de 18.000 asistentes

Unhas 18.400 persoas achegáronse ás proxeccións e actividades da décimo segunda edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu entre os pasados 6 e 15 de setembro. A organización fai balanzo: “É unha nova marca que supera en 3.000 asistentes a acadada o ano pasado”.
Teatro Principal de Compostela (arquivo).
Xornada no Consello da Cultura o 1 de outubro

Por unha ponte entre o teatro galego e o portugués

A construción de pontes entre as escenas galega e portuguesa é o obxectivo explícito da xornada Dramaturxias itinerantes/Dramaturgias itinerantes, que decorrerá esta terza feira, 1 de outubro ás seis e media da tarde, no Consello da Cultura Galega en Compostela.
o que arde
CULTURA

'O que arde', premiado no Festival de Donostia

O que arde, terceira longametraxe de Oliver Laxe (París, 1982), segue colleitando parabéns e galardóns. Desta volta foi o premio San Sebastián-Gipuzkoa Film Commission do Festival de Donostia, que decorreu esta semana e onde o filme galego se viu o pasado 24 de setembro.
Fiz Vergara Vilariño, o autor ao que este premio rende homenaxe.
Unha antoloxía rescata a obra do poeta louzarín

O berro afogado de Fiz Vergara Vilariño

Fiz Vergara Vilariño (1953-1997) foi un deses poetas que constrúen un mundo propio. E fano cos materiais que teñen máis a man, no seu caso a terra da Lóuzara Xabreira, a soidade existencial, o berro afogado. Non abundan, pero ás veces deveñen emblemas. Outras non e a desmemoria aprópiase da súa obra. Parece o caso de Vergara Vilariño, cuxa poesía rescata agora a antoloxía Non deixes que a tardiña me sorprenda.
CULTURA

Valentín Alvite gaña o premio Raíña Lupa de literatura infantil

“Unha novela de misterio presidida polo humor” vén de gañar o premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil concedido pola Deputación da Coruña. Titúlase Antía e Daren e os pequenos detectives e é obra de Valentín Alvite (Vimianzo, 1959).
gonzalo hermo
CULTURA

Gonzalo Hermo estrearase en narrativa con 'Diario dun enterro', premio Repsol

“Sinxeleza estrutural” e “estilo deputado” son dúas da características que o xurado do Premio Narrativa Breve de Repsol salientou esta cuarta feira de Diario dun enterro. O seu autor é Gonzalo Hermo (Taragoña, Rianxo, 1987), quen até agora só publicara aclamados libros de poemas.