cultura

Crítica de rock e outras lerias

Midnight Sounds

O Rock progresivo non é un xénero que hoxe en día  traía moitas novidades mais cando chegan, soen ser pezas moi coidas e traballadas. Midnight Sounds non ía a ser a excepción co seu novo traballo. Chapter 1 é unha proposta de rock fusión progresivo, que chega dende  A Coruña disposto a quedar.

Crítica de cinema das sextas feiras

Spiderman: Homecoming

Peter Parker/Spider-Man regresa con tía May tras a súa experiencia iniciática cos Vingadores. A idea é pasar desapercibido tratando de levar unha vida normal pero a aparición do malvado Voitre fará que iso sexa imposíbel.

[Imaxe: Ana Rey] Kiko Da Silva, en Viñetas desde o Atlántico
Entrevistamos Kiko Da Silva

“Todos os convidados que traio de fóra preguntan por Castelao”

Ilustrador, historietista, editor... Kiko Da Silva (Vigo, 1979) é o nome propio sobre o que pivota a XX edición de Viñetas desde o Atlántico, a cita nacional do cómic. Pai do célebre Fiz, de Fiz nos biosbardos, foi creador da publicación BD Banda e da revista satírica Retranca. O autor, que conta con múltiples recoñecementos, fai un alto nos compromisos do Salón do Cómic da Coruña para conversar con Sermos Galiza sobre a banda deseñada e a ilustración. Eis un extracto da entrevista publicada no semanario.

feroscorvos
MIRO VILLAR, DO BATALLÓN LITERARIO DA COSTA DA MORTE

"O obxectivo último do Batallón Literario da Costa da Morte era levar a poesía a pé de rúa"

Este ano cúmprense 20 anos da publicación do primeiro número de 'Feros Corvos', a revista do Batallón Literario da Costa da Morte que se fundara un ano antes. E quixemos lembrar aqueles tempos de axitación poética cun dos seus protagonistas, o poeta Miro Villar, que ademais foi tamén presidente da primeira xunta directiva da asociación. 

leao1
RODRIGO LEÃO, MÚSICO E COMPOSITOR

"Madredeus e Sétima Legião aínda están moi presentes nas cousas que eu fago"

O músico e compositor portugués Rodrigo Leão é unha das estrelas que poderemos disfrutar no Festival Noroeste que comeza a terza feira na Coruña. O ex compoñente de Madredeus, unha institución no país luso, ofrecerá un concerto o vindeiro 9 de agosto no Teatro Colón, onde xa estivo hai anos.

Palabras con memoria

Arredor da nosa fauna

tanna1
Crítica de cinema da sexta feira

Tanna

Nun poboado indíxena da illa de Tanna, en Vanuatu (Melanesia), o neto do xefe da tribo namora dunha rapaza. Un amor prohibido segundo as costumes ancestrais.

alicecooperparanormalcover
Crítica de rock e outras lerias

Alice Cooper

Paranormal, ademais de ser o título do novo disco de Alice Cooper,  que fai o número 27 da súa carreira, e sen dúbida o propio roqueiro de Detroit. Cooper,  aos seus 69 anos segue mantendo o ritmo regular de edición de novos  álbumes e sen deixar de pisar os escenarios.  

cadriño Tokio
CULTURA

Cadriño

pandeirada interior
Os días 5 e 6 de agosto

A Mostra de Instrumentos de Música Tradicional non falta á súa cita anual, e van 24!

A Asociación de gaiteiros e gaiteiras galegas celebra este ano a XXIV Edición da Mostra de Instrumentos de Música Tradicional. Este evento constitúe unha das mostras de luthería máis antigas da península e terá lugar os días 5 e 6 de agosto enmarcado no Festival de Pardiñas, en Guitiriz. Nesta edición, a mostra congrega 26 artesáns que amosarán a produción que sae dos seus talleres.  

revenidas foto
DO 18 AO 20 DE AGOSTO

Xurxo Souto, Ugia Pedreira e O Leo tamén se suman ao Revenidas

Xa sabiamos os cabezas de cartel do Revenidas, unha das citas musicais máis importantes do verán, pero agora hai que engadirlle a Skindred, La Pegatina, Riot Propaganda, De vacas, Esne Beltza, Terbutalina, Bohemian Betyars e Dakidarria  outros moitos nomes e actividades alternativas.

Chus Pato
CULTURA

A voz "necesaria e enriquecedora" de Chus Pato ingresa na RAG o vindeiro 23 de setembro

A poeta lerá o o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega o 23 de setembro no IES Ramón Otero Pedrayo de Ourense.

miro e paco
CULTURA

Miro Casabella e Paco Ibáñez protagonizan en Cambre un concerto inesquecíbel

Un pavillón cheo até a bandeira gozou coas cancións de dous imprescindíbeis da canción de autor. 

goretti
GORETTI SANMARTÍN

“Investimos un millón de euros en axudas a festivais, o dobre do que fai a Xunta”

Dous anos após entrar no goberno da Deputación, a súa vicepresidenta e responsábel da área de Cultura e Normalización Lingüística, Goretti Sanmartín, fai balanzo do feito até o momento, das frustracións e dos retos que lle quedan por abordar. 

(Imaxes: Casa-Museo Manuel María)
CULTURA

A cultura galega conflúe por cuarto ano consecutivo no Convivio en Outeiro de Rei 

“Recuperar o sentido comunitaria das antigas romarías, neste caso da romaxe de Santa Isabel, onde centos de persoas celebraban en torno á carballeira, un día de compartir, de partillar ilusións, un espazo de encontro para a cultura galega", salientan desde a organización da IV edición do evento que conmemora a figura de Manuel María.

DSC_1193
Ana Martínez, ourive

“A xente séntese identificada cos rosetóns, á marxe do relixioso”

Ana Martínez (A Coruña, 1961) ábrenos as portas do seu obradoiro de ourivaría, ao final da Rúa dos Prateiros, en Betanzos. Tradición e modernidade comparten espazo nos expositores, onde atopamos desde a reprodución do rosetón do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (s. XIII) ou do triforio da catedral de Santiago até brazaletes con forma de garfo ou unha pulseira con iluminación diminuta con leds. Ana Rosetón, como se coñece no mundo do oficio, é hoxe unha das ourives de maior prestixio da Galiza.

osdabaixo
ROBERTO RAMA, MÚSICO DE OS D'ABAIXO

"Somos a envexa de toda Europa, aínda que non se saiba moito"

Esta noite Os d'Abaixo presentan o seu novo disco, o primeiro de estudo, no Música na Noite de Teo. E cun deles, Roberto Rama (ex Fía na Roca), falamos de 'Quixera ser dos paxaros', un disco con once pezas inéditas tiradas dun cancioneiro galego que é "inesgotable". 

mostra alén dos xeneros Imaxe Uqui.net
CULTURA

A exposición "Alén dos xéneros" chega a Compostela

A exposición Alén dos Xéneros, comisariada por Anxela Caramés, inaugúrase na capital galega este 6 de xullo. Recollendo o traballo de 50 artistas, a mostra busca mostrar obras que expoñan cuestións relacionadas co feminismo e co concepto de xénero.

estiu1
CULTURA

´Le Parc´ e ‘Estiu 1993’, premio do xurado e público no Novos Cinemas de Pontevedra

Máis de 40 pezas audiovisuais na Edición 02 do Festival internacional de cinema de Pontevedra.

Eladio Dieste arquitectura
CULTURA

Uruguai declara monumentos históricos tres obras do ‘rianxeiro’ Eladio Dieste

No centenario do nacemento deste enxeñeiro e profesor uruguaio con raíces galegas, sobriño de Rafael Dieste, o Ministerio de Cultura de Uruguai engade máis un recoñecemento da súa obra.