dependencia

Hai 13.000 persoas en lista de espera para seren valoradas polos servizos de atención á dependencia. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

A Galiza é a comunidade do Estado que menos inviste en dependencia

O Executivo de Alfonso Rueda é o Goberno autonómico que menos inviste en servizos sociais no Estado español. As achegas públicas ao mantemento do sistema de benestar non deixaron de caer desde 2009, ano de retorno do PP á Xunta da Galiza. A dependencia é unha das prestacións máis castigadas polo recorte.

A taxa de discapacidade na Galiza aumentou nos últimos 12 anos. (Foto: Drazen)
Política Social

Atrasos dun ano na Galiza para obter a valoración do grao de discapacidade

Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) a Galiza é o territorio do Estado con maior taxa de discapacidade.
Marta Lois e Ramón Sarmiento, esta terza feira, con veciñanza de Cambados (O Salnés). (Foto: Nós Diario)
18-F

Sumar propón centros de día onde convivan anciáns e crianzas como parte dun novo "sistema de coidados"

Marta Lois promete unha "rede de microrresidencias" de titularidade pública para que haxa unha por cada 10.000 habitantes

Unha traballadora social axudando a unha persoa dependente (Foto: UB).
SOCIAL

Profesionais explican que o Bono Coidado "non é unha axuda nova, senón unha adaptación da normativa estatal á galega"

O Colexio de Traballo Social pide explicacións á Xunta.
Candidatura do BNG por Lugo. (Foto: Nós Diario)
18-F

Pontón comprométese en Lugo a mellorar a axuda no fogar con máis financiamento e reverter a precariedade

O BNG propón que o financiamento que reciben os concellos para o SAF pase de 12 a 20 euros por hora.

O SAF tardou dous anos en incluírme na lista de espera

Alfonso Rueda co conselleiro de Sanidade, García Comesaña, cuxo departamento é un dos máis afectados polos recortes da Xunta da Galiza. (Foto: Europa Press).
SOCIAL

O investimento da Xunta da Galiza en servizos públicos, á cola do Estado: 231 euros por habitante menos ao ano

Os novos datos achegados pola Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (Airef) advirten de que o Goberno galego está á cola do Estado en investimentos en servizos públicos, cuxas tres principais patas son o ensino, a sanidade e os servizos sociais.

A reforma do PP de 2013 continúa a endurecer o acceso ás pensións. Foto: Nós Diario
TRABALLO

O gasto estatal en pensións alcanza a cifra récord de 12.120 millóns en decembro

Dos máis de 10 millóns de pensións contributivas no Estado, 6,42 millóns son de xubilación. O gasto total en pensións correspóndese a 11,5% do PIB.
Julio García Comesaña, Alfonso Rueda e Ángeles Vázquez nunha foto de arquivo. (Foto: Xunta da Galiza)
star
Análise

Xunta de Galicia: "Comercial de..."

Xosé Mª Dios Diz é médico especialista de Atención Primaria en Outes.
A conselleira de Política Social, Fabiola García, e o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, visitaron onte a residencia pública Volta do Castro, en Compostela. (Foto: Europa Press)
star
SOCIAL

Bonos para dependentes: entre a "propaganda" e o risco de colapso dos servizos sociais

Os bonos de coidado de familiares e de residencias anunciados por Alfonso Rueda en outubro e que entran en vigor en 2024 están a provocar unha avalancha de peticións en servizos sociais, ao tempo que as expertas advirten de que a realidade desta axuda fica lonxe do que promete a información oficial.
A espera na Galiza para dependencia duplica o máximo estabelecido por lei. (Foto: Xunta)
SOCIAL

O Colexio de Traballo Social exixe á Xunta "máis servizos públicos e menos bonos"

O colexio refírese con esta campaña ao bono 'coidado no fogar' que a Xunta comezará a aplicar no principio do ano.
A concelleira María Rozas. (Foto: Europa Press)
Dependencia

Compostela multa a concesionaria do SAF por infraccións "graves e reiteradas"

É a segunda sanción imposta polo Goberno local á empresa.
Salvador Soutullo na residencia DomusVi San Lázaro. (Foto: Arxina).
Entrevista

Salvador Soutullo, escritor: "Os coidados teñen que ser públicos e accesíbeis"

O escritor e colaborador de Nós Diario Salvador Soutullo (Catalunya, 1965) presenta esta terza feira un libro que, segundo asegura nas primeiras páxinas, nunca pensou en escribir. 'Coidados de maiores e enfermos' é o resultado da súa experiencia como doente de diabetes e usuario dunha residencia de maiores tras sufrir unha amputación.
Asemblea en Compostela de traballadoras do servizo de axuda no fogar (Foto: Nós Diario).
star
25-N

As mulleres que traballan nos coidados a domicilio, as máis vulnerábeis ao acoso sexual

A violencia contra as mulleres nos postos de traballo é cada vez máis visíbel, entre outras cuestións, polo apoio sindical ás vítimas e as campañas que promoven que as agresións sexan denunciadas. O servizo de axuda no fogar (SAF) centra as denuncias a este respecto, destacan os sindicatos. 
A conselleira Fabiola García nunha visita a unha residencia (Foto: Xunta da Galiza).
SOCIAL

A Xunta reduce por baixo de 20% o peso público nas residencias

Menos de 20% das residencias de maiores da Galiza son públicas. Apenas 5.000 das 22.000 prazas que hai no noso país están en centros públicos. No entanto, aumentan as prazas privadas e tamén aquelas de xestión privada mais sufragadas con fondos públicos. Familiares de usuarios e sindicatos coinciden en que a estratexia da Xunta avanza cada vez máis na "privatización" duns ervizo que debera ser público. 
Vista panorámica de Vigo. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Trasladan ao hospital un ancián achado entre feces e ouriños nun domicilio de Vigo

Minutos máis tarde de irromper a Policía na vivenda chegou o xenro do ancián, que confirmou que é el o encargado de darlle de comer todos os días. Porén, após ser preguntado sobre quen o asea, dixo que ninguén.
Momento da actuación policial decorrida esta cuarta feira, 8 de novembro, nos números 11 e 13 da rúa Fisterra de Vigo, onde apareceu un veciño falecido. (Foto Nós Diario)
SOCIAL

Veciñanza dos edificios despexados en Vigo sinala Abel Caballero: "Para as luces está, pero para isto non. Por que non dá a cara?"

O cadáver dun home foi atopado esta cuarta feira minutos antes do despexo forzoso do inmóbel
A veciñanza da rúa Fisterra foi desaloxada a primeira hora desta mañá. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Atopan un home morto no desaloxo forzoso das 'infravivendas' da rúa Fisterra de Vigo

O precario estado do cadro eléctrico e o temor a un incendio levou o Concello a ordenar o desafiuzamento dun bloque que funcionaba como 'pensión clandestina'. REDE denunciará os feitos na Fiscalía para investigar a posíbel presenza en Vigo dunha "rede delituosa" que se aproveita das persoas vulnerábeis e concretar se o Goberno local actuou correctamente.
Os expedientes da dependencia acostuman rexistrar amplos atrasos no país. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

O PP fala de "éxito" na súa xestión da dependencia malia a Galiza duplicar o máximo fixado para tempo de espera

As persoas dependentes teñan que agardar na Galiza unha medida de 370 días (44 días máis que a media estatal) para ver recoñecida esta condición. Por lei o tempo máximo de agarda é de seis meses

Persoas dependentes