Deputación da Coruña

PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA NO 36

López Bouza, o home que voltou a Ferrol a defender a República

O presidente e o vicepresidente da Deputación da Coruña -José López Bouza e Ánxel Casal- estaban en Madrid o 18 de xullo de 1936 xunto con Castelao por mor da entrega do Estatuto de Galiza nas Cortes. Pero eles dous, en contra da opinión do rianxeiro, deciden voltar a defender a legalidade republicana. Xa coñeciamos a Casal, pero quen era José López Bouza?

alcaldes
MEMORIA E HISTORIA

A Deputación da Coruña homenaxeará alcaldes e concelleiros represaliados

Alcaldes e membros das corporacións municipais que padeceron a represión despois do golpe militar de 1936, do que se cumpre 80 aniversario, serán protagonistas dunha homenaxe da Deputación da Coruña que se desenvolverá o vindeiro día 28 de xullo ás 12 da mañá.
 

bienalvenecia
CULTURA

Arquitectura galega na Bienal de Venecia

As maquetas dos estudos de Creus e Carrasco e Elsa Urquijo móstranse en dous “palazzos” na Bienal de Venecia.

depu
CULTURA

O Torrente Ballester convértese no premio mellor dotado de narrativa en galego

Até o de agora o Premio Torrente Ballester de Narrativa admitía orixinais en galego e en español, pero en 37 edicións só 7 foran acadados por textos en galego. A Deputación vén de crear dous premios, un en cada lingua. 

goretti cultura1
CULTURA

Cambio de rumbo na política cultural da Deputación da Coruña

Adeus ás axudas nominativas, ola á concorrencia competitiva. Goretti Sanmartín vén de presentar as novas liñas de subvencións que fan visíbel un novo modelo de política cultural. Festivais, museos e centros de interpretación, fundacións e entidades de cultura tradicional e popular serán as beneficiarias dun orzamento de 2.250.000 €.

territorioexpandido
CULTURA

Fotografía para expandir o territorio: Galiza, Portugal, Brasil

“Territorio expandido” é a exposición de fotografía contemporánea galega, brasileira e portuguesa con que a área de Cultura da Deputación da Coruña inaugurou a Dársena da Coruña como espazo expositivo ao aire libre. O proxecto, ademais da mostra de 37 fotógrafos e fotógrafas, ofrece obradoiros, conferencias e un volume que mostra o encontro das tres culturas a través da imaxe.

depu-teatrocolon
HABERÁ CONVOCATORIAS ABERTAS

A Deputación abre o Colón a residencias de artistas

A área de Cultura da Deputación e o Teatro Colón preparan conxuntamente unha convocatoria aberta a compañías e artistas para residencias artísticas no Teatro Colón e, como anticipo, presenta o programa DAC_EstadíasColón que leva de xira por distintos concellos da provincia os tres últimos espectáculos que naceron no teatro da Coruña dependente da Deputación.

CULTURA

A Deputación apoiará a musealización da casa de Dieste

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, vén de comprometerse nunha visita a Rianxo a financiar boa parte da restauración e musealización da casa de Rafael Dieste como “un chanzo importante no camiño do proxecto de Rianxo como vila literaria de referencia para a cultura galega”.

belentajes
PROXECTO EUROPEO DE INTERCAMBIO CULTURAL

Belén Tajes a Irlanda; Luned Rhys Parry en Galiza

A músico coruñesa Belén Tajes vén de conseguir unha residencia artística en Irlanda para crear un cancioneiro de temas en galego e gaélico relacionadas co mar. Mentres, hai uns días chegaba a Galiza grazas ao mesmo programa Tosta a artista galesa Luned Rhys Parry. 

expo-irmand
DE DEPUTACIÓN, RAG E MUSEO DO POBO

A expo “Saúde e Terra, irmá(n)s!” sobre as Irmandades percorrerá todo o país 

A exposición “Saúde e Terra, irmá(n)s!” percorrerá a partir do 18 de maio as sete cidades galegas para conmemorar o centenario da creación das Irmandades da Fala. O proxecto nace do acordo da Deputación da Coruña, o Museo do Pobo Galego e a Real Academia Galega.

deputación-8marzo
DÍA DAS MULLERES

A Deputación da Coruña crea bolsas para os estudos de xénero

A nova convocatoria das bolsas de investigación da Deputación da Coruña inclúe, como novidade, a creación de dúas bolsas para a área de estudos de xénero. A iniciativa afonda na liña da área de incentivar a igualdade desde o ámbito da cultura. Outra das novidades  é tamén a inclusión da área de planificación sociolingüística da lingua galega na relación de bolsas.

luned
PROXECTO EUROPEO TOSTA

Unha residencia artística musical en Irlanda

Búscase artista musical, maior de idade e cun proxecto creativo propio. Son as condicións para optar á residencia artística en Irlanda que a área de Cultura da Deputación da Coruña convoca dentro do marco do Proxecto “TOSTA Cultural Cargo”, unha proposta de intercambio cultural que forma parte do programa Donostia-Capital Europea da Cultura 2016.

Deputación da Coruña
SOCIAL

A Deputación da Coruña investigará se existen máis casos de aborto sen asistencia na Galiza

Procurará información entre as demais institucións provinciais e amósase partidaria de crear dous centros de referencia na Galiza. 

Xosé Regueira recibe o premio Xantar da man do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez
SOCIAL

Xantar premia a estratexia turística da Deputación da Coruña

Xantar galardoou a iniciativa impulsada desde o goberno provincial.