Deputación de Lugo

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e o podio masculino da proba (Foto: Deputación de Lugo).
DEPORTES

O Ancares Cycling Marathon reuniu máis de medio millar de ciclistas

A cita, dividida en tres roteiros, contou con grandes nomes como Claudio Chiappucci, Carlos Canal ou Javi Gómez Noya. David Mayo, en categoría masculina, e Tuxa Fernández-Coronado, na feminina, quedaron en primeiro lugar na clasificación.

Efrén Castro e José Tomé. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Crear unha Administración pública máis eficaz, no acordo de Goberno entre PSdeG e BNG para a Deputación de Lugo

O nacionalista Efrén Castro ocupará a única vicepresidencia

José Tomé Roca, presidente da Deputación de Lugo.
POLÍTICA

José Tomé investido de novo presidente da Deputación de Lugo

O pleno da Deputación de Lugo reelixiu onte como presidente da institución ao socialista José Tomé. Tomé, que compaxinará a responsabilidade coa Alcaldía de Monforte, estará acompañado na vicepresidencia polo concelleiro nacionalista de Sarria, Efrén Castro.

Os concelleiros e as concelleiras do PP do partido xudicial de Tui ratirifaron esta quinta feira o nomeamento dos seus deputados provinciais. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O PP avanza os nomes que integrarán o futuro Goberno da Deputación de Pontevedra

Rafael Domínguez e Marta Fernández-Tapias serán vicepresidente e vicepresidenta da institución provincial.

bng deputacionb lugo
POLÍTICA

Efrén Castro e Iria Castro, elixidos deputados provinciais por Lugo do BNG

Efrén Castro Caloto e Iria Castro Fernández serán os representantes do Bloque Nacionalista Galego na Deputación de Lugo a partir da conformación da corporación provincial. No acto que se celebrou hoxe no xulgado de Lugo onde as concelleiras e concelleiros electos da xunta electoral de zona de Lugo elixiron os deputados provinciais acadados tras as eleccións municipais do 28 de maio, onde o BNG acadou dúas actas. Ademais de ser referendadas polos correspondentes órganos da fronte nacionalista. Deste modo o BNG fai unha aposta "pola renovación e a continuidade do grupo provincial na Deputación de Lugo. O papel do BNG será clave para a gobernabilidade da institución", afirma. Efrén Castro Caloto é o actual voceiro do BNG no concello de Sarria e Iria Castro Fernández, actual edil do BNG en Castroverde.

José Tomé, presidente da Deputación de Lugo, nunha imaxe de arquivo (Foto: Nós Diario).
Agora

O PSOE de Lugo designa oficialmente José Tomé como candidato á reelección na Deputación

A comisión executiva provincial do PSdeG de Lugo vén de designar de forma oficial do alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, como candidato dos socialistas a presidir de novo a Deputación de Lugo, institución que o rexedor monfortino encabeza desde 2019. O acordo foi adoptado pola dirección que lidera o propio Tomé, quen, nun comunicado remitido aos medios a última hora da segunda feira, manifestou a súa vontade de "seguir traballando de forma intensa e continua" para que a Deputación "siga sendo útil" aos concellos. O nomeamento como candidato debe pasar agora por mans da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG, previo paso á súa aprobación por parte da Comisión Federal de Listas do PSOE.
Maite Ferreiro (BNG) e José Tomé (PSdeG), vicepresidenta e presidente da Deputación de Lugo (Foto: Europa Press).
28-M

A Deputación de Lugo ficará finalmente en mans de PSdeG e BNG

Tomé dá por cumprido o "obxectivo" a nivel provincial e asegura que os 15 votos impugnados en Friol "non cambiarán as cousas"

Maite Ferreiro (BNG) e José Tomé (PSdeG), vicepresidenta e presidente da Deputación de Lugo (Foto: Europa Press).
28-M

A Deputación de Lugo, no fío da navalla. 30 votos decidirán o control da Institución

Socialistas e nacionalistas manterían os seus deputados nos partidos xudiciais de Mondoñedo, Chantada, Vilalba, Monforte e o sempre decisivo da Fonsagrada, decantado de novo ao PSOE.
O pazo da Deputación de Pontevedra (Foto: Deputación de Pontevedra).
28-M

Finaliza o 28-M, estes son os resultados nas catro Deputacións galegas

Após a xornada electoral deste domingo, chega o momento de analizar a que será a cor das catro Deputacións galegas, institución cuxos representantes non son escollidos por sufraxio directo senón que se determinan polo número de concelleiros conseguidos por parte de cada formación política nos partidos xudiciais.
Zanfona galega. (Foto: Mimohe)
star
CULTURA

Lugo vira esta fin de semana en capital da zanfona

Desde o século IX até a actualidade, a zanfona evolucionou e perfeccionouse até adquirir as características que nos permiten falar da zanfona galega, propiamente dita. No seu rexurdir tivo un papel fundamental Lugo, cidade que esta fin de semana acolle a terceira edición de Celme de zanfona. Un encontro que xuntará musicólogos e intérpretes de renome, buscando popularizar un instrumento milenario que, segundo as persoas expertas, vive na actualidade o seu mellor momento.
Inmediacións do río Rato en Lugo (Foto: Adega).
SOCIAL

A Deputación de Lugo exixe á Xunta a "paralización" da Rolda Leste

Tal e como informaba 'Nós Diario' a semana pasada, a propia Deputación de Lugo alertaba de "graves irregularidades" no proxecto de trazado elaborado pola Xunta para a segunda fase da Rolda Leste.
A directora do Museo 
Provincial de Lugo, 
Aurelia Balseiro. (Foto: MPL).
star
Entrevistas

Aurelia Balseiro, viaxe ao Museo de Lugo

Hai museos que, mantendo viva a historia a través dos obxectos e da súa exposición, son capaces de explicar elementos vitais do pasado dun lugar. O Museo Provincial de Lugo é un deles. A súa actual directora, Aurelia Balseiro García (O Vicedo, A Mariña, 1967) quixo recuperar a traxectoria desta institución, desde os seus inicios e até que cumpriu cincuenta anos de existencia, nun traballo que se publicou co nome de 'Museo Provincial de Lugo. Orixe e consolidación (1932-1982)'. 
Maite Ferreiro (BNG), vicepresidenta da 
Deputación de Lugo (Foto: Xan Carballa).
POLÍTICA

Maite Ferreiro, vicepresidenta da Deputación de Lugo: "A xente nova sabe facer política con convicción e sen crispación"

Concelleira na capital luguesa desde 2015, e vicepresidenta da Deputación de Lugo desde 2019, Maite Ferreiro (Castroverde, 1964) é unha muller de orixe labrega que mantivo fidelidade ás súas raíces. Hoxe, desde o seu papel institucional, reivindica o compromiso da xente nova que mantén o empeño en desenvolver un futuro vital ligado ao mundo rural, para o que reclama servizos e dignidade.
Inmediacións do río Rato en Lugo (Foto: Adega).
POLÍTICA

Advirten "irregularidades" no proxecto da Xunta para a Rolda Leste de Lugo

A Deputación de Lugo afirma que caducou a declaración de impacto ambiental.
Efrén Castro, deputado de Deportes na Deputación de Lugo (Foto: Nós Diario).
DEPORTES

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo convoca 230 bolsas para deportistas de modalidades individuais

O deputado de Deportes, Efrén Castro, destacou o incremento do 18% no orzamento desta liña de apoio ao deporte, cun investimento total de 100.000 euros.

Panorámica da ría de Ribadeo. (Foto: Nós Diario)
LINGUA

O presidente do Principado de Asturias, Adrián Barbón, defede o topónimo 'ría do Eo'

Esta semana a Xunta recorreu ante a xustiza de Madrid en defensa do topónimo 'ría de Ribadeo'.
Encarna Lago (xerente da Rede Museística), Maite Ferreiro (vicepresidenta da Deputación) e Aurelia Balseiro (directora do museo de Lugo). (Foto: Deputación de Lugo)
star
CULTURA

As III Xornadas Pacegas afondan na violencia sobre mulleres esenciais da historia galega

Constanza de Castro, Catarina de Santiso e María Paz protagonizan as palestras.
Maite Ferreiro (BNG) e José Tomé (PSdeG), vicepresidenta e presidente da Deputación de Lugo (Foto: Europa Press).
star
POLÍTICA

PSOE e BNG saen con vantaxe na batalla por gobernar a Deputación de Lugo

A batalla polo Goberno da Deputación de Lugo está sendo dura. A falta de dous meses para que decorran os comicios municipais, as sondaxes apuntan a un Goberno entre socialistas e nacionalistas. Porén, fica moito partido por diante.
Panorámica da ría de Ribadeo. (Foto: Nós Diario)
LINGUA

A Deputación de Lugo recorrerá ante o TSX de Madrid a decisión do Goberno de admitir a denominación 'ría do Eo'

"'Ría do Eo' carece de fundamentación técnica, xurídica e tamén histórica", defende a institución.
Javier Arias, delegado da Xunta en Lugo, e Pilar García Porto, deputada de Turismo na Diputación e portavoz provincial socialista. (Fotos: Nós Diario)
POLÍTICA

A socialista Pilar García Porto insta o delegado da Xunta a desculparse por un comentario: "Nunca vivira algo semellante"

"Dille a Pilar que veña, que mova o cu" foron as palabras que, segundo a responsábel de Turismo da Deputación de Lugo, pronunciou Javier Arias dirixíndose a unha traballadora provincial.