star
ECONOMÍA
Adegas de Terras do Navia celebran un ano de IXP e oito séculos de historia
11/maio/24
A Asociación Galega de Viticultura (AGV) comezou esta sexta feira en Lugo unha serie de eventos para dar a coñecer os viños da recentemente creada Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Terras do Navia. Os actos continuarán este mes en Vilalba (A Terra Chá) e en xullo nos municipios mariñáns de Viveiro e Barreiros.