dereitos

Països Catalans

Conclúe a Cimeira polo Dereito a Decidir sen acordo entre soberanistas e PSC

As forzas soberanistas optan declaradamente pola independencia. O PSC quer que Catalunya continúe ligada ao Estado español.

Acto simbólico desenvolvido en Pontevedra
SOCIAL

'Mar de lumes' polos dereitos dos pobos

O Comité galego de solidariedade internacionalista celebrou en Pontevedra o seu primeiro acto publico para reclamar a soberania nacional das nacións sen estado. Vídeo no interior

 

Galiza

Que ten a ver a Xunta coa empresa que viola os dereitos humanos en Guatemala?

O propietario de Hidralia, Luis Castro Valdivia, foi o principal beneficiado da enxurrada de concesións hidroeléctricas feitas por un goberno de Fraga que estaba xa en funcións. Entre 1999 e 2005, cando o seu cuñado Ramón Ordás foi director xeral de Industria, o seu nome apareceu vinculado a 35 sociedades do sector. A oposición no Parlamento exixe saber en que tratos anda o Goberno galego con esta empresa. Contámoschos 

INTERNACIONAL

ETA: ''É hora de deixar de xogar coa vida e cos dereitos dos presos''

Sinala os gobernos español e francés como responsábeis "da dispersión, do illamento e dos castigos" que se practican nos centros penitenciarios de ambos os dous estados. Un recente informe europeo recoñece torturas

POLÍTICA

BNG, ERC e Amaiur impulsan unha iniciativa a prol do dereito a decidir

A organización frontista compareceu publicamente con ERC e Amaiur para presentar unha outra proposición a prol do dereito a decidir dos pobos. 

SOCIAL

A man do PP na TVG "afecta desde os informativos até os debuxos animados"

Falamos con Lola Ferreiro, voceira da plataforma en defensa da radio e da televisión pública galegas que se constituíu o ano pasado: Mira por Elas! 

Banco Gallego
ECONOMÍA

A CIG pide dereito á obxección de conciencia do persoal de entidades financieira

Os desafiuzamentos, as preferentes e as quitas poñen a boa parte do persoal de entidades financieiras nunha difícil situación que a CIG quere evitar demandando a obxección de conciencia que está recoñecida mesmo polo Tribunal Constitucional. 

SOCIAL

A TVG adoutrina contra o aborto e vincúlao co asasinato

A televisión pública non ten espazo nos seus informativos para dar conta dos protestos das mulleres galegas en prol dos seus dereitos. Porén, a nova que máis tempo ocupou no telexornal do día 16 foi o xuízo contra un médico abortista que tería matado sete naipelos nos EUA. A nova foi tirada da imprensa ultrarrelixiosa

Manuel González
Galiza

Manuel González, “A RAG debe velar polos dereitos lingüísticos”

Secretario na executiva de Xosé Ramón Barreiro e tesoureiro na de Xosé Luís  Méndez Ferrín, o profesor e filólogo Manuel González dá un paso adiante e preséntase para presidente da RAG na compaña dos tamén membros do ILG Francisco Fernández Rei e Xosé Luis Regueira. 

De dereitos

Un dos obxectivos que desde ESCULCA, Observatorio para a Defensa dos dereitos e liberdades, temos é o de acadar a plena emancipación de toda tutela relixiosa e a consecución de sociedades autónomas e independentes de calquera credo.
SOCIAL

A irmá de Fraga emprende desde o 'ABC' unha cruzada contra o dereito das mulleres a decidir

Publica unha Carta ao director en que informa de que se lle ofreceu voluntaria a Rajoy para "ler no Congreso e no Senado os nomes  dos máis de 1.700.000 bebés asasinados silenciosa e legalmente polo aborto en España desde 1985". Aproveitou tamén para lle pedir que "acabe con este masacre" e modifique a lei de 2010

manifestación presos
INTERNACIONAL

O Estado español amaga con se rebelar contra o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos pola 'Doutrina Parot'

España xoga ao alarmismo: derrogar a Doutrina Parot deixaría libres a centos de “violadores, terroristas e asasinos en serie”. O ministro do Interior español insinúa que non cumpirrá o fallo do Tribunal de Estrasburgo se anula dita doutrina. o Tribunal iniciou a súa deliberación sobre esta medida de excepción aplicada polo Estado español
Galiza

TSGX aplica o criterio do TXUE e recoñece o dereito do profesorado interino a cobrar sexenios

A máxima institución xudicial galega falla a favor da CIG-Ensino e obriga á Consellaría de Educación a recoñecer a igualdade retributiva do persoal interino. Asemade cárgalle á Xunta os custos do xuízo.
asemblea BNG
POLÍTICA

Vence chama a articular un amplo movemento soberanista social e político para dotar a Galiza dun Estado propio

Xavier Vence foi elexido portavoz nacional cun apoio case que unánime, 1.215 votos a favor, 9 en contra e 44 abstencións. E no seu primeiro discurso como portavoz nacional defendeu camiñar cara a un estado propio e unha sociedade inclusiva. E para iso, ilusión, diálogo e traballo, aconselleu. "Temos que partillar unha folla de rota con todas as forzas nacionalistas para erguer un movemento multicor soberanista"
 
SOCIAL

O repagamento nos comedores escolares, "máis un ataque ao dereito á educación"

Educación enmascara como "redistributiva" e "progresiva" a decisión de ampliar o repagamento nos comedores escolares a milleiros de familias. Desde CIG lémbrase que o alumnado que ten dereito a comedor gratuíto é o que utiliza o transporte público e vive lonxe do centro escolar, "un xeito de garantir o seu dereito á educación"
SOCIAL

Unha maré feminista inunda Compostela en prol dos dereitos das mulleres

O feminismo galego saiu ás rúas da capital galega ao berro de "deixa pasar, son feminista e o mundo vou mudar!". Vídeo no interior
Estamos FARTAS!
SOCIAL

As manifestacións polos dereitos das mulleres chegan aos centros de traballo

Ducias de mobilizacións convocadas pola CIG-Muller denunciaron nunha xornada de loita nacional as "celebracións e conmemoracións hipócritas" daquelas entidades e administracións que recortan, acotío, os dereitos das mulleres.
INTERNACIONAL

Demite o fiscal catalán, expedientado por apoiar o dereito a decidir

Puxo o seu cargo a disposición do fiscal xeral do Estado, Eduardo Torres-Dulce, que encetou na segunda feira a vía para destituílo polas súas opinións en prol do referendo pola independencia
Països Catalans

Torres Dulce abre a vía para destituír o fiscal catalán por defender o dereito a decidir

Eduardo Torres-Dulce, fiscal xeral do Estado, anuncia que iniciará o procedemento para destituír o fiscal superior de Catalunya, Martín Rodríguez Sol, após posicionarse a favor da consulta pola independencia. Torres-Dulce, como todos os fiscais xerais do Estado, foi nomeado polo Goberno.
Galiza

Abonda xa! Berro conxunto do soberanismo galego contra a corrupción e polos
dereitos nacionais

A partir das 12h, hora prevista para o inicio da mobilización, poderás seguila minuto a minuto a través da nosa conta de twitter @SermosGaliza