Día das Letras Galegas

Detalle do cartaz de Artábria para a homenaxe a Carvalho
Presentación en Foz o 3 de outubro

As mil caras de Carvalho Calero nun libro

Hei entrar no meu povo: reivindicarmos Carvalho Calero é o título do libro colectivo sobre a figura homenaxeada no Día das Letras 2020 que esta quinta feira, 3 de outubro, ás oito e medio do serán, na libraría Bahía de Foz. Participarán tres autores do mesmo: o historiador Bernardo Máiz, o filólogo Xosé María Dobarro e mais o coordinador Xosé Manuel Pazo.
anxel casal sasociación
CULTURA

Unha campaña pide que o Día das Letras Galegas de 2021 sexa para Ánxel Casal

É un dos propósitos de traballo da asociación que leva o nome do editor e político nacionalista. A Asociación Cultural Ánxel Casal vén de renacer en Arzúa coa vista posta en 2020, 125 aniversario do nacemento do que fora alcalde de Compostela.

Comisión Carvalho
Entrevista

"As Letras non poden transcorrer nunha liorta empobrecedora entre carballistas e carvalhistas”

Após anos, vinte xa, de reivindicación social de Carvalho Calero, a Real Academia Galega decidiu, non sen polémica, dedicar o Día das Letras de 2020 a unha das figuras imprescindíbeis da cultura galega. Xa está á venda "Hei de entrar no meu povo", o segundo -o primeiro é "Á sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única", de Xulio Pardo de Neyra, tamén en Edicións Embora- que sae do prelo logo de coñecerse a decisión da RAG. Falamos cos seus coordinadores. 
Carvalho Calero
Publicouse polos 25 anos do seu falecemento

Sermos Galiza publica en aberto o A FONDO sobre Carvalho Calero

O 26 de marzo de 2015 o semanario Sermos Galiza saía á rúa cun A FONDO especial sobre Ricardo Carvalho Calero con motivo dos 25 anos do seu falecemento. Recuperamos o monográfico cando a Real Academia Galega vén de dedicir que o ferrolán sexa a figura á que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2020.

[Imaxe: Artábria] Carvalho Calero
Día das Letras Galegas 2020

A Fundaçom Artábria di que “a homenagem da oficialidade" a Carvalho "chega tarde”

Continúan as reaccións á elección de Ricardo Carvalho Calero como figura á que se lle dedicará o Día das Letras Galegas en 2020. A Fundaçom Artábria emite un comunicado en que sinala que “o momento chega com vinte anos de atraso, pois foi a partir do ano 2000, dez anos depois do seu falecimento, que a dedicatória do Dia das Letras se podia ter produzido. O sectarismo da RAG impediu-no”.

[Imaxe: RAG] Carvalho Calero, en 1957
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Carvalho Calero: O mérito do traballo, o valor da historia

Resgatamos un artigo de María Pilar García Negro, escritora e profesora da UDC, sobre a figura de Carvalho Calero, que foi publicado en marzo de 2015 nun A FONDO do semanario en papel Sermos Galiza cando se facían 25 anos do pasamento do intelectual, a quen a Real Academia Galega vén de elixir como homenaxeado co Día das Letras Galegas 2020.

carvalho calero
Día Das Letras 2020

Carvalho Calero: vivir con autenticidade

A Real Academia Galega vén de decidir que Ricardo Carvalho Calero sexa o homenaxeado co Día das Letras Galegas en 2020. Recuperamos o perfil do autor publicado nun A FONDO especial do semanario en papel Sermos Galiza.

Carvalho Calero
CULTURA

A AGAL parabeniza a RAG pola escolla de Carvalho Calero

“Um motivo de imensa alegria para a nossa associaçom, com que tivo um forte vínculo”. Así reaccionaba a AGAL á elección de Ricardo Carvalho Calero como persoa á que se lle dedicará o Día das Letras Galegas en 2020.

[Imaxe: Moncho Rama] Carvalho Calero
Día das Letras Galegas

2020, ano Carvalho Calero

Un dos vultos máis brillantes da literatura e da lingua galega, Ricardo Carvalho Calero(Ferrol, 1910-Compostela, 1990), será homenaxeado co Día das Letras Galegas o próximo ano. Así o decidiu o plenario da Real Academia Galega nunha sesión á que, tal e como avanzara Sermos Galiza, concorreron dúas propostas co escritor de Scórpio como protagonista. O nome saíu adiante con 21 votos a favor, un voto en branco e un en contra, segundo informou Víctor Freixanes en rolda de imprensa.

CULTURA

Sete académicos reivindican o impulso orixinal de Carvalho para o Día das Letras

Ricardo Carvalho Calero será, á fin, protagonista do Día das Letras Galegas. E serao dunha maneira singular: dúas propostas distintas, rexistradas con apenas unhas horas de diferenza e por dous grupos de académicos distintos, apostan polo intelectual ferrolán. Sete membros da institución, todos asinantes dunha das dúas iniciativas, reivindican nun comunicado o impulso orixinal da candidatura.

Sen título
ESPECIAL SOBRE ANTONIO FRAGUAS

Tecidos e traxes: patrimonio cultural

As vestimentas tradicionais de Galiza tamén foron motivo de estudo por parte de Antonio Fraguas, quen afirmaba que “para atopar a raíz e a esencia do noso traxe, debemos comezar polo coñecemento da materia prima para a súa elaboración”. Do seu legado fica hoxe o Premio Antonio Fraguas de Investigación sobre o Traxe Galego.

1984 Coloquio Etnogr. Mari¦ütima
ESPECIAL SOBRE ANTONIO FRAGUAS

O patrimonio arqueolóxico ao servizo da construción nacional

Antonio Fraguas tivo a fortuna de contar como profesor no instituto de Pontevedra con Lousada Diéguez, quen lle inculcou o interese pola recollida e conservación de todo o patrimonio cultural. Desde o Seminario de Estudos Galegos catalogou e estudou o patrimonio arqueolóxico coa intención primordial de fixar os alicerces da nación galega.

Sen título
ESPECIAL SOBRE ANTONIO FRAGUAS

A literatura oral na vida e obra de Antonio Fraguas

Antonio Fraguas recolleu lendas e cantigas populares, formas de expresión e de entender o mundo. Fíxoo para construír un discurso sobre a cultura. A súa tendencia innata a fixarse en contos, lendas e demais manifestacións da literatura popular xuntouse co feito de medrar entre persoas nas que esas formas literarias xermolaban.

presentación de O Feito Diferencial Galego, en Compostela, 1998. Acompañan Antonio Fraguas Marcial Gondar e Carlos García Martínez (arquivo MPG-AFF).
ESPECIAL SOBRE ANTONIO FRAGUAS

Don Antonio Fraguas, lección moral para o nacionalismo cultural

A figura de D. Antonio Fraguas Fraguas, dedicatario das Letras Galegas do presente ano, constitúe un exemplo de compromiso moral e de dignidade senlleiros na historia da Galicia recente. O mundo do que procedía traza os horizontes da súa vocación intelectual e da realidade social que examina e traduce en termos culturais.

Carvalho Calero
Apoian a candidatura 13 académicas

A Executiva da Academia aposta en Carvalho Calero para o Día das Letras de 2020

Todo apunta a que Ricardo Carvalho Calero será a persoa a quen se lle dedique o Día das Letras Galegas de 2020. Trece integrantes da RAG, entre eles a Executiva, presentaron unha outra proposta sobre o ferrolán, alén da rexistrada por nove académicas e académicos e da que informara Sermos Galiza na mañá da terza feira.

Inauguración do Museo do Pobo Galego en 1977. Á esquerda, Filgueira Valverde e Fraguas; na dereita, Xaquín Lourenzo “Xocas” (arquivo MPG-AFF).
ESPECIAL SOBRE ANTONIO FRAGUAS

A (in)utilidade da antropologia galega

Na história da humanidade muitos saberes considerados inúteis acabaram por ter grande relevância na vida das pessoas. Do ponto de vista académico a antropologia galega é cada vez mais débil nas três universidades públicas galegas e apenas pode ser estudada na “Universidad Nacional de Educación a Distancia” (UNED) nos seus campus da Corunha e Pontevedra principalmente, e sem uma visão de destaque para a Galiza como objeto-problema e terreno de estudo.Paradoxalmente a antropologia galega reinventa-se fora do âmbito universitário através do CSIC-INCIPIT, o Museu do Povo Galego e outras organizações como AGANTRO (Associação Galega de Antropologia), liderada por uma geração jovem, muito dinâmica e com uma visão dominante entre os seus membros de que a antropologia galega tem que ter um papel público e estar ao serviço das necessidades sociais da Galiza.

carvalho calero
CULTURA

Nove académicos promoven Carvalho Calero para o Día das Letras de 2020

Ricardo Carvalho Calero volverá ser candidato a protagonizar o Día das Letras Galegas. Nove académicos de número da Real Academia Galega rexistraron a proposta esta segunda feira, 20 de maio, día en que abriu o prazo para facelo
 

Fraguas dando unha lección aos
alumnos baixo o pórtico da Porta Norte da catedral de Lugo (arquivo MPG-AFF).
ESPECIAL SOBRE ANTONIO FRAGUAS

Antonio Fraguas en Lugo

O autor homenaxeado co Día das Letras Galegas pasou unha parte fundamental da súa vida en Lugo, a onde chega con 45 anos e unha experiencia docente de vinte anos en centros oficiais e privados. A súa pegada en Lugo non só tivo a ver co ensino. O seu ronsel ficou tamén no ámbito cultural.

Que viva don Antonio e pereza “San Antón”

Fraguas, Pedrayo e Mosquera en 1947
(arquivo MPG-AFF).
ESPECIAL SOBRE ANTONIO FRAGUAS

Ser quen de volver camiñar

Nuns días esfarelouse todo o traballo realizado durante máis dunha década a prol da cultura propia e da súa lingua no Seminario de Estudos Galegos. Nuns días rompeuse o soño acariñado coas mans dun Estatuto de Autonomía para Galicia. Nuns días perdeu Fraguas a súa cátedra gañada con moito esforzo e converteuse nun dos exiliados en terra. Eis unha ollada ao ensino e á investigación após o golpe de Estado.