economía

ECONOMÍA

Pescanova pasa a partillar a súa marca ao 50% cun holding estadounidense

Segundo vén de informar Faro de Vigo,  Pescanova modificou a principios de febreiro o rexistro da súa marca para a partillar cunha gran empresa estadounidense
Desemprego
ECONOMÍA

Historias de parad@s

Após se coñecer que o número de parado@s do país aproxímase xa d@s 300.000, Sermos Galiza acudiu ás oficinas de emprego para poñer cara a un drama social sen precedentes.
ECONOMÍA

Vigo incoa, cun ano e tres meses de atraso, un expediente por abuso de autoridade a un suboficial d@s bombeir@s

Traballador@s do servizo de extinción de incendios suspenden as mobilizacións que tiñan convocadas ao coñecer que o documento estaba xa pendente da sinatura do alcalde. A sentenza que impuxo esta medida disciplinaria foi ditada en novembro de 2011
Mobilización do sector naval en Ferrol
ECONOMÍA

A Sepi anuncia xestións para levantar o veto a Navantia, unha nova "cortina de fume" para os traballadores

A xuntanza de responsábeis da Sepi con alcaldes de Ferrolterra e comité de empresa de Navantia para falar do dique flotante finalizou sen compromiso ningún. A Sepi xogou a baxa de prometer que tentará que Bruxelaslevante o veto á construción civil e os representantes dos traballadores falan de endurecer as protestas
Estaleiro Vigo
ECONOMÍA

Barreras avanza que construirá o flotel de Pemex xa en abril e negocia dous barcos máis

García Costas anunciou que Barreras comezará construír antes de finais de abril o flotel de Pemex, para alén de anunciar que negocian coa multinacional mexicana a posibilidade de facer dous barcos máis. Feijóo cifrou en 3.000 empregos os que darían os 2 floteis. Os sindicatos reducírono a unha cuarta parte
ECONOMÍA

Un paso máis cara @s 300.000 parad@s

Febreiro deixou 2.033 galeg@s máis no desemprego, segundo o paro rexistado. Un paso máis cara á fronteira d@s 300.000 parad@s que a propia Xunta asume se cruzará neste 2013.
SOCIAL

"As mulleres do rural da Galiza loitaron moito máis polas reivindicacións domésticas que as do resto de Europa"

Conversamos coa historiadora Isabel Rodríguez, encargada de compilar os 22 documentos do feminismo galego editados pola fundación Galiza Sempre e que vén de presentar o Observatorio Mariña pola Igualdade
ECONOMÍA

As primeiras sentenzas polos despedimentos en Agader declaran nula a decisión do PP

CIG reclama a readmisión d@s 23 traballador@s que perderon o seu emprego en novembro do ano pasado para que non teñan que agardar pola sentenza que declarará nulo o despedimento
ECONOMÍA

Cada día, 21 mulleres emigran da Galiza na procura dun traballo remunerado

Os datos do mercado laboral das mulleres "son cada vez peores". CIG presenta o informe de 2012 e a campaña que desenvolverá co gallo do 8 de marzo
ECONOMÍA

A Audiencia Nacional ve ilegal retirar a extra de decembro ao persoal laboral da Administración

Pide que o Tribunal Constitucional se pronuncie sobre unha posíbel vulneración do artigo 9.3 da Carta Magna ao se ter aplicado a medida con carácter retroactivo
ECONOMÍA

Preconcurso de acreedores de Pescanova para tentar escorrentar a insolvencia

Pescanova, unha das firmas galegas de maior proxección internacional, vén de pedir o preconcurso de acreedores nun xulgado pontevedrés. Unha decisión que lle permite gañar catro meses para renegociar a súa débeda e evitar que a declaren insolvente
Desemprego xuvenial
ECONOMÍA

O desemprego na Eurozona marca un récord ao rozar o 12%

Grecia e o Estado español, cun 27 e un 26,2% e paro, lideran o desemprego na UE. Máis de 26 millóns de persoas están no paro na Unión Europea
Mulleres e homes do Naval
ECONOMÍA

A CIG non irá á xuntanza coa Sepi e levará as reivindicacións do naval ao Ministerio de Facenda

A central nacionalista non vai asistir á xuntanza de alcaldes de Ferrolterra e Sepi, pois entende que esta xa non é un interlocutor válido para o naval. A CIG levará as reivindicacións e demandas do sector aoMinisterio de Facenda
Feijóo e Conde Roa
POLÍTICA

Feijóo,en Compostela, non é o presidente do Partido Popular de Galicia


Un novo escándalo relacionado co goberno local de Compostela, neste caso de facturas falsas, e máis unha resposta de Feijóo como se non fose presidente do PPdeG, partido que goberna na capital de Galiza. Limítase a pedir "explicacións contundentes".
Feixe de billetes. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

A fuxida de capitais do Estado español atinxiu os 180.000 millóns de euros en 2012

A saída neta de capitais en 2012, sen contar as operacións do Banco de España, foi de 179.221 millóns de euros, case dúas veces e media máis que no ano anterior
flota
ECONOMÍA

Armadores galegos din que a prohibición dos descartes finiquitará o 2/3 da frota de altura

Asociacións de armadores, como a da Coruña, instan ao goberno español a levar a prohibición dos descartes ao Tribunal Europeo. Afirman que esta medida suporá a ruína para a flota galega no Gran Sol.
Santa Bárbara
ECONOMÍA

Encerro de 48 horas dos traballadores de Santa Bárbara contra o peche da factoría

Os 170 traballadores da factoría de armas Santa Bárbara, na Coruña, están a protagonizar un encerro de 48 horas contra a intención da empresa e pechar as instalacións herculinas e despedir a todo o cadro de persoal
Foto: @lara_grana
ECONOMÍA

Estafad@s polas preferentes poñen a alcaldes do PP na disxuntiva: "Ou @s veciñ@s ou o partido"

Ducias de estafad@s polas preferentes veñen de irompeir o pleno de As Neves para exixir a alcalde e concelleiros do PP que se comprometan a deixar ese partido se non hai unha solución xusta para @s afectad@s polo calote. Hai uns días, un cento de estafad@s retiveron durante horas ao alcalde do Porriño e membros da corporación.
Alfageme
ECONOMÍA

A CIG apresenta unha querela por prevaricación e malversación contra os cargos da Xunta que venderon Alfageme

A CIG apresentou no TSXG unha querela por prevaricación e malversación de fondos públicos contra os cargos da Xunta que participaron na venda da conserveira Alfageme, engtre eles os conselleiros de Industria, Francisco José Conde, e de Facenda, Elena Muñoz, así como o exconselleiro Javier Guerra.
Barcenas
ECONOMÍA

Bárcenas demanda o PP por despido improcedente e di que cobraba 21.300 euros brutos ao mes

O extesoureiro do PP interpuxo unha demanda contra o Partido Popular por despido improcedente, segundo informa El País. Bárcenas mantén que desde marzo de 2010 até o pasado 31 de xaneiro foi asesor do PP