electricidade

Ana Pontón, na feira da industria do metal organizada por ASIME. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Pontón pide que a riqueza eléctrica redunde na Galiza

Denuncia o impacto da suba da luz na industria.

Esperanzas e frustracións

cazolada 4
ECONOMÍA

Convocan cazolada e ‘apagón’ conxunto na Galiza, Euskal Herria e Catalunya contra “o oligopolio eléctrico”

O 8 de outubro é o día elixido por BNG, EH Bildu, ERC, CUP, Més per Mallorca, Més per Menorca e Junts para estas accións.

 

Parque eólico en Ordes. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Adega cifra en máis de 200 os proxectos eólicos tramitados pola Xunta e polo Estado

A asociación ecoloxista Adega di “Así non” a moitos dos proxectos eólicos en tramitación, sustentados nun Plan eólico “desfasado” e que non atende as peculiaridades da Galiza. Cifra en máis de 200 os presentados e advirte de que en total suman sobre 10.000 MW de potencia.

Teresa Ribera, ministra de Transición Ecolóxica, e Isabel Rodríguez, voceira do Goberno, despois do Consello de Ministros. (Foto: J. Hellín. POOL / Europa Press)
INTERNACIONAL

O Goberno español confía nunha rebaixa do 22% no prezo medio da luz en 2021

Recuperaranse 2.500 millóns de euros de beneficio das eléctricas polos altos prezos até marzo de 2022, nunha das medidas do paquete aprobado onte polo Consello de Ministros. A estimación do Goberno estatal é que a factura da luz baixe até o 30% antes de final de ano, na liña da promesa feita por Pedro Sánchez.
Ana Pontón.
POLÍTICA

Pontón reta Feixoo a soltarse "do ganchete" das eléctricas e apoiar unha tarifa eléctrica galega

O Bloque defende esta terza feira e unha proposición de lei no pleno do Parlamento para "compensar" Galiza polo seu papel produtor.
Acción simbólica do BNG no encoro de Belesar.
POLÍTICA

O BNG defende a tarifa eléctrica galega e pide acabar co "espolio enerxético" en Belesar

A formación nacionalista pedirá unha comisión de investigación para aclarar o "baleirado kamikaze" dos encoros galegos.
O presidente Alberto Núñez Feixoo, na reunión do Consello da Xunta (Foto: Arxina)
POLÍTICA

Feixoo cualifica de "broma" os avisos sobre os desembalses

A Xunta non considera comunicacións formais os faxes que a empresa enviou á Consellaría de Medio Ambiente e ao 112 (da Consellaría de Presidencia) avisando da súa intención de baleirar encoros.
Parque eólico no Monte Seixo na Serra do Cando. (Foto: Carlos Solla).
ECONOMÍA

A tarifa eléctrica propia gaña apoios fóra

Mañueco e Lambán defenden unha tarifa para as zonas produtoras.
Central eléctrica en funcionamento. (Foto: Europa Press)
star
ECONOMÍA

A factura eléctrica, disparada: A suba do prezo da luz afoga a economía

O incremento da factura eléctrica manda na actualidade. O seu impacto déixase notar no poder adquisitivo dos particulares así como no conxunto das actividades económicas. A este respecto, signifícase a súa incidencia naquelas compañías consideradas como grandes consumidoras enerxéticas, algunhas das cales viven unha situación moi crítica nos últimos anos, pero tamén no conxunto da industria, dos sectores produtivos, de maneira moi particular no conglomerado gandeiro e dos servizos. A falla de alternativas pon en risco a viabilidade de moitas empresas. 
Comisiónd e Economía e Industria do PPdeG (PPdeG)
POLÍTICA

Tellado: "Sánchez non baixa o prezo da luz polo seu interese recadatorio"

O secretario xeral do PP na Galiza cre que a PSOE e Podemos "non lles interesa" baixar o prezo da factura da luz.
Fernando Branco, secretario de Enerxía da Federación de Industria da CIG, e Paulo Carril, secretario xeral da CIG, onte en rolda de prensa. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

A CIG denuncia “un novo proceso de colonización enerxética” na Galiza

Chama a mobilizarse o 19 de setembro contra a “estafa da luz”.

Ula a nossa água?

Vista xeral do encoro de Salas o pasado 24 de agosto. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press) #encoro #presa #salas #baleirado #hidroeléctricas #eléctricas #miñosil #confederaciónhidrográficamiñosil #xunta #medioambiente
SOCIAL

A Xunta abre un expediente sancionador á Confederación da Miño-Sil polo baleirado dos encoros

O organismo xestor da conca, que depende do Estado español, acusa Medio Ambiente de manipular a información sobre a comunicación do baleirado das presas de As Portas e Cenza.

Setembro

A táboa de control de luces dun edificio o pasado mes de agosto (Ricardo Rubio / Europa Press).
ECONOMÍA

As asociacións de persoas consumidoras cren posíbel abaratar a luz nos fogares

Entidades sociais auguran un outono complicado coa actual tarifa horaria e urxen ao Goberno español para que actúe.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón (Foto: Arxina)
POLÍTICA

O BNG propón reformar a lei eléctrica ante a suba dos prezos

Pontón insta Feixoo a soltar o "ganchete do lobby eléctrico".
Segue a evolución do prezo da luz en Nós Diario. (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

As eléctricas fan o seu agosto coa suba da luz

A electricidade é un 16% máis cara na Galiza que na media dos Estados centrais da UE. O custo da electricidade volveu rexistrar máximos históricos. Mentres o encarecemento da luz continúa sen control, as eléctricas están levando adiante unha estratexia comercial destinada a fechar novos contratos referenciados nos prezos de agosto. As organizacións de persoas consumidoras advirten dos seus riscos.
O prezo máximo,174,49 euros/MWh, chegará entre as 20 e as 21 horas.
ECONOMÍA

Novo récord do prezo da electricidade para fechar agosto, o mes máis caro da historia

O prezo medio diario da electricidade no mercado almacenista dispárase esta terza feira até unha nova marca histórica. Alcanzará os 130,5 euros por megawatt (MWh). Nunha semana, encareceuse 31%. 
rede eléctrica tensión
ECONOMÍA

Novo récord para o prezo da luz, que mañá superará os 124 euros

O prezo da electricidade previsto para mañá pulveriza o anterior récord histórico de 122,76 euros, acadado o 26 de agosto.