entrevista

Tanxugueiras web
Entrevistamos Sabela Maneiro (Tanxugueiras)

«Queremos facer cousas deste tempo que o día de mañá se consideren pezas tradicionais»

As Tanxugueiras, após o seu revolucionario primeiro traballo, continúan esbozando a liña do trad cun novo álbum que acaba de saír do forno. Contrapunto é un disco de concepto, festeiro e visceral, atrevido e comprometido. Sermos Galiza conversa con Sabela Maneiro do proceso creativo e as inquedanzas que se atopan tras este título, que, xa dispoñíbel en plataformas dixitais, preséntase na sexta feira 29 de novembro na Sala Rebullón de Mos.
Na imaxe, Dorothé Schubarth, en Compostela. Foto: Irene Pin.
CULTURA

Dorothé Schubarth: "O pulso do canto galego é como un péndulo"

Entrevistamos Dorothé Schubarth (Basilea, 1944), co gallo da recollida do Premio Mestra da Memoria, outorgado pola AELG en Lugo.  Musicóloga, compositora, editora e estudosa do Cacioneiro Popular Galego, publicado ao carón de Antón Santamarina. Unha obra imprescindíbel da lírica de tradición oral, que conta tamén con gravacións únicas agora auspiciadas polo Arquivo Sonoro de Galiza. Eis un estrato da peza publicada no número 370 do semanario en papel Sermos Galiza.

 

[Foto: Bernat Almriall] O grupo Zoo Posse
Entrevistamos Panxo (Zoo Posse)

“Galiza foi a nosa terra predilecta desde que comezamos”

A sexta feira 25 de outubro o grupo valencià de moda, Zoo Posse, visita Galiza unha vez máis para despedirse por unha tempada. Sermos Galiza conversa co vocalista Toni Sánchez (Panxo) sobre a traxectoria pasada e futura dun proxecto que colocou con forza a música valencià fóra das súas fronteiras.

f7_EntrevistaPatricia
Entrevistamos Patricia de Lorenzo

"Chévere ten unha misión social"

Patricia de Lorenzo entrou en Chévere “soa ante o perigo”, coma o nome da Ultranoite en que, baixo o formato stand up, gañou o aprecio do público e das súas futuras compañeiras. Desde aquela, Patricia de Lorenzo (A Coruña, 1971), quen comezara con 19 anos no Centro Dramático Galego, leva máis de 20 anos implicada no proxecto Chévere, converténdose en piar fundamental non só sobre as táboas do escenario, pois desenvolve tamén labores de dirección, administración, xestión e produción. Como recoñecemento a esta longa traxectoria, recibe este mes o premio Xograresa de Outono, galardón entregado polo Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo. Eis un estrato da peza publicada no número 368 do semanario en papel Sermos Galiza
f6_EntrevistaFS
LINGUA

Antía Veres "É un labor das tradutoras eliminar o machismo da linguaxe"

Antía Veres (1990) é licenciada en Tradución e Interpretación, con especialidade en inglés‑galego, pola Universidade de Vigo. Colaborou profesionalmente co proxecto Trasno e foi unha das fundadoras da asociación Trabalingua (2009). Actualmente traballa como autónoma para diferentes editoriais, como Kalandraka ou Hugin e Munin. A tradución de Unha muller perdida, da autora norteamericana Willa Cather, valeulle o Premio Plácido Castro de Tradución, un galardón outorgado pola fundación homónima en colaboración coa Asociación de Tradutores Galegos, que recoñece a mellor tradución do ano á nosa lingua. O xurado destacou o uso dun “galego extremadamente natural e próximo, empregando unha fraseoloxía propia sen alterar a atmosfera natural da novela”. Eis un estrato da peza publicada no número 367 do semanario en papel Sermos Galiza.  
[Foto: Habelas Hainas] As catro integrantes de Habelas Hainas
Entrevistamos Arantza Alfaia, de Habelas Hainas

"As cantantes son máis visíbeis, pero instrumentistas non hai moitas"

Habelas Hainas escríbese con H, a letra do silencio, do mutismo das mulleres que soan. As catro integrantes da banda lanzaban en 2017 o seu primeiro disco, Livres e Loucas, despois de sete anos nos escenarios. Entrevistamos a percusionista Arantza Alfaia, que nos fala da evolución do proxecto e a situación da muller na música tradicional.

Lucrecia Masson 1
Entrevista a Lucrecia Masson, activista transfeminista

"Todo feminismo que non se nomea como antirracista é racista"

Lucrecia Masson (Ombucta, 1981) abriu esta cuarta feira, xunto coa investigadora Jeane Costa, as xornadas Noutrén: Feminismo Poscolonial, que promove a agrupación cultural O Galo e que contarán, ao longo de sete sesións que se desenvolverán até o 9 de novembro, cunha escolma de voces expertas para reflexionar sobre a descolonización dos corpos e dos territorios. Activista, artista e investigadora multiformato sobre corpos, gordofobia, transfeminismos ou descolonización, Masson expón para Sermos Galiza algúns dos conceptos do seu relatorio nunha proposta que, como explica, formula o feminismo “desde fóra dunha matriz eurocéntrica”. 

Oliver Laxe [Foto: Irene Pin]
Entrevistamos Óliver Laxe

"Os cineastas somos soldados da morte"

A terceira longametraxe de Oliver Laxe, O que arde, chega por fin a Galiza despois de acadar o recoñecemento da crítica internacional e se converter no primeiro filme en lingua galega proxectado en Cannes. Sermos Galiza recolle as súas primeiras impresións tras as preestreas dos últimos días nunha entrevista concedida após o pase especial da película no Curtocircuíto.
F_7_Entrevista
Entrevistamos Carlos Conceição

"Sempre souben que un día habería unha historia vencellada con África"

A 27ª edición do Curtas de Vila do Conde tivo no director Carlos Conceição (1979) un dos seus principais protagonistas por medio dunha “carta branca”, un coloquio arredor das súas curtas e a estrea en Portugal, uns meses despois do seu debut na Berlinale, da súa primeira longametraxe, Serpentário, coa que regresa á Angola na que naceu e se criou. Eis un extracto da entrevista, publicada no número 359 do semanario en papel Sermos Galiza.

f_4_FlorenAoiz
Entrevistamos Floren Aoiz

“Os soberanismos debemos fortalecer os nosos lazos e a nosa cooperación”

Político e escritor, Floren Aoiz (Tafalla, 1966) leva implicado na esquerda abertzale desde moi novo, asumindo diferentes responsabilidades políticas ao longo destes trinta anos. Actualmente é responsábel da Fundación Iratzar, centrada na “reflexión estratéxica”. Eis un extracto da entrevista publicada no número 358 do semanario en papel Sermos Galiza.
[Imaxe: SG] Alberte Mera
Alberte Mera, director de cinema

“A película non é de aventuras, é un documentario fiel sobre quen foi Reboiras”

Alberte Mera (Vigo, 1987) é o director de Reboiras. Acción e corazón, o filme producido pola Fundación Terra e Tempo de Estudos Nacionalistas que levará á pantalla a vida de Moncho Reboiras desde a vertente humana e política. Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, Mera é o director das curtas Camiño da Memoria (2011) e Deixádeas Pasar (2012) e das longas Clamor da Terra (2012) e Lume Novo (2013). Aproveitamos este 12 de agosto -cando se fan 44 anos do asasinato de Reboiras- para publicar a entrevista co director da película, que saíu no semanario en papel Sermos Galiza número 358.

f_7_FS_Entrevista
Míriam Ferradáns, escritora

“As familias, para min, son abafantes e extorsionadoras”

Míriam Ferradáns (Bon-Beluso, Bueu, 1982) é xa unha das voces imprescindíbeis da poesía galega. Ten publicados dous libros, Deshabitar unha casa e Nomes de fume, que lle valeron, respectivamente, os premios Francisco Añón e Pérez Pallaré. Graduada social pola Universidade de Vigo, colabora coa columna mensual “Palabras de fume” neste semanario desde xaneiro de 2018. Conversamos con ela cando a escritora Dolors Miquel vén de traducir Nomes de fume, unha obra inclemente e honesta sobre a familia, a comunidade e o loito, ao catalán. A principios de ano verá a luz en castelán, coa tradución de Gonzalo Hermo.
f_5_EntrevistaCogami
ANXO ANTÓN QUEIRUGA, presidente de COGAMI

“Moito do que reivindicamos hai trinta anos segue en vigor”

Anxo Queiruga, presidente de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), fai balance dos últimos catro anos á fronte da organización e subliña os retos que o agardan no cargo que vén de renovar. Entre eles, destaca as necesidades de dous colectivos que sofren dupla discriminación: as mulleres con discapacidade e aquelas persoas que por viviren no rural enfrontan maiores dificultades na súa vida cotiá. Nesta conversa -publicada no número 357 do semanario en papel Sermos Galiza e cuxo extracto podes ler baixo estas liñas- afirma que o modelo de Cogami é único, colocando a persoa sempre no centro.

f_FS_4-5
Baiuca, músico

“Quero transmitir o significado da cultura galega fóra da Galiza”

Baiuca é o nome artístico baixo o que se acubilla Alejandro Guillán. Así se chama o lugar de Catoira que o viu nacer e medrar, tanto vivencial como musicalmente falando. A súa faceta de artista non é cousa recente. A música está presente no seu sangue desde que era un cativo até o de agora, cambiando a medida que el tamén o facía. Eis un extracto da entrevista, publicada no número 356 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques.
Miguel Santalices [Imaxe: Parlamento de Galicia]
Miguel Santalices, presidente do Parlamento

"Apaixóname o traballo no Parlamento"

Miguel Ángel Santalices (Bande, 1955) relevou Pilar Rojo á fronte da Presidencia do Parlamento en xaneiro de 2016. Licenciado en Medicina e Cirurxía pola USC, ocupou altos cargos na xestión da sanidade pública e desde 1997 é deputado do PP, partido do que fai parte na súa dirección. Sobre a mesa do seu despacho, Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio, de Carlos Babío e Manuel Pérez, “agasalloumo Luís Bará. Eu teño boa relación con moitos deputados e deputadas”, sinala cando se lle pregunta polo libro. Colgan das paredes un gran cadro de Quessada e outro de Lamazares. E sobre a mesa de reunións, unha escultura de Acisclo Manzano. “Gosto moito da arte e o Parlamento conta cunha colección moi importante que é patrimonio de toda Galiza”, explica. Entrevistamos o presidente da Cámara con motivo do Día da Patria Galega. Eis un extracto da entrevista publicada no número 356 do semanario en papel Sermos Galiza.
f7_FS_Entrevista
Entrevistamos Fernando Fernández Rego

"Cómpre un Día das Letras Galegas para a música popular"

O adxectivo monumental inventouse para obras como Unha historia da música en Galicia. 1952-2018. Case 900 páxinas, ateigadas de ilustracións maiormente descoñecidas, percorren as declinacións do pop galego desde as orquestras pioneiras na fusión tropical á autoxestión underground de raíz punk, do bravú e os inicios da normalización do galego na escena e o ignoto yeyé dos 60 con epicentro en Ourense e Vigo. Malia algunhas inevitábeis ausencias, o libro do crítico Fernando Fernández Rego (Ferrol, 1979) conforma un primeiro esforzo sistemático, e memorábel, por elaborar este relato. De camiño rescata a memoria de innúmeros artistas e bandas, e amosa a frondosidade, o pluralismo, a ousadía e a inexplorada riqueza da música moderna na Galiza. Eis un extracto do semanario en papel Sermos Galiza, número 354.

f7_FS_Entrevista
Entrevistamos Teresa Ramiro

"A miña poesía non é pesimista; é realista, porque a vida non é fermosa"

“Un ronsel de lúas e marés baixas / deixaron en min / vestixios de artrose e reuma”, di Teresa Ramiro (Culleredo, 1958) en “Fendas de salitre”. É un dos poemas de Fundido a negro (Caldeirón, 2019), o primeiro libro dunha muller que escribe desde que ten memoria. Activista de “toda causa xusta, da mina de Touro á fraga de Catasós”, preocúpalle a situación das persoas con dependencia. “É sangrante como está”, argumenta, e relata que a súa filla o sofre directamente. Non obstante, nega que a súa escrita sexa pesimista. Eis un extracto da entrevista publicada no número 353 do semanario en papel Sermos Galiza.

jose barros coren despedido imaxe da CIG
José Barros, traballador de Coren despedido

“Nunca imaxinei que me podían despedir simplemente por ir nunha candidatura sindical, nunca”

A CIG anunciaba o 27 de xuño a posta en marcha dunha campaña contra a represión sindical no grupo ourensán Coren após o despido dun candidato da central ás eleccións sindicais. Falamos co traballador despedido, José Barros: “Un mércores chamoume Recursos Humanos e pediume que non fose na candidatura da CIG, negueime a aceptar iso e o venres chamáronme para despedirme”.

foto6_Entrev_Cultura
Entrevista a Mark Toscano

"Preocúpame que siga habendo todos os tipos de filmes que preciso para facer o meu traballo"

A maioría das persoas identifica a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas cos seus famosos Oscars, mais non é tan coñecido o xigantesco labor que a institución desenvolve en favor da preservación da memoria do cinema. A Mostra de Cinema Periférico, S8, trouxo á Coruña Mark Toscano, conservador do Academy Film Archive, con quen conversamos sobre as funcións do arquivo e os desafíos actuais do seu traballo. Eis un extracto da entrevista, publicada no número 352 do semanario en papel Sermos Galiza.

Manuel Vilar
Entrevista a Manuel Vilar

"O museo ten que explicar o que é a sociedade galega actual, niso traballamos"

Manuel Vilar (Muxía, 1956) coñece o Museo do Pobo Galego practicamente desde a súa inauguración, en 1977. Primeiro como visitante habitual, máis tarde como socio e colaborador. A partir do mes de xullo, será o director da institución que, entre outras cousas, mantivo a memoria do Seminario de Estudos Galegos. A apertura nacional –“non pode ser unicamente un museo de Santiago”–, a relación entre patrimonio e democracia, e dar conta da Galiza actual son as súas primeiras e principais preocupacións. Eis un extracto da conversa, publicada no número 351 do semanario en papel Sermos Galiza.