Europa

A Unión Europea como atranco

Segundo o analista e activista noruegués Asbjorn Wahl, “as organizacións socialdemócratas pasaron a ser meros intermediarios entre o capital e o traballo, traendo como resultado a actual crise ideolóxica da esquerda europea”

AGE
Galiza

AGE móstrase satisfeita cos resultados e CxG enfatiza que o seu desafío son as municipais

Con palmas e ovacións de “temos unha labrega en Europa”, valorou a eurodeputada electa Lidia Senra os resultados da Alternativa Galega de Esquerdas. 

POLÍTICA

Triunfo ultra en Franza e Dinamarca

Gañan en Francia, onde Le Pen xa pide eleccións anticipadas, e Dinamarca. Os neonazis convértense na terceira formación en Austria, Finlandia e Grecia

mitin Vigo4 (23-5-14)
Galiza

No final de campaña, o BNG pide o voto para Galiza ter voz directa en Europa

Despois dunha campaña na que o BNG intensificou o contacto directo coa cidadanía e deu voz aos colectivos afectados polas políticas da troika, a súa candidata Ana Miranda solicitou o voto nun multitudinario acto en Vigo no que defendeu a súa opción nacionalista como a “voz directa de Galiza en Europa”. 

O IES Xelmírez I en Turquía
Sociedade

Un programa europeo reunirá a centros de seis países no IES Xelmírez I

Centros de Polonia, Italia, Romanía, Bulgaria e Turquía visitarán o Xelmírez I no inicio de curso no marco dun proxecto europeo de carácter intercultural, incluído no programa Comenius, que ten por fin reforzar a cooperación e a mobilidade entre centros educativos. 

AFONDO2
COMUNIDADE SERMOS

A revolución alén da Europa a Fondo

A revolución foi o tema xeral da Semana Galega de Filosofía que, organizada pola Aula Castelao de Filosofía en Pontevedra entre o 21 e o 25 de abril, afondou na cuestión desde distintos ámbitos e con destacadas voces de todo o mundo. Disponíbel nos quiosques ou na nosa loxa por 0,50 €. 

Unión Europea: Ruína da mocidade galega!

Non é nada doado ser moz@ na Galiza. Vemos día a día truncadas as posibilidades de vivir, estudar e traballar na nosa terra. As medidas desa mafia de poderes económicos chamada Troika coa complicidade do Estado Español está a desterrar todos os dereitos e liberdades que con suor e sangue teñen conquistado as xeracións que nos precederon. 

Xosé Collazo
POLÍTICA

“O pobo galego ten que ter unha forza que o represente en Europa”

A Europa das persoas

A desafección cidadá a respecto do proxecto europeo xurde dun sistema institucional afastado e incomprensíbel. Nin os xuristas comprendemos unha andamiaxe institucional moi complexa, onde o Parlamento vai gañando competencias, pero non é a base única de lexitimidade nin de poder institucional, onde a Comisión  Europea non é aínda  un auténtico Goberno e onde os Estados reteñen as funcións esenciais, nomeadamente no que atinxe ao pulo da transformación constitucional da Unión Europea. 

Yolanda Díaz e Rubén Pérez [Imaxe de arquivo: EU]
POLÍTICA

Yolanda Díaz (EU) cre que a esquerda "unitaria europea" ten unha "tendencia ascendente"

A líder de Esquerda Unida na Galiza deitou unha manchea de gabanzas a Lidia Senra (Anova), de quen dixo que "vai loitar contra os poderosos".

A Europa e a Galicia que queremos

Insistiamos, unha vez tras outra durante o proceso de primarias abertas á cidadanía que realizamos dende Compromiso por Galicia para escoller candidato ao Parlamento europeo, aquela frase que dicía algo así como: “os galegos e as galegas só podemos escoller unha cousa: a derrota ou Europa”.

A Europa das solucións

Ninguén pode dubidar da mala condución das políticas da Unión Europea durante esta Grande Recesión. A obsesión pola prevención da inflación e un deseño errado do Banco Central Europeo favoreceron a contracción económica e a crise. 

Europa, circo e pragmatismo

Pois xa están todas as cartas sobre a mesa cara os comicios europeos, e un, que é europeísta por convicción, non pode máis que sentir unha mestura entre ledicia e decepción, ante o previsible das apostas das diferentes forzas políticas representadas neste país.

Galiza

Ao vivo a segunda sesión das Xornadas "Europa na encrucillada: crise, euro e UE"

UE
Galiza

A Unión Europea a debate en Pontevedra

Unhas xornadas organizadas pola Fundación Moncho Reboiras analisarán o futuro da UE no marco da crise.

bloco
POLÍTICA

O BNG propón unha Galiza soberana fronte a Unión Europea

A organización nacionalista aprobou o seu programa electoral cara ao 25 de maio. Auditar a débeda, defender os intereses "das clases populares" e avanzar "no recoñecemento" de Galiza como nación, centran os principios programáticos do BNG ante as eleccións europeas.

vence
POLÍTICA

BNG denuncia a perda de 2.000 ME en fondos europeos pola "austeridade"

A organización frontista demanda unha reorientación dos fondos encamiñada a desenvolver unha estratexia propia para Galiza e advirte que o goberno galego terá que afrontar devolucións do diñeiro recibido por mor de "iniciativas de baixo interese e nulo impacto".

A pesca en Europa: a nova PPC

Ven de saír publicada a que será a nova Política Pesqueira Comunitaria (PPC) até o 2022. Fuxindo de tecnicismos, as novidades desta nova PPC son:

Luis Eyré
POLÍTICA

Luís Eyré, disposto a ser candidato a Europa para "emendar o erro estratéxico" de ir con IU

O sector agora crítico de Anova xa ten candidato para Europa. É Luís Eyré Palleiro, quen mostra a súa disposición a concorrer nas primarias do día 30. Competirá presumibelmente coa candidata oficial, Lidia Senra. Disputaranse a praza número 5 na listaxe de IU a Bruxelas.

POLÍTICA

AGE pide unha auditoría sobre o uso dos fondos europeos en Galiza

O parlamentar Xesús Ron insiste na necesidade de determinar o “uso, actividade e estado” de todos os investimentos co-financiados pola Unión Europea no noso país.