fútbol

De la Barrera, durante unha rolda de prensa como adestrador do Al Ahli de Qatar, posto que ocupou 11 meses entre 2018 e 2019.(Foto: Nós Diario).
DEPORTES

O escollido é Rubén de la Barrera

O Real Club Deportivo da Coruña confirmou no serán de onte o nome do home que substituirá Fernando Vázquez no banco branquiazul: Rubén de la Barrera.  

Vázquez converteuse no seu último encontro no quinto técnico que máis veces dirixiu o Dépor. (Foto: RC Deportivo).
DEPORTES

Fernando Vázquez, outra vítima da "autodestrución" profetizada por Víctor Fernández

Esta vez é un adeus. A directiva do Deportivo puxo fin á segunda etapa de Fernando Vázquez á fronte do conxunto branquiazul e só é cuestión de tempo coñecer o nome do que será o undécimo adestrador en menos de seis anos dun clube instalado nunha crise institucional, de xogo e resultados que parece xa cronificada.
Os Celta B-Coruxo son partidos con moita historia que, co tempo, tornaron en auténticos clásicos da categoría de bronce. (Foto: RC Celta).
DEPORTES

O derbi vigués entre Celta B e Coruxo abre a Segunda División B en 2021

A Segunda B está de volta case un mes despois de que o Celta B asaltase Riazor no derradeiro encontro de 2020 e, casualmente, será o filial celeste quen abra a primeira xornada de 2021, nun duelo ante o Coruxo. Salamanca-Compos, Pontevedra-Guijuelo, Rácing-Unionistas e Zamora-Dépor son os outros choques con participación galega.  
O Dépor perdeu 0-1 co Alavés (Foto: RC Deportivo).
DEPORTES

Unha mala segunda metade cústalle a eliminatoria de Copa ao Deportivo

Os branquiazuis foron superiores na primeira parte. Logo da súa eliminación, os únicos galegos vivos no torneo do KO son Pontevedra e Lugo, que xogan mañá.
Coudet dará minutos aos menos habituais e podería probar un novo sistema de xogo en Ibiza. (Foto: RC Celta).
DEPORTES

O Celta, a pola Copa sen Aspas nin Nolito

Partido trampa para o Celta na segunda rolda da Copa do Rei. Coa obriga de dar descanso a pezas chave con moitos minutos nas pernas, o Chacho Coudet afronta o choque ante o Ibiza co favoritismo que outorga a súa condición de equipo de Primeira, pero co respecto que merece un conxunto que non perdeu ningún xogo esta tempada.
A medio galega foi escollida polas profesionais do fútbol como unha das tres mellores centrocampistas do planeta (Foto: Nós Diario).
DEPORTES

Vero Boquete: "Se o Dépor logra salvarse, quizais no futuro se crucen os nosos camiños"

Hai hoxe un ano saía do prelo o primeiro número de 'Nós Diario', no que entrevistamos Rubén Blanco, porteiro do Celta de Vigo. 365 días despois visibilizamos a nosa aposta por un xornalismo deportivo a contracorrente conversando con Vero Boquete, quen vén de ser distinguida pola FIFA como unha das tres mellores do mundo no seu posto.
O protocolo da RFGF estabelece a realización de tests aos xogadores... cada 14 días. (Foto: RFGF).
DEPORTES

O inicio das ligas aviva o conflito entre Federación Galega e clubes

Resoan tambores de guerra no fútbol galego desde que a Federación fixo pública a súa intención de retomar as competicións a partir do vindeiro 24 de xaneiro. Ducias de equipos de todo o país rebélanse contra esa decisión e denuncian o "desmedido" castigo estabelecido pola entidade presidida por Rafael Louzán para aqueles que se neguen a competir esta tempada: o descenso de categoría.  
seleccion galega uruguay irmandiña foto AUF, asociacion uruguaya de fútbol
DEPORTES

O día que unha nación, por fin, tivo selección: quince anos do regreso da Irmandiña

O 29 de decembro de 2005 a selección galega espertaba dun sono de case setenta anos para protagonizar un regreso histórico ante o Uruguai, que revivimos da man das súas principais protagonistas.
 
A alcaldesa da Coruña (dereita), descubrindo a placa homenaxe. (Foto: EP).
DEPORTES

Arsenio Iglesias xa dá nome á Cidade Deportiva da Torre

O 'Bruxo', homenaxeado no seu 90 aniversario
O capitán Hugo Mallo secou o habilidoso internacional Marc Cucurella. (Foto: Getafe CF).
DEPORTES

O Celta raña un punto nunha dura visita ao campo do Getafe de Bordalás

Non resulta moi complicado prever como será un partido ante o Getafe de Bordalás: arduo, duro e difícil. A visita do Celta ao Alfonso Pérez no seu penúltimo compromiso ligueiro de 2020 non foi unha excepción, e nun encontro no que Coudet non foi quen de impor a súa concepción do xogo o Celta volve á casa cun punto con sabor doce.
A moral de Emre Mor está polas nubes logo de superar a lesión e do golazo anotado ante o Llanera. (Foto: RC Celta)
DEPORTES

O Celta aspira a prolongar a xeira de vitorias ante o galeguizado Alavés de Lúcas, Joselu e Jota

O Lugo quere aproveitarse da crise do Zaragoza no último partido de 2020 na Segunda 
O Ribadumia afronta ante o Cádiz a cita máis importante de toda a súa historia. (Foto: CD Ribadumia).
DEPORTES

Cinco equipos galegos entran en xogo na Copa

O Coruxo deu a cara ante o Málaga, pero caeu eliminado da Copa do Rei no Vao logo de perder 0-4 cos andaluces. Mañá é a quenda do resto de equipos galegos, comezando polo Dépor-El Ejido (ás 17 horas) e seguindo polo Ibiza-Compos e o Ribadumia-Cádiz (ambos ás 19 horas); o Pontevedra-Cartagena (ás 20) e o Llanera-Celta (ás 21 horas). 
Foto principal 1
star
Reportaxes

Goles económicos: o valor do fútbol de elite para as contas galegas

O mundo do fútbol profesional e os cartos que se moven ao seu arredor converteron este deporte nun sector económico que achega riqueza e beneficios ao PIB galego. Máis de 200 euros por persoa é o que supón para a economía das cidades de Vigo, A Coruña e Lugo —as tres que contan con equipos nas dúas máximas categorías da Liga— a celebración de partidos durante as campañas ligueiras.
Diego Martínez (Foto: EP).
star
Entrevistas

Diego Martínez, triunfo no sur

Definir Diego Martínez Penas (Vigo, 1980) como o "adestrador de moda" suporía dotar dun matiz de temporalidade e, peor aínda, de casualidade  un éxito que é froito de dúas décadas de traballo constante, que comezaron o día no que, con tan só 18 anos, este galego marchou da súa terra 

 

–triste sino da nosa mocidade– na procura dun futuro mellor. Atopouno en Andalucía, onde a base de traballo pasou de dirixir o Cadete 'B' do modestísimo Imperio de Albolote ao Granada Club de Fútbol, conxunto ao que acaba de clasificar para Europa por primeira vez en toda a súa historia.

 

Definir Diego Martínez Penas (Vigo, 1980) como o "adestrador de moda" suporía dotar dun matiz de temporalidade e, peor aínda, de casualidade  un éxito que é froito de dúas décadas de traballo constante, que comezaron o día no que, con tan só 18 anos, este galego marchou da súa terra –triste sino da nosa mocidade– na procura dun futuro mellor. Atopouno en Andalucía, onde a base de traballo pasou de dirixir o Cadete 'B' do modestísimo Imperio de Albolote ao Granada Club de Fútbol, conxunto ao que acaba de clasificar para Europa por primeira vez en toda a súa historia.

O ex dianteiro deportivista Lúcas Pérez saúda logo da finalización do último derbi até o día de hoxe, en abril de 2018.  (Foto: EP).
DEPORTES

Dépor-Celta B: Riazor acolle o derbi máis morboso

O partido da semana no fútbol galego non está no interesante Celta-Cádiz que fechará a xornada na Primeira División. Tampouco o foi o Lugo-Ponferradina de hoxe, non. O prato estrela é o choque máis agardado pola afección viguesa, que verá como o eterno rival, o Deportivo da Coruña, se enfronta co seu conxunto filial este domingo ás 17 en Riazor.
Renato Tapia está a ofrecer a súa mellor versión co novo sistema empregado polo técnico arxentino.(Foto: RCCelta).
DEPORTES

O Celta de Vigo recupera a tranquilidade

O renovado Celta do Chacho Coudet sae do pozo do descenso após gañar ao Athletic en Bilbao (0-2) nun gran partido dos celestes. Na Segunda, o Lugo apañou o seu cuarto empate consecutivo ante o Mirandés e, na categoría de bronce, Pontevedra e Dépor empataron, mentres que Rácing e Compos golearon Celta B e Coruxo.
A xogadora Paula Dapena (Almudena Dapena)
DEPORTES

Paula Dapena, futbolista: "O fútbol é o deporte máis machista de todos"

A valentía da acción de Paula Dapena deu a volta ao mundo. Dar as costas a Maradona de maneira pública cando se lle rendía un minuto de silencio no encontro entre o seu equipo, o Viaxes InterRías FF, e o Deportivo Abanca, converteuse en símbolo dun debate que no fútbol está aínda moi lonxe de terse superado. Ninguén mellor que unha futbolista saída dunha familia con referentes nesta actividade física para defender esta causa nos campos de xogo.

Barullo

Raulito

fIDEL MARADONA
DEPORTES

"Son todo de esquerdas, de pés e de cabeza": Maradona

Morreu un 25 de novembro, na mesma data que o seu amigo e admirado Fidel Castro. Tamén admirou e apoiou a Hugo Chávez, Lula, Evo Morales, Rafael Correa, Mujica, Nicolás Maduro, Os Kirchner... “Que la chupen los gorilas” (cualificativo despectivo para os dereitista)”, afirmou unha vez, dando pé a un canto do peronismo de esquerdas. Diego nunca quixo ser inocente.