MÁIS

En Bueu, SonRías e cantar

O festival presenta un cartaz "espectacular" para a súa XXI edición, que terá lugar esta fin de semana.
tanxus
photo_camera tanxus

A tempada de festivais segue a encher escenarios na Galiza e o SonRías Baixas súmase a ela coa súa XXI edición. Bueu (O Morrazo) acollerá máis de vinte artistas a partir desta quinta feira, 1 de agosto. É un dos principais do sur da Galiza e leva máis de vinte anos promovendo a música na lingua propia.
SonRías vén de gañar o Iberian Festival Awards 2024, na categoría de Mellor Promoción Turística. Na XX edición acumularon un total de 22.400 asistentes, que desde a organización esperan superar con creces. O festival está impulsado pola promotora PlayPlan Cultural e conta coa colaboración do Concello de Bueu e a Deputación de Pontevedra, ademais de diversas entidades de carácter público e privado.

O festival celébrase no recinto das Lagoas e contará con dous escenarios principais na zona de concertos e un para os DJ na zona gastronómica. O SonRías posúe a súa propia zona de acampada, a cinco minutos do recinto festivaleiro e perto da praia e do centro de Bueu.

Vinte e cinco artistas recalarán en Bueu durante os tres días de festival. A ex concursante de OT Sabela abrirá o primeiro día na compañía de grandes artistas como La La Love You, Álvaro de Luna ou a histórica banda La Oreja de Van Gogh. O ecuador do SonRías estará formado por Fillas de Cassandra, as DJ Cool Nenas ou Rozalén, entre outras. O festival fechará o sábado coas actuacións de artistas de recente incorporación ao panorama galego como Mondra e The Rapants. Grande Amore encargarase da sesións vermú na compaña de Marlena.As Tanxugueiras e a súa longa traxectoria tampouco faltarán a esta cita musical. 

Comentarios