galego

Ao vivo

Un documental achega a historia do Death Metal galego

Un ano de traballo despois o documental “Escuros, Roncos e Compasados”, de  Luis E. Froiz e Carlos Pensado, estrease esta sexta feira en Compostela.

LINGUA

O fiscal superior da Galiza insta a Xunta a potenciar o uso da lingua propia no eido xudicial

Tras lembrar que a situación da lingua propia do País segue estancada após 15 anos, desde a redacción do Libro Branco da Xustiza, Carlos Varela instou o Goberno a elaborar unhas directrices que freen a ''inhibición lingüística'' por parte d@s profesionais da xustiza, que prefiren o español
Concentración do alumnado do CEIP Pena Corneira, de Carballeda de Avia
SOCIAL

''Queren para o rural unha Educación de terceira''

Dous centros de ensino da comarca de Valdeorras, Rubiá e Vilamartín, botaranse á rúa este domingo en contra duns recortes ''que é doado tomar facendo números sobre un papel, sen coñecer a realidade''. O ano que vén en ambos colexios haberá un ou unha docente e un ciclo menos na Primaria, agrupando na mesma aula nen@s de 1º a 3º e de 4º a 6º. Falamos coas secretarias das dúas Anpas
Case 140 empresas concursadas na Galiza no primeiro trimestre
ECONOMÍA

Paralizan novas indemnizacións de 33 millóns de euros a 4 exdirectivos das caixas galegas

O Banco de España suspende o pagamento desas cantidades, tal e como tiñan solicitado CIG, e Parlamento galego a instancias do BNG
SOCIAL

A mocidade galega, xunta pola abolición das touradas

Até nove colectivos xuvenís asinan un manifesto en contra da actividade e do seu financiamento con cartos públicos. Galiza Nova convoca para este domingo unha concentración en Sarria, cadrando coa realización dun evento taurino, para mostrar a repulsa a unha actividade que 'nin é festa, nin é nacional'
ECONOMÍA

A prensa mexicana afirma que os buques de Pemex prometidos ao naval galego construiranse no seu país

O BNG exixe ao presidente da Xunta que entregue no Parlamento galego o acordo coa multinacional mexicana
ECONOMÍA

Bruxelas abre a porta a axudar ao mexillón galego fronte a caídas de prezos

 

"É unha medida para poder dar estabilidade ao mercado deste produto e ás rendas dos produtores", sinala a eurodeputada nacionalista Ana Miranda
Concentración dos Comités ás portas da Reitoría da USC contra a suba das taxas
DESPOIS DUN MES DE MOBILIZACIÓN ESTUDANTIL

As tres universidades galegas esixen a conxelación das taxas

A organización estudantil galega Comités anunciou que na vindeira xuntanza do Consello Galego de Universidades, UdC, USC e Uvigo esixiranlle á Xunta manter conxelado o aumento das taxas nas primeiras matrículas universitarias.
SOCIAL

Unha xuíza de Vigo rexeita unha demanda por estar escrita en galego

A funcionaria exixiu unha tradución xurada do texto. Desde A Mesa fala de "racismo lingüístico" e anuncia o envío de cartas aos órganos competentes para se queixaren desta nova "discriminación cara o galego"
POLÍTICA

Beiras sitúa á cidadanía, por riba de organizacións, como motor dun novo referente nacionalista

O histórico nacionalista afirma que non é a súa "pretensión" ser candidato nas eleccións pero aclara que el "non pecha a porta a nada"
Mariñeiro en plena faena. Foto: Greenpeace
Galiza

Un total de 90 enmendas á Política Pesqueira Común (PCP) na defensa da flota galega

A eurodeputada nacionalista Ana Miranda reclama diversas actuacións en beneficio da flota artesanal, a máis importante en embarcacións e emprego da Galiza.
Agolada pecha biblioteca, casa da cultura e piscina

Sete concellos galegos volven presentar plans drásticos de axuste

Foran 179 municipios os que presentaran este documento, necesario para acollerse ao plan de proveedores, ao Ministerio de Facenda. Volven presentalo agora, ao final do segundo prazo, Coristanco, Frades e Dodro, A Lama, Ponteareas, Dozón e Agolada.

CULTURA

Artistas galegas na mostra feminista do MUSAC

O día 23 inaugurarase no MUSAC de León a exposición “Xenealoxías feministas na arte española: 1960-2010”, unha mostra con obra de oitenta artistas entre as que se atopan galegas como Mar Caldas, Ánxela Caramés, María Ruído, Carme Nogueira ou Uqui Permuy.
Imaxe de Vigo
Galiza

Alertan para a alta concentración de partículas canceríxenas na atmosfera das cidades galegas

As cidades e vilas galegas superan os máximos recomendados pola OMS de concentración de partículas na atmosfera. Un informe do profesor Ramón Varela, feito público por Adega, alerta para a presenza de elementos canceríxenos e reclama ás administracións controlar a emisión que provén, en especial, do fume dos carros.
Galiza

Do ximnasio ás estrelas por un lecer en galego

Fitness , astronomía e xogos para computador. Estas son as tres primeiras apostas de LEGA, Lecer Galego, que se presentará a próxima quinta feira en Compostela promovido por GalegoLab.
DA MAN DA EDITORIAL 2.0

Publican o primeiro dicionario moderno galego-inglés

O volume reúne máis de 20.000 entradas e o seu antecedente é o dicionario en liña que mantén o Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.

 

"@s deputad@s do BNG no parlamento
Galiza

Emprazan a Feijóo a que mova ficha a prol dun sistema financeiro galego ao servizo do pobo

A voceira do BNG Ana Pontón emprazou no Parlamento ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a que asuma as súas responsabilidades e traballe para garantir o futuro do sistema financieiro galego, “pois se antes do resgate á banca este futuro xa estaba en xogo, agora se pode certificar a súa defunción”, afirmou.
Arte imaxe patrimonio

Unha moción do BNG de Vigo esixirá a apertura do Centro Galego de Fotografía

O executivo local vigués alega falta de cartos para manter paradas as obras do Centro Galego de Fotografía. O BNG pedirá no vindeiro pleno que se consiga o financiamento necesario para poder finalizalas.

Letras Galegas 2013 para Rosalía

Aínda que nunca se repetiu o autor ou autora homenaxeada, aínda que hai escritores e escritoras con méritos abondo para seren elixidos pola Academia, tamén concorren numerosas razóns para que Rosalía de Castro sexa a autora homenaxeada no 2013:O cumprimento das primeiras 50 edicións do Día das Letras, que comezaron en 1963 con Rosalía, propicia un novo ciclo que comece en 2013 coa nosa escritora máis universal.
Concdntración en Compostela
Galiza

Concentracións na Galiza exixen un referendo sobre o rescate

Centos de persoas secundan as concentracións do BNG en 12 cidades e vilas galegas para denunciar o "roubo ao pobo" que supón o rescate e exixir un referendo "por democracia e transparencia"