galego

Algunhas das guías esenciais presentadas. (Foto: USC)
LINGUA

A USC publica 19 guías para achegar o galego á docencia

Estas publicacións, integradas na colección Esenciais da USC, resumen de forma didáctica conceptos básicos de diferentes materias. Fontes da institución académica indican que tamén se poden empregar como recursos no bacharelato.

Esperanza

A youtubeira María Rúa, creadora de 'pradorua'. (Foto: Nós Diario)
María Rúa levou o premio Youtubeir@s de mellor canle por 'pradorua'

María Rúa: “A normalización do galego debe ir da man das redes sociais”

María Rúa, youtubeira galega, creou a súa canle na plataforma de YouTube en pleno confinamento, hai hoxe arredor de sete meses. A seu sitio, pradorua, gañou recentemente o premio do concurso Youtubeir@s na categoría de mellor canle. Rúa comenta que está moi feliz ante o recoñecemento do premio pero expresa a necesidade dun maior número de iniciativas que apoien a creación de contido en galego na rede. Rúa argumenta que “é fundamental que os medios de comunicación nos dean máis visibilidade”.

De Fraga a Feijoo

Xornada de baixada das restricións en Lugo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Covid: Menos dun 5% das galegas e galegos pasou o virus e ten anticorpos

Esta taxa, resultante da cuarta rolda do 'Estudo Nacional de Seroprevalencia', é a segunda menor do Estado español. Tan só houbo menos contaxios nas Illas Canarias. Varias comarcas do interior foron as que tiveron unha peor evolución respecto á Covid-19.

Presentación de 'Novas voces para a lingua'. (Foto: RAG)
LINGUA

A futbolista Vero Boquete estrea unha campaña de promoción do galego

A iniciativa 'Novas voces para a lingua' xurde dunha colaboración entre a Real Academia Galega (RAG) e a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Agostiño Reigosa é creador de contido en galego na plataforma Twitch. (Foto: Nós Diario)
Reigosa expón que a comunidade de Twitch en galego segue medrando

Reigosa: “As redes sociais son un moi bo lugar onde loitar contra os prexuízos do galego”

Agostiño Reigosa, creador de contido en Twitch, entre outras plataformas, é o impulsor da comunidade de "Twitch en galego" mediante a súa conta de Twitter co mesmo nome. Reigosa expón que o pasado setembro a comunidade presentou unha petición para que a plataforma de Twitch inclúa o galego nos filtros de busca. Ademais, Reigosa fala da importancia de ter referencias galegas en calquera ámbito, tamén en Twitch, para normalizar a situación da lingua.
Á esquerda, Zeltia Outeiriño e á dereita Helena Santín. (Foto: Daniela Pafundi / Marieta Petchanska)
Zeltia Outeiriño e Helena Santín traballan nas súas operas primas

Dous filmes en curso dirixidos por mulleres falarán sobre o retorno á terra

Hoxe comeza Novos Cinemas, cuxa quinta edición terá lugar entre o Teatro Principal e o Museo Provincial de Pontevedra até o domingo, ademais de complementarse online na plataforma Filmin. Mais non imos debullar aquí o seu programa, senón unha face menos visíbel que materializa tanto como este o seu compromiso coa creación novel. Trátase dun LAB no que participan cinco proxectos en diferentes estadios de desenvolvemento, dous deles de directoras galegas: 'Patarinos', de Zeltia Outeiriño e 'Vin a noite que nunca se acaba', de Helena Santín.
Fotograma de 'María Solinha' (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Butacas baleiras: a nova paisaxe das salas de cinema

Desde a súa progresiva reapertura en xuño tras o confinamento, as salas de cinema pasaron por distintos niveis de restricións, sobre todo no que atinxe á capacidade. As pequenas parecen ser as que están a resistir "mellor", mais non sen trabas. A chave: modelos de proximidade e programación menos dependentes das grandes estreas. Varias persoas responsábeis dalgúns destes proxectos explican a Sermos Galiza as dificultades que están a atopar e as perspectivas de cara a 2021.
Federico García Lorca (Foto: Tensi Xesteira).
star
Reportaxes

Libros que falan de libros

A metaliteratura é cada vez máis un terreo ao que se achegan as persoas que adoran os libros para reflexionar sobre eles. No medio desta pandemia, ademais, semella que os libros, as bibliotecas e as librarías se converten en espazos de calma e de reivindicación, sobre todo cando se demostra que a cultura é máis necesaria que nunca. Co gallo do 13 de novembro, Día das Librarías, lembramos algúns títulos de "libros que falan de libros".
'Papá, por que quitas a música?' (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

CURTOcircuíto: así abrolla o novo audiovisual

Durante esta semana tivo lugar en Compostela o Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto, nunha edición que apostaba con forza nas novas xeracións de creadoras e creadores da Galiza. Sermos Galiza ofrece un repaso dalgunhas das pezas que se puideron observar estes días, mostra da fertilidade coa que agroma o audiovisual, singular e diverso, que fará mañá máis frondosa a foresta, parafraseando o título do segundo volume do magnífico Para unha historia do cinema en lingua galega, coordinado por Margarida Ledo Andión.
Fotograma da serie 'Pratos Combinados' (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

En serie: pasado e futuro da ficción por capítulos

O ano pasado foi de ouro para o cinema galego, con ese acontecemento sen precedentes que significou a estrea d’O que arde e a súa conexión co público. Porén, tamén evidencia un importante fito a incorporación de audiovisual na nosa lingua dentro da plataforma Netflix, seguida este ano pola entrada na HBO. Facemos un repaso á historia da ficción galega en serie, coa vista posta nas oportunidades que presentan estes novos espazos.
AUGA_SECA_2
star
Reportaxes

Versión Orixinal Subtitulada: Unha oportunidade para as linguas minorizadas

Veñen de lanzarse á grella televisiva dúas series de televisión relacionadas coa Galiza: Néboa (TVE) e Auga Seca (TVG e RTP). A primeira segue a estela de Fariña deixando fóra do marco a nosa lingua, que non o acento, denotando as dinámicas dun mercado no que o galego é observado como sobrecusto. A segunda parte do acordo estratéxico asinado entre as televisións galega e portuguesa para a creación de contido conxunto. Estes dous feitos lévannos a analizar dous sistemas de distribucións, dobraxe e subtitulado que determinan dinámicas e oportunidades diferentes para a circulación do audiovisual galego.
Xesús Pisón (Foto: Nós Diario)
star
Entrevistas

Xesús Pisón: teatro contra o mundo

É moi probábel que, se lle preguntamos a calquera dramaturgo galego novo sobre as súas principais influencias, asome nalgún momento o nome de Xesús Pisón (Ferreira do Valadouro, 1954). E, con todo, segue a ser iso que chaman un "autor de culto", descoñecido para o gran público, case non representado e, como tantos outros, algo esquecido polo mundo da cultura oficial. Pisón vén de publicar agora o ensaio Alborada de Edipo (Laiovento), no que se interna nos escuros meandros da esencia do ser humano, e a peza Materna (Erregueté), unha colección de monólogos femininos que nos falan de como enfrontarmos o horror do mundo.
Manuel Vilariño (Foto: Marga G. Brea).
star
Entrevistas

Manuel Vilariño: luz e Tempo

Abismarse no íntimo. Na luz interior. Coas raiolas da aurora, no espertar do visíbel. É unha das chaves da obra do fotógrafo e poeta Manuel Vilariño, tal como escribiu el mesmo nun dos seus cadernos. O Museo de Arte Contemporánea de Vigo acolle até finais de xaneiro Seda de cabalo, unha mostra que, sen ser unha retrospectiva, recolle a súa traxectoria desde os anos 80 até 2005. Nela poden albiscarse boa parte das inquedanzas do artista, como o paso do tempo, o tránsito entre a vida e a morte ou a existencia “na xeografía do confín que é a Galiza”. 
Quico valeiras (Foto: Rubén L. Taín).
star
Entrevistas

Quico valeiras: escrita en tensión

"O poema non pode suplanta-lo verbo do rito", declara solemne Quico Valeiras (O Carballiño, 1990) nun verso do seu último libro, O Elo. É esta unha obra senlleira que asina en conxunto con Emma Pedreira, autora das colaxes que dialogan, en nivel de equidade, coas palabras deste ensaio lírico que se artella no gonzo dos rituais de ligazón, para expandir olladas e reflexións sobre conceptos tan complexos e conflitivos como "o sagrado". Este poemario chegaba ao pouco de coñecermos que a libraría Chan da Pólvora, xestionada polo autor, non reabriría após o confinamento.
Paula Cons (Foto: Agallas Films).
star
Entrevistas

Paula Cons: sentir a historia

Na noite do 1 de xaneiro de 1921, o vapor El Santa Isabel naufragaba fronte ás costas de Sálvora (Ribeira). A única esperanza dos 260 emigrantes embarcados para Bos Aires serían tres mulleres da illa que decidiron botarse ao mar porque, como sentencia María, a personaxe de Nerea Barros no filme, "era o que había que facer". Remando de ouvido entre a densa néboa, conseguiron salvar 50 persoas. As chamadas "heroínas de Sálvora" son as protagonistas d'A illa das mentiras, a primeira longametraxe de ficción de Paula Cons, un filme que entrou pisando forte ao conseguir, na fin de semana da súa estrea, colocarse como o contido máis visto na plataforma virtual máis cinéfila: Filmin. Coas sospeitas dun xornalista arxentino, a directora e guionista constrúe un thriller de época que recupera, desde a imaxinación, as vidas destas mulleres sepultadas no esquecemento.
Paula Carballeira (Foto: Nós Diario).
star
Entrevistas

Paula Carballeira: esconxurar os medos

Paula Carballeira (Maniños, 1972) vén de recibir o Premio Gala de Libro por A tartaruga Amodovou (Oqueleo), a historia dunha tartaruga que quere percorrer o mundo enteiro para gardar a memoria das paisaxes, dos sons e das palabras: podería ser unha boa definición desta pioneira da narración oral e do teatro infantil. Ademais, nestes últimos meses publicouse Somos os monstros (Xerais) –que gañou o Premio Manuel María de Literatura Dramática–, a compañía Galeatro estreou a súa obra Carabela, e foi a escollida para dar o pregón de inauguración da última Mostra de Teatro de Cangas.
O autor do cómic, Alberto Díaz ‘Pelorroto’. (Foto: Demo Editorial).
star
Libros

Trabar a historia

Dicía Novoneyra nun dos seus poemas dedicados a Reimundo Patiño que este era un dos "nenos do MUNDO fronteiros e irados".
Susana Sanches Arins, escritora.  (Foto: Cuarto de Inverno).
star
Libros

Polo poder do toxo

As fronteiras están feitas para transitalas, tamén as que, non sempre de forma coherente, marcan os xéneros literarios.