galego

385 Libros
star
Libros

A vida e as cidades

Temos a impresión de que, dentro das culturas veciñas á galega, son poucas as que seguen concedendo ese peso simbólico fundamental ao discurso poético.
386 Libros
star
Libros

Distópica xacobea

Aínda que é certo que toda literatura é ideolóxica ao seu xeito, hai unha serie de xéneros, como a distopía, que que se foron convertendo nunha especie de escenario privilexiado da política da nosa época. 
385 Libros 2
star
Libros

Palimpsestos espaciais

A permeabilidade entre as correntes artísticas e os discursos teóricos vén de vello, como é lóxico, e isto vese claramente no poemario de Alba Cid.
383 Libros 2
star
Libros

Escrever é um grito

Lembro a leitura d’A cor do hibisco, de Chimamanda N. Adichie. A sua protagonista, Kambili, bota toda a narrativa com os fonemas engasgados, incapazes de borbulhar.
Emma Pedreira
star
Libros

A escritora e o que está fóra

"Quere ser a mellor escritora do mundo? Pois séxao! Trate de selo, porque iso non depende de vostede (...) Do que depende é de quen está aí fóra, de se lle deixarán selo ou non. Quere ser a mellor en algo en todo o mundo? Pois asine con nome de home", é un dos postulados que sostén Os corpos invisibles, a última obra de Emma Pedreira. 
Berta Dávila
star
Libros

Os trens detidos

Aínda ecoa o éxito de público e crítica de O derradeiro libro de Emma Olsen (2013), unha terra aboada para que a seguinte novela da autora fose unha peza moi agardada. Carrusel chega de novo co aval dun grande premio, nesta ocasión o Manuel García Barros da Estrada, e configúrase como unha nova peza que recolle moitas das teimas narrativas de Berta Dávila, conectándoas con outros momentos da súa traxectoria, así como coa irrupción dalgunha novidade.
Tapa do disco de O'Leo de Matamá (Foto: Nós Diario).
star
Música

O canto agridoce da revolución que somos

Aharmónica que racha o silencio interferido, ese gran analóxico da fita, é o ruído das verdades que agocha a superficie do sistema.
Abe Rábade (Foto: Nós Diario).
star
Música

Desde o outro lado do espello

A maior parte do tempo estaremos rodeadas de persoas que nos acompañan nas nosas vidas. Mais inevitabelmente, tamén chegará ese lance no que estaremos completamente soas e sós… ("o mar, o barco máis nós", que diría Manuel Antonio).
Capa do disco de Son Trío (Foto: Nós Diario).
star
Música

'Miña almiña': músicas para Rosalía

O nte mesmo falaba cun periodista musical que me dicía que están os tempos raros, que está cambiando todo e que agora cada artista pretende lanzar cancións soltas, sen familia, sen estar arraigadas a un disco… El di que así xa non é o mesmo.
393 Música
star
Música

Explorando as fronteiras do jazz

O jazz galego leva moitos anos gozando de boa saúde. Durante as últimas dúas décadas músicos como Abe Rábade, Paco Charlín ou agrupacións como Sumrrá veñen achegando as súas propostas persoais no marco deste xénero, onde pouco a pouco irían collendo o relevo músicos como o pianista Xan Campos, o guitarrista Virxilio da Silva ou o batería Iago Fernández, todos eles presentes, en maior ou menor medida, en Realismo, o último traballo do trío de Xan Campos.
 
392 Música
star
Música

As atmosferas poéticas do outro Thomas Dylan

Hai xa preto dun ano que viu a luz un disco que pasaría máis ou menos desapercibido dentro do panorama musical galego, máis que ben merece un rescate dese baúl das lembranzas. 
391 Música
star
Música

Vinte anos de Viaxe por Urticaria

Camiñamos cara a un escenario descoñecido. Músicas e músicos nas súas casas confinados, desde onde lanzamos ao mundo aquelas cancións nas que puxemos a alma toda. Non hai outra forma de comunicar, de seguir adiante traballando no que nos "levanta a paletilla". 
 
390 Música
star
Música

Melodías e produción musical no foco

Guadi saca este Immersion en 2019 como unha revisión de pezas que compuxo nos últimos cinco anos, máis un tema inédito. 
386 Músicaa
star
Música

A voz espida

Ao Cabo Leirín é o primeiro traballo en solitario de Faia Díaz (Coro Encaixe, A Patacón, The Vacas). Gravado polo Hevi, Faia reinterpreta seis pezas tradicionais.
A lúa tíngueo todo de vermello. (Foto: Nós Diario9.
star
Cinema

Contos da lúa vermella

Os títulos de crédito iniciais, que decorren sobre mapas e cartografías medievais de monstros mariños, son toda unha declaración de que o filme de Lois Patiño (Vigo, 1983) vai estar aderezado de mitos, lendas e supersticións.
 
Carvalho Calero (esquerda) nun acto. (Foto: Nós Diario).
star
Escena

Vinte e cinco exemplares

O teatro foi un xénero cultivado con agarimo por Carvalho, e nel experimentou avances formais da escena europea da súa época –simbolistas e expresionistas, mais tamén fórmulas moi próximas ao teatro do absurdo– achegándoas á tradición galega.
Cristina Domínguez, na conferencia inaugural. (Foto: Nós Diario).
star
Escena

Territorio da esperanza

"Estades facendo historia, o que facedes aquí non se está a facer en ningún outro sitio do mundo". Guillermo Heras, presidente da Asociación de Directores de Escena de España, dirixíase así a asemblea do I Congreso Internacional do Teatro Galego, que decorreu en Santiago a principios de mes, referíndose á capacidade da profesión teatral galega de adiantarse aos tempos, de tratar de ver máis alá da crise pandémica que semella ameazalo todo para debater sobre como debe ser o teatro da próxima década. 

Igualdade para o galego: firmeza e vontade

Unha estudante nunha biblioteca da universidade. (Foto: USC)
LINGUA

A USC convoca os XVII Premios á calidade lingüística en galego

Estes galardóns teñen como obxectivo promover o emprego da lingua galega nos traballos académicos do estudantado. O departamento de Normalización Lingüística anuncia que haberá premios económicos e diplomas acreditativos.

Ten futuro o galego?