incendios

Folgoso do Courel é un dos concellos máis afectados polas chamas. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

O lume queimou nunha semana a mesma superficie que nos últimos catro anos

As chamas non dan tregua no monte galego, axexado por unha quincena de focos activos ao feche desta edición e que xa calcinaron case 30.000 hectáreas, segundo os satélites da UE. As brigadas forestais non dan abasto e sinalan directamente o Goberno galego como responsábel de que "medio país arda sen control".
Os helicópteros de Babcock prestaban servizo na extinción dos lumes da Galiza. (Foto: Wikipedia)
ECONOMÍA

Ancala Partners, socio de Ence, adquire concesións para a xestión de incendios na Galiza en plena vaga de lumes

No medio dunha das maiores vagas de lume na Galiza, a multinacional británica Babcock, que xestionaba boa parte dos helicópteros contra os incendios da Xunta e que foi condenada por prácticas fraudulentas, vén de traspasar os seus servizos ao grupo tamén británico e socio de Ence, Ancala Partners.
Un brigadista camiña diante dunha vivenda calcinada en Folgoso do Courel. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
TRABALLO

Bombeiros forestais critican a falta de medios: "A xente ten que saber quen é responsábel de que arda sen control medio país"

Persoal das brigadas forestais denuncia xornadas "de até doce horas" en incendios aos que en ocasións "só se envían catro persoas contra centos de hectáreas".
O modelo preditivo da Universidade australiana de Sidney estima que en cada hectárea conviven dez animais. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)

#lume #incendios #apobradobrollon #pobra #brollon #pobradobrollon
SOCIAL

Unha ONG cifra en 250.000 os animais mortos polos incendios destes días

Por outra parte, as 'brigadas deseucaliptizadoras' de Verdegaia limparán os montes e eliminarán especies exóticas este sábado en Froxán (Lousame).
A veciñanza segue a traballar para evitar que o lume chegue ás vivendas. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

O Barco de Valdeorras pedirá a declaración de zona catastrófica: Carballeda e Rubiá, os seguintes

O lume calcinou xa máis de 9.000 hectáreas de terreo forestal e núcleos rurais.
O pobo de Vilar, en Folgoso do Courel, após o paso do lume. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O Comité de Defensa do Monte Galego chama a mobilizarse en Ourense pola vaga de lumes

A concentración decorrerá esta quinta feira ás 20.30 na Praza Maior da cidade.
Máis dun milleiro de persoas foron xa evacuadas pola proximidade das chamas ás vivendas. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
SOCIAL

A superficie queimada achégase ás 25.000 hectáreas en múltiples lumes activos

O Goberno galego estima que foron desaloxadas 1.400 persoas.
A veciñanza colabora nos labores de extinción dos incendios. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

25 veciños e un bombeiro forestal con motobomba evitan que o lume arrase a parroquia de Folgoso

A veciñanza denuncia a falta de medios públicos e a descoordinación dos efectivos.
Incendio no Barco de Valdeorras. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

A Xunta ten despregados nos concellos máis afectados polo lume 538 brigadistas de 7.000 efectivos dispoñíbeis

Arderon xa 22.260 hectáreas.
O domingo pasado, González foi desaloxado da súa  vivenda. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Adrián González, veciño de Santa Eufemia: "Os veciños salvaron todos os núcleos do Courel"

Adrián González é veciño da parroquia de Santa Eufemia no Courel. Leva desaloxado da súa vivenda desde o pasado domingo. Após ter participado todos estes días nos traballos de extinción de incendios na súa localidade, explica a Nós Diario a súa situación persoal actual e dá a súa versión sobre o acontecido.
Un veciño onte, nunha casa destruída polas chamas en Folgoso do Courel. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
SOCIAL

En 45 anos ardeu 56% da Galiza

1,7 millóns de hectáreas queimadas desde finais dos 60 até agora.

Arde Galiza

Veciños botando auga para apagar un dos incendios que afectan o Barco de Valdeorras. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
20.000 hectáreas queimadas

Rueda sostén que hai "moitísimos medios" no terreo para loitar contra os incendios

A superficie queimada na Galiza desde a quinta feira xa supera as 20.000 hectáreas. O mesmo día que visitaron as comarcas afectadas Alfonso Rueda, Ana Pontón e Pedro Sánchez, os principais incendios continuaron descontrolados. A veciñanza de Courel e Valdeorras volve denunciar ausencia de medios.
Concentración desta terza feira en Lugo. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Veciñanza de Lugo e Ourense denuncia un 'Prestige interior': "O lume non dá tregua no monte e nós non a daremos na rúa"

Moitas persoas responderon á chamada de Adega para protestar contra a "falta de medios" durante a vaga de incendios que está a axexar o país. Esta quinta feira haberá novas concentracións diante de todas as delegacións da Xunta da Galiza nas cidades.
Vilar ardeu esta segunda feira.
SOCIAL

[INTERACTIVO] Vilar, o antes e o despois da aldea de Folgoso do Courel calcinada

As chamas arrasaron todas as vivendas deste lugar.
O lume que se orixinara na raia alcanzou xa a parroquia verinesa de Feces de Cima. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

As chamas axexan as vivendas de Feces de Cima (Verín) e volve decretarse a máxima alerta

A 'situación 2' volve activarse pola proximidade das chamas ás vivendas de Feces. Veciños e veciñas da zona loitan xunto a brigadistas forestais para tentar evitar que as chamas alcancen os núcleos habitados, mais advirten que "só hai dúas brigadas".
Máis dun milleiro de persoas foron xa evacuadas pola proximidade das chamas ás vivendas. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
SOCIAL

O lume avanza sen control e as hectáreas arrasadas superan xa as 19.000: estes son os incendios que seguen activos

Só na Pobra do Brollón e Folgoso do Courel arderon xa máis de 6.000 hectáreas nas últimas horas.
As lapas arrasan o monte comunal de Mandín, en Verín. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

As lapas volven pór en perigo o monte comunal de Mandín, en Verín

A veciñanza denuncia a falta de previsión por parte da Xunta, xa que o incendio chegou desde Portugal cruzando o río Miño e diferentes estradas.
Unha persoa toma imaxes do incendio na zona do Courel. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Todas as parroquias do Courel, agás Noceda, desaloxadas

Na Galiza arderon xa máis de 19.000 hectáreas entre terreo forestal e núcleos rurais.
Incendio no Barco de Valdeorras. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

"Lumes no Courel Nunca Máis": Adega chama a concentrarse en apoio á veciñanza dos concellos afectados

Os incendios deixan na Galiza 13.800 hectáreas calcinadas polo de agora.