internacional

Estelada, bandeira pola independencia de Catalunya
INTERNACIONAL

A caverna española énchese de alegría cunha Catalunya fóra da UE

Os xornais da dereita española amencían contentísimos co anuncio do eurocomisario Almunia (até estas, un ‘traidor socialista’) de que unha Catalunya independente ficaría fóra da Unión Europea. E todo isto servido cunha prebe de que o independentismo catalán, como non, lava o cerebro ás crianzas.

Països Catalans

O embaixador dos EUA en Londres admite a posibilidade dunha Catalunya independente

Nunha entrevista concedida á BBC xa no mes de febreiro, Louis Susman sinalou que, de gañar o 'si' nos referendos escocés ou catalán "temos que achar maneiras para traballar xuntos"

Diada
Països Catalans

O primeiro ministro de Lituania recoñece o dereito de autodeterminación de Catalunya

Algirdas Butkevicius, que ocupa a presidencia en quendas da UE, recoñeceu nunha entrevista "o dereito de autodeterminación dos pobos" e sumouse a Letonia no seu apoio ao soberanismo catalán. 

Armada EUA
INTERNACIONAL

EUA non atacará após Siria anunciar que deslocará o seu armamento químico

A resolución que será presentada perante as Nacións Unidas non contempla unha intervención militar estadounidense. A diplomacia rusa xogou un importante papel para frear o ataque.

Galiza

Organizacións (inter)nacionais adheridas á convocatoria do 15-S

Letonia
INTERNACIONAL

Letonia tórnase no primeiro Estado da UE en afirmar que recoñecería a unha Catalunya independente

A Via Catalana e os 1,6 millóns de participantes na Diada máis independentista xa están a provocar as primeiras reaccións na area internacional. Letonia emerxeu onte como o primeiro Estado da UE que manifesta a súa disposición a recoñecer a unha Catalunya independente.

Al Assad, Siria
INTERNACIONAL

Assad anuncia a disposición de Siria a ceder o control do seu armamento químico á comunidade internacional

Nunha entrevista televisiva aínda por emitir, o presidente de Siria, Bashar al-Assad, vai anunciar nas próximas horas que o seu Goberno está disposto a ceder o control do seu armamento químico á comunidade internacional.

Al Assad, Siria
INTERNACIONAL

Siria, en conversas con Rusia, ofrece poñer o seu armamento químico sob control internacional

Damasco ve con bos ollos a proposta rusa, feita horas despois de que Kerry afirmase que EUA reconsideraría o ataque de entregar Siria as armas químicas.

Siria
INTERNACIONAL

Informes da intelixencia alemá exculpan a Assad do ataque químico do 21 de Agosto

Al Assad, ou sexa, o goberno sirio, non sería responsábel do ataque químico do 21 de Agosto. Isto é no mínimo o que se tira da información publicada polo xornal alemán Bild am Sonntag. A fonte son informes da intelixencia alemá. Alemaña non aderiu a declaración pro-bélica promovida polos EUA na recente cimeira do G20.

C. Ashton
INTERNACIONAL

A UE respalda unha “resposta contundente” contra Siria

Os ministros de Asuntos Exteriores da UE apoian unha “resposta clara e contundente” contra o goberno de Bashar Al-Assad. Fixeron pública unha "posición acordada" na que evitan dicir se apoiarían un ataque militar a Siria sen informes da ONU.

Brics
INTERNACIONAL

Os Brics, contrarios ao ataque a Siria

Aspiran a ser un contrapeso ao Imperio. Os Brics (Brasil, Rusia, India, China e Sudáfrica) escenificaron en San Petersburgo, durante a cimeira do G20, a súa oposición ao ataque estadounidense a Siria. Teñen, aliás, un aliado de moito peso demográfico, político e xeoestratéxico. Indonesia. O Estado musulmán máis poboado do planeta, como subliñou Putin.

Putin Obama
INTERNACIONAL

O Estado español compromete o seu apoio ao ataque imperialista dos EUA a Siria

Obama conseguiu ao termo da cimeira do G20 o apoio de 10 Estados á súa causa bélica contra Siria. Entre eles, o Estado español. Alemaña non está entre os Estados que asinan unha declaración en favor de que se dea unha "resposta internacional forte" a Siria, a quen se atribúe a responsabilidade do ataque químico do 21 de Agosto.

Exipto
INTERNACIONAL

O goberno militar exipcio decide disolver os Irmáns Musulmáns

A irmandade rexistrárase como organización non gobernamental en marzo. Tras o golpe de estado dos militares centos de cargos e militantes foron detid@s e encarcerad@s. O propio presidente exipcio derrocado no golpe, Morsi, permanece desde hai semanas preso nun paradoiro descoñecido 

Congreso dos Estados Unidos
INTERNACIONAL

Só 44 congresistas teñen expresado o seu apoio a Obama para atacar Siria

Segundo Thinkprogress, por volta de 200 lexisladores oporíanse á invasión e 185 están indecisos ou ben non se pronunciaron

afroamericanos
INTERNACIONAL

EUA ten actualmente máis negr@s en prisión do que escrav@s no XIX

No mes de conmemoración do 50 aniversario do discurso de ‘I have a dream’ de Luther King, sociólogos e politólogos estadounidenses denuncian que os índices sociais ( emprego, saúde e educación) entre @s negr@s norte-american@s son “os peores en 25 anos”

Barack Obama
INTERNACIONAL

O Senado de EUA autoriza un ataque militar a Siria

A autorización limita a 3 meses o máximo de duración da intervención, exclúe que haxa despregamento de tropas sobre o terreo. O Congreso de Francia debate o ataque ao país árabe, mais non haberá votación

INTERNACIONAL

Israel lanza dous mísiles no Mediterráneo como parte dunha manobra conxunta cos EUA

Segundo informa a axencia internacional de noticias AFP o Ministerio de defensa ruso detectou o lanzamento de dous mísiles balísticos desde o Mediterráneo. Fontes do ministerio ruso atribúen a un barco de guerra estadounidense os disparos. Israel sitúa o lanzamento nunhas manobras conxuntas co exército dos EUA

O Borbón con Urdangarín e a súa filla Cristina
INTERNACIONAL

Anticorrupción descobre pagos por 1,2 millóns de euros do Borbón á Urdangarín e a infanta

As operacións datan do ano 2004. Desde a Zarzuela arguméntase que é un empréstito persoal para que comprasen o palacete de Pedralbes

INTERNACIONAL

Un dixital norteamericano publica que os sauditas forneceron a Al Qaeda as armas químicas detonadas en Siria

MintPress.Com, um medio dixital alternativo, publicou o 29 de Agosto que segundo fontes das propias forzas opositoras sirias o Goberno de Al-Assad non tivo nada a ver co alegado ataque con armas químicas do 21 de Agosto. Algúns testemuños apuntan a hipótese dun accidente por parte de milicianos inexpertos no manexo de armamento químico, fornecido por Arabia Saudita a un grupo próximo a Al Qaeda.

A liberdade para Escocia tamén se reclama nos festivais de verán
INTERNACIONAL

O 'Si' á independencia en Escocia supera @s unionistas

Un inquérito elaborado por Panelbase o pasado mes de agosto sitúa o avanzo independentista no 47%.  Asemade, @s enquisad@s valoran mellor as decisións adoptadas polo goberno escocés fronte ao británico e máis da metade (52%) consideran que sería un éxito unha Escocia independente