Washington e Londres preparan o ataque a Siria embora Damasco permite xa a entrada dos inspectores da ONU
"Demasiado tarde para ser críbel". Así calificou unha fonte oficial norteamericana a decisión de Siria de permitir a entrada dos inspectores da ONU na zona afectada polo ataque con armas químicas do 21 de Agosto. Todo apunta a que Londres e Washington preparan un ataque militar, con independencia do que faga o Goberno Assad e do que poda decidir o consello de seguranza da ONU.