Pedro Sánchez afronta a votación de investidura con só dous votos de vantaxe
O candidato socialista apostou por "renovar" o Estado das Autonomías e "aclarar" competencias no seu discurso
Ana Pontón sobre a investidura: “Seguimos negociando”
“Temos disposición ao diálogo, mais ten que haber concreción aos problemas de Galiza”, indica a portavoz nacional do BNG.
Tambores de investidura
ERC e PSOE intensifican contactos coa vista posta nunha probábel investidura o 5 de xaneiro. Mentres, socialistas e PNV asinan esta segunda feira o pacto para facilitar que Pedro Sánchez sexa presidente.
O BNG liga o seu apoio á investidura a que haxa unha solución á “discriminación” a Galiza coas peaxes da AP-9
O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no congreso, Néstor Rego, liga o seu apoio á investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno a que haxa unha solución para a “discriminación flagrante a Galiza” coa “estafa” na subida das peaxes da autopista AP-9, unha cuestión que avisa será “determinante” para o sentido do seu voto.
ERC, pendente da Avogacía do Estado para pechar ou non as negociacións
As negociacións entre ERC e PSOE para a investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno central fican pendentes das “últimas concrecións”, tal e como sinala a portavoz republicana Marta Vilalta. Mais a líder de Esquerra tamén sinala que sen coñecer a posición da Avogacía do Estado sobre Oriol Junqueras non haberá avances.
O BNG sitúase "moi distante" do si a Pedro Sánchez
A falta de concreción cos problemas da axenda galega distancia ao BNG de apoiar a investidura do candidato dos socialistas, Pedro Sánchez, á presidencia do Goberno do Estado. O deputado Néstor Rego rechaza os "compromisos xenéricos" e reclama "garantías" para os asuntos urxentes da Galiza.
Transferencias e industria, claves nas conversas entre BNG-PSOE que seguen "abertas"
Ana Pontón vincula o apoio a Sánchez a unha solución para Alcoa
Caballero pide a abstención do PP na investidura de Sánchez e Rego reúnese de novo co PSOE en Madrid
O líder dos socialistas galegos considera que hai «unha nova maioría social de progreso», mentres que o deputado nacionalista no Congreso di que a posición do BNG dependerá de «como se atenda a axenda galega» e do programa en temas como política social.
Rivera propón a Casado unha abstención conxunta e con condicións para investir Pedro Sánchez
O líder socialista di que “non hai obstáculos reais” e pídelles unha “abstención técnica”.
Negociación en punto morto: “Viñeron cun programa electoral”, di Podemos
Pontón denuncia unha investidura na que a Galiza “non conta” para as forzas estatais
Gómez Reino: “As nosas posicións non poden ser liñas vermellas”
O secretario xeral de Podemos na Galiza e deputado no Congreso, Antón Gómez-Reino, apelou á flexibilidade e á necesidade de “cumprir o mandato coa cidadanía” para conseguir un Goberno central de coalición, plural e progresista”. Sinalou que as posicións de Unidas-Podemos “non poden ser liñas vermellas”.
Podemos deixa entrever que a presenza de Iglesias no goberno non é unha liña vermella
A investidura do PSOE na Rioxa provoca a ruptura entre IU e Podemos
A carreira cara á atomización da esquerda estatal de raíz non socialdemócrata coñece un novo episodio na asemblea rexional da Rioxa. O grupo parlamentar de Unidas Podemos pasou a mellor vida. IU (1 escano) apoia a candidata socialista, Podemos (1) non.
Ana Pontón: "Non sabemos se vai haber eleccións, mais o BNG está preparado"
Incerteza no taboleiro estatal, coas conversas aparentemente rotas entre Sánchez e Iglesias, e actitude de agarda expectante en Rodríguez de Viguri, nos cuarteis xenerais do BNG. "Non sabemos se vai haber eleccións ou non [por un eventual fracaso da investidura do candidato socialista], mais nós estamos preparados", dixo esta terza feira na TVG a líder nacionalista Ana Pontón.
Pontón critica que nas negociacións para a investidura se omita a axenda galega
Si se posicionan no debate "cataláns, vascos, canarios e até cántabros". Non o fai Galiza porque "PP e PSOE pasan olimpicamente dela" e porque a axenda das cuestións galegas brilla pola súa ausencia no diálogo Sánchez-Iglesias para a formación de goberno no estado. Así o considera Ana Pontón, para quen "o máis probábel" é que a investidura do candidato socialista resulte nun acto falido.
Sánchez di agora que racha con Podemos, a quen coloca no mesmo plano que Vox
Se isto é unha partida de póker, este ten o aspecto de ser o penúltimo farol. O presidente do Goberno español en funcións, Pedro Sánchez, declarou esta segunda feira que o seu homólogo de Podemos, Pablo Iglesias, rachou facticamente as negociacións para a investidura ao convocar unha consulta das súas bases que cualificou de "mascarada". Para Sánchez, a formación morada xa tería decidido votar "non á investidura con Vox".