literatura

De esquerda a dereita, Avelina Pérez, Afonso Becerra e Branca Novoneyra. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

A creación e as palabras roubadas

A V Xornada da Literatura Dramática da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) reflexiona sobre liberdade e censura.

Millán

CULTURA

Fica deserto o premio Carlos Mosteiro pola “baixa calidade” das obras

Non adoita acontecer no sistema de premios que rodean a literatura galega, mais a terceira edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro ficou sen gañadora nin gañador pola “baixa calidade” das obras presentadas.
guitarra electrica
CULTURA

Escribir no surco da canción: As cancións no imaxinario da narrativa galega recente

As relacións da literatura galega co mundo da música foron historicamente vizosas, aínda que non sempre no mesmo sentido. Por un lado, a relación da poesía galega coa música popular é tan ancestral como mutuamente enriquecedora, e mesmo a perspectiva sonora internacional e os seus universos aparecen moitas veces representados, pero o conto é outro para o caso dun xénero como a narrativa. Falamos con algunhas das autoras que nos últimos anos mergullaron en vinilos ou listas de reprodución para contar, ao seu son, novas historias.

 

Os rostos da biblioteca

Ricardo Carvalho Calero nunha imaxe de arquivo.
CULTURA

A Real Academia Galega aborda o Carvalho Calero crítico literario

María Pilar García Negro, Dolores Vilavedra e Xosé Ramón Pena abordarán esta faceta do homenaxeado nas Letras Galegas 2020 moderados por Marilar Aleixandre.
B. A xeración Nós. IV Asemblea Irmandades Fala
CULTURA

Libros e pintura na homenaxe do Museo do Pobo á Xeración Nós

A exposición organizada pola artista Isabel Pintado poderase visitar entre o 15 de outubro e o 6 de decembro.
O tradutor Gabriel Álvarez Martínez (Imaxe: Nós Diario).
CULTURA

Gabriel Álvarez: "A lingua e a cultura galegas tamén se nutren a través das traducións"

Afeccionado á lingua xaponesa desde novo, Gabriel Álvarez Martínez especializouse na tradución directa desde o xaponés. Da man de distintas editoras, en ocasións xunto a tamén tradutora Mona Mai, ten trasladado ao galego obras de Haruki Murakami, Jun'ichirō Tanizaki ou, neste 2020, de Takiji Kobayashi, concretamente O Caranguexeiro (Hugin e Munin). "Ten conexión coa actualidade pola explotación laboral que reflicte", valora.

Ánimo que podes!

De esquerda a dereita, Xurxo Couto, Antón Riveiro Coello e Francisco Castro no acto.
Literatura

Galaxia e Xerais presentan as obras gañadoras do Torrente Ballester

Dúas novelas de Antón Riveiro Coello (O paraíso dos inocentes) e Álex Alonso (Granito).

A xente da Barreira

Fundación Carlos Casares videoxogos
A Fundación Casares ve gran potencial neste tipo de comunicación

A industria dos videoxogos loita por asentarse e profesionalizarse na Galiza

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo acolle os días 11 e 12 de setembro as segundas xornadas para dar a coñecer un sector con gran potencial. O evento, que conta co respaldo da Fundación Carlos Casares, tamén tenta impulsar proxectos de colaboración nos que esta forma de expresión se inspire na literatura do país. 
Collage Pedreira
Un verán en galeusca

Lugares pechados

'Un verán en Galeusca' é un proxecto feito, por segundo ano consecutivo, entre VilaWeb, Berria e Nós Diario. A serie consta de doce relatos curtos, escritos por Mercè Ibarz, Biel Mesquida, Belio Zaballa, Esperança Camps, Danele Sarriugarte, Jimu Iturralde, Goaitz Labandibar, Unai Elorriaga, Emma Pedreira, Marica Campo, Séchu Sende e Daniel Asorey. Todos os relatos aparecerán ao longo do verán nos tres medios.

Manuel María da Galiza

As ilustracións das novelas corren a cargo de Iago Torres París [Imaxe: Contos Estraños].
Contos Estraños aposta na literatura fantástica galega cunha nova colección

"A literatura fantástica ten máis crítica social da que se pensa e queremos demostralo"

Contos Estraños vén de lanzar un micromecenado a través da plataforma Verkami para poder sacar adiante "A miña primeira novela de...", unha ambiciosa colección de novelas ilustradas de xénero fantástico e de aventuras dirixidas ao público infantil e xuvenil. Conversamos con Alba Rozas, unha das impulsoras deste proxecto que aposta no fantástico da literatura galega.

Rosalía Ferrín Reboiras

Tres pés poderosos e brillantes nos que asenta sen abalar o proxecto comunal e aberto dunha Galicia ceibe
A feira do libro de Ponteareas desenvolveuse baixo estritas medidas de seguridade a mediados de xullo. (Foto: Nós Diario).
CULTURA

As feiras do libro na nova normalidade: a seguridade por diante dos beneficios

Pódese ver, tocar e mercar, pero o resto das actividades como os obradoiros ou as palestras desaparecen.
Cristian Javier López (Nós Diario).
CULTURA

Cristian J. López, licenciado en Música e Letras: "Por medio da música a literatura gaña novos espazos"

"A literatura é unha das artes que contribuíron á humanización, auxiliándonos na creación do sentido crítico". O arxentino Cristian Javier López realizou entre a Universidade de Vigo e a brasileira Universidade Estadual do Oeste do Paraná unha tese coas conexións entre as poetas Helena Kolody e Idea Vilariño.
A escritora María Reimóndez (Foto: Xerais).
CULTURA

María Reimóndez faise co Premio Pinto e Maragota

A escritora María Reimóndez foi a autora galardoada na primeira edición do Premio Literario Pinto e  Maragota pola Diversidade, convocado polo Concello de Pontevedra en colaboración coa editorial Xerais, pola súa obra  Cobiza.

2020061214160010337
INTERNACIONAL

O racismo, entre a ficción e a realidade

A morte de George Floyd e as protestas pola violencia policial e o racismo nos EUA estendéronse a varios ámbitos da sociedade, con medidas controvertidas como a retirada do clásico filme 'Foise co vento'. Deste lado do Atlántico, tamén a 'BBC' entrou nesa dinámica coa suspensión dun episodio da mítica serie 'Fawlty Towers'.